Artigos Interesantes

miércoles, 28 de septiembre de 2011

XA ESTAMOS TODOS!

Sííí! Chegou o gran día! Hoxe, por fin, estivemos todos os nen@s na clase de 3 anos. Somos 10 nenos e 7 nenas e despois dun tempiño de adaptación xa estamos preparados para comezar a nosa vida académica no cole de Sobrada. Cantas sorpresas nos esperan!
 UN RESUMO EN IMAXES DO QUE DEU DE SÍ ESTE TEMPO DE ADAPTACIÓN Á ESCOLA


ESTES SOMOS NÓS:

lunes, 26 de septiembre de 2011

BAILANDO CON COCO

Moito nos divertimos no día de hoxe bailando con COCO. Lembrades cantas cousas nos ensinaba naquel famoso programa chamado BARRIO SÉSAMO?  Hoxe aprendeunos a bailar. Menudo ritmo ten! Dádelle ó play e a mover todo o corpo!
PICA NA IMAXE PARA BAILAR!

viernes, 23 de septiembre de 2011

miércoles, 21 de septiembre de 2011

COMEZAMOS APRENDENDO AS NORMAS DA ESCOLA

Imos comezar a nosa nova andaina no cole coñecendo e aprendendo os hábitos do mesmo. Non podemos esquecer que somos moitos nenos e nenas e que temos que aprender certas normas para facer a nosa convivencia máis sinxela. Cousiñas como aprender a ir en fila, a escoitar aos demáis sen molestar, a sentarnos correctamente na cadeira da aula, a lavarnos as mans antes de merendar e despois de xogar ca area, a ordear os xoguetes despois de xogar, etc.

Aquí vos deixo este divertidísimo twist das normas do cole!

lunes, 19 de septiembre de 2011

PARA REFLEXIONAR...


Esta é a "EDUCACIÓN DE CALIDADE" da que falan?

jueves, 15 de septiembre de 2011

3º DÍA DA ADAPTACIÓN

Neste terceiro día da adaptación visitaron a aula GISELA, ALEXIA, ÓSCAR, NOÉ e HUGO (de 10 a 11:30 horas) e FABIÁN, ARÓN, DESIRÉE e ANTONIO (de 12 a 13:30). Agora xa podemos dicir que TODOS os nen@s viñeron ó cole e ainda que a algún costoulle un pouquiño esta primeira toma de contacto, xa queda menos para que vexan a súa permanencia na aula con normalidade. É só cuestión de tempo.
Non vos perdades as fotos:

 

miércoles, 14 de septiembre de 2011

2º DÍA DA ADAPTACIÓN

Hoxe acudiron á aula outros seis peques valientes. Era o seu primeiro día na escola pero o levaron moi ben. Hai que ter en conta que separarse dos membros da familia, ainda que sexa por un anaquiño de tempo é dificil para os nen@s destas idades, pero día a día irán acostumándose aos espacios, adquirindo hábitos e afacéndose ás normas da aula. En definitiva, do que se trata é de que cheguen ao cole cheos de ledicia por ver aos seus compañeiros e con moitas gañas de aprender.
Primeiro recibimos a IRENE, GAEL, HUGO e NOÉ (de 10 a 11:30 horas) e despois a ANTONIO, ALEJANDRO E IRIA (de 12 a 13:30)
Estas son as fotos da xornada de hoxe:

 

martes, 13 de septiembre de 2011

1º DÍA DA ADAPTACIÓN

Hoxe foi o primeiro día de escola para os seis primeiros nenos/as dos 18 que forman a aula de 3 anos do ceip de Sobrada. Viñeron : NOÉ, TANIA E SILVIA de 10 a 11:30 e ANXO, AARÓN E ÁLEX C. de 12 a 13:30. Nese pouquiño tempo fixemos moitas cousas: coñecímonos un pouco, falamos, fixeron un debuxo, visitamos o cole dos maiores, aprenderon a facer unha fila ordenadamente e coñeceron a algúns mestres que lles impartirán clase. Foron uns campións!! Que ben se portaron! Velaquí tedes unhas fotos do primeiro día destes nen@s.


PSICOMOTRICIDADE EN 3 ANOS

Atención familias!!! Este ano, os peques de 3 anos terán unha hora de Educación Física (Psicomotricidade) todos os XOVES, polo que ese día deberán vir vestidos con chandal e zapatillas deportivas (preferiblemente de velcro).
Non o esquezades: "Para psicomotricidade facer, chándal deberás traer!"

domingo, 11 de septiembre de 2011

COMEZA UN NOVO CURSO!

Chegou o momento de comezar unha nova etapa, un novo curso escolar que, para moitos dos nenos e nenas que me acompañarán a partir de agora, supón o primeiro contacto coa escola. Acostumarse a unha rutina, persoas e un ámbito diferente será máis dificil para uns que para outros pero estou segura de que, en pouco tempo, estarán perfectamente adaptados á escola, ós compañeiros e aos mestres que lles darán clase. Viviremos experiencias inolvidables e pasarémolo en grande!

BENVIDOS Á AULA DE 3 ANOS!

Lembrade que dende o día 13 ata o 27 de setembro o alumnado de 3 anos participará nun PERIODO DE ADAPTACIÓN e acudirá á escola nas datas sinaladas para cada un deles/as.
Estas datas podedes consultalas na pestaña do blog "Periodo de Adaptación".

A partir do día 28 virán xa TODOS en horario normal de 9 a 14 horas.