viernes, 30 de diciembre de 2011

PAPÁ NOEL VISITA SOBRADA!

Síí! Antes de repartir agasallos polas casas dos nen@s, Papá Noel pasou polo colexio para recoller as cartas que lles escribiron os cativos. Estabamos moi nerviosos esperando a súa chegada pero Papá Noel foi moi agarimoso e repartiu caramelos para tod@s. Pasámolo en grande!

jueves, 29 de diciembre de 2011

MIL APERTAS PARA A PROFE ANTÍA

Así foi a despedida que lle fixemos á nosa profe Antía. Como foi moi boa connosco quixemos agasallala cun ramo de flores e unhas fotos do seu paso pola nosa aula.

GRAZAS, mamá de Anxo, por ese DETALLAZO.
GRAZAS, Antía, por todo...

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DE INVERNO

Antes de dar vacacións, os nen@s de 3 anos fomos ver a EXPOSICIÓN DE INVERNO que está ubicada no corredor do cole grande. Alí atopamos gran cantidade e variedade de traballos fermosísimos, feitos por todas as familias do alumnado do colexio baixo a temática da PAZ e a TOLERANCIA. Ademais, as paredes estaban decoradas con bonequiños collidos das mans feitos por todos os alumnos coa súa cara e as dos mestres . Gustounos moitísimo esta visita!! Grazas, familias, por colaborar na exposición de inverno!

INTENTANDO MELLORAR O MUNDO...

No seguinte video, Antonio cóntanos como fixo o seu traballo para a exposición de inverno e fálanos de como podemos conseguir un mundo mellor para todos:

sábado, 24 de diciembre de 2011

GRAZAS, PROFE ANTÍA!

Rematado o primeiro trimestre do curso, temos que dicirlle "adeus" con moitísima pena á nosa mestra ANTÍA, xa que viu á aula de 3 anos para pasar os primeiros meses do curso. Parece incrible o rápido que pasa o tempo. Dende aquí quero agradecerlle o seu labor. Eu non tiven unha alumna de prácticas senón unha compañeira máis, moi traballadora e agarimosa cos nen@s que colaborou e axudou moitísimo na vida da aula para que todo saíse á perfección. Espero térlle axudado e que recorde esta experiencia con cariño. Nós non a esqueceremos e convidámola a vir á aula sempre que queira. Por suposto!! Mentres esperamos a súa vindeira visita, aquí deixo este video resumo do seu paso polo ceip de Sobrada:
ATA SEMPRE, ANTÍA!
BOTARÉMOSTE DE MENOS!

domingo, 18 de diciembre de 2011

UN ARBOLITO PARA DECORAR...

Como aos nen@s lles gusta tanto a decoración navideña e nestas datas é o que procede, decidimos facer esta pequena árbore de nadal de cartulina para que forme parte da decoración das súas casas.

POSTAIS DE NADAL

Todos os anos, no colexio de Sobrada celebramos un concurso de postais de nadal. Cada nen@ de cada curso elaborou a súa postal e cada ciclo tiña asignada unha silueta determinada (relacionada coa PAZ e a TOLERANCIA) para levala a cabo. En Infantil tocounos o CORAZÓN, símbolo do amor e a amizade. Levamos unha gran alegría xa que a postal gañadora de todo o ciclo de Infantil foi a realizada por un neno de 3 anos, ANTONIO, e o seu debuxo formará parte da postal que enviará a ANPA ás familias nestas datas. 
POSTAL GAÑADORA:
PARABENS, ANTONIO!

É unha mágoa que non poidan gañar todas as postais porque os peques debuxaron moi ben e aquí tedes a mostra de canto traballaron. Primeiro fixeron o debuxo relacionado co nadal e despois decoraron o corazón con plastilina vermella e lle botaron purpurina.

A PROFE ANTÍA ENSÍNANOS A FACER FOLERPAS!

Agora que se achega o INVERNO, a profe ANTÍA ensinounos a facer FOLERPAS con papeis para adornar os cristais da aula. Aquí tedes o proceso de elaboración:

jueves, 15 de diciembre de 2011

NADAL COS LUNNIS

Non vos perdades este concurso de panxoliñas onde participan os Lunnis:

Videos tu.tv

domingo, 11 de diciembre de 2011

UN MUNDO MELLOR

Ó longo da semana pasada, os nen@s da aula foron entregando traballos moi elaborados feitos na casa coa axuda dos seus pais e baixo a temática da PAZ e a TOLERANCIA, que ocupa o centro das nosas actividades durante este curso. Todos estes marabillosos traballos formarán parte da EXPOSICIÓN DE INVERNO que, coma todos os anos grazas á colaboración das familias, ubicarase nos corredores do noso colexio para disfrute de toda a comunidade educativa.
Aquí tedes unha mostra do moito que traballaron as familias cos peques:

No seguinte video algúns nen@s de 3 anos (Álex C, Anxo, Arón, Tania e Fabián) nos explican como fixeron os seus traballos coa súa familia e que significa para eles ter "un mundo mellor":


UN MUNDO MELLOR por Álex C., Anxo, Arón, Tania e... por cadernodepequechos

A continuación, Alejandro Ibáñez, dános unha explicación de cómo conseguir un mundo mellor para todos.

GRAZAS, FAMILIAS, POR COLABORAR CO COLEXIO NESTAS E NOUTRAS ACTIVIDADES!

jueves, 8 de diciembre de 2011

O MOLDE XA ESTÁ REMATADO!


Lembrades o molde de xeso que fixemos hai uns días da barriguiña  da nai de Silvia? Pois despois de que secou, pintámolo con témperas e debuxamos nel os brazos e as mans de Silvia. Quedounos ben bonito e unha vez rematado regalámosllo á súa nai para que lle quede de lembranza de cando estaba embarazada de Carla (a irmanciña de Silvia que está a piques de nacer).


Xa falta pouquiño para que naza!
Que sorte poder contar coa boa disposición das nais e pais para facer actividades coma esta. Gustounos moito!!

domingo, 4 de diciembre de 2011

XOGOS DE NADAL

Na páxina de Belén Junquera, Casa de tol@s, podemos atopar cantidade de recursos, entre eles, este xogo navideño que comparte con nós. Picade na imaxe e poderedes construir un fermoso boneco de neve.


Aquí vos deixo outras páxinas de xogos on line adicados ao nadal...


Picade nas imaxes e a xogar!

jueves, 1 de diciembre de 2011

ESTÁ CHEGANDO O NADAL!

Xa estamos no mes de decembro e dentro de pouquiño estaremos no Nadal, unhas datas para disfrutar da familia e dos amigos que nos lembran o amor, a amizade, a ledicia, o agarimo, a felicidade e a paz.
Na aula estamos comezando a vivir o nadal e, para iso, o primeiro que estamos facendo é decorar a aula. Temos moitos adornos que nos facilitaron os pais de Alejandro e estamos deixando a clase fermosísima!
 Moitas grazas por estes adornos tan chulos!
Hoxe puxemos a nosa árbore de nadal. Mirade que bonita quedou!

XESTOS: LINGUAXE E COMUNICACIÓN

Aquí vos deixo un xogo de xestos e palabras para representar diferentes estados de ánimo, sensacións e situacións. Picade na imaxe para xogar!

domingo, 27 de noviembre de 2011

VISITA DA NAI DE SILVIA

Así foi a visita de Ana, a nai de Silvia, á quen lle quero agradecer de novo a súa presenza na aula, que nos falara do seu embarazo e se prestara a facer unha actividade tan delicada cos nen@s.







A actividade consistiu en facer un molde de xeso da súa barriga para despois decoralo entre todos de xeito que lle quede de lembranza do seu embarazo, xa que pronto dará a luz unha preciosa nena: CARLA. Os nen@s axudaron moitísimo a facer este molde de xeso.

GRACIÑAS, ANA!

jueves, 24 de noviembre de 2011

UNHA MAÑÁ MOI ESPECIAL...

O xoves foi un día moi importante e bonito para nós, xa que a nai de Silvia, ANA, que está  a puntiño de dar a luz, tivo a amabilidade de vir a contar como é iso de ter un bebé dentro da barriga. Xa levabamos uns días impacientes agardando a que Ana nos fixera esta visita e quixemos informarnos un pouquiño acerca dos bebés, de como vai medrando o feto e como é o nacemento dun bebé.



Pronto poderedes ver como resultou a visita de Ana e como os nen@s axudaron a facer un molde en xeso da súa barriga. Ademais, puidemos sentir como se movía CARLA (que así se chamará o bebé) e foi unha experiencia inesquecible para nós!! Por iso, MOITÍSIMAS...





grazas

ana

martes, 22 de noviembre de 2011

A TEA DE ARAÑA

Ola de novo! Xa vos falara sobre a importancia que lle damos na nosa aula ao TRABALLO COOPERATIVO e, nesta ocasión, fixemos unha dinámica chamada "A TEA DE ARAÑA". O xogo consistiu no seguinte: Comeza un nen@ collendo un ovillo de lá e sendo o primeiro en presentarse: "Chámome..." e destacando algunha afición ou algunha cousa que lle guste moito.
Despois, suxeitando o extremo do ovillo, lanza éste a un dos alumnos, que tamén se presenta, sostendo o fío e lanzando de novo o ovillo a outro nen@. Ó final, créase unha tea de araña e se destaca por parte da mestra que todos somos importantes para sostela y que si un de nós falla e solta o fío, desfaise todo.


Formamos un grupo no que a COOPERACIÓN e COLABORACIÓN de cada un é necesaria.

ACTIVIDADES OUTONO

Facede clic na imaxe e disfrutade da estación do ano na que nos atopamos: O OUTONO!

viernes, 18 de noviembre de 2011

OS MARABILLOSOS ANOS 70!

O segundo taller de cabaret infantil adicámolo á MÚSICA DOS ANOS 70! Aquela música disco de "Fiebre del sábado noche", as cancións de ABBA e Boney M e as bandas sonoras de películas tan coñecidas por nós (os que xa temos unha idade...) como "Grease" ou "Flashdance". Nesta ocasión, achegamos aos nen@s a este marabilloso legado que nos quedou daquela época xa que, por sorte, a boa música nunca pasará de moda!!! 

Estade atentos o segundo video destes bailaríns que temos en infantil. Proximamente en cadernodepequechos. De momento déixovos cunha canción do grupo ABBA que lles encanta:
A bailarrrr!

COMO PASA O TEMPO...

No seguinte video poderedes ver como mudaron os pequechos. Dende o seu nacemento ata agora pasaron xa tres anos!! Un tempo no que foron adquirindo habilidades, aprendendo cousiñas, deixando atrás biberóns, cueiros e chupetes e, en definitiva, facéndose maiores... 
E é que o tempo pasa...voando!!

Agradecer, por suposto, a aportación das fotos por parte das nais e pais dos nen@s, xa que gracias a elas todos os nen@s puideron ver como eran os seus compañeiros cando eran bebés e tamén puideron comprobar como eran as profes de pequeniñas e como o paso do tempo fai mudar o noso corpo, que vai crecendo cada día máis. 
Verdade que son guapísimos?

lunes, 14 de noviembre de 2011

RECANTOS DA NOSA AULA

Na aula de 3 anos temos ubicados catro recantos polos que, os nen@s en grupos de 4 e 5, van rotando cada día. Son os seguintes:
RECANTO DAS CONSTRUCIÓNS
RECANTO DOS XOGUETES
RECANTO DOS CONTOS
RECANTO DA COOPERACIÓN

Este ano temos como novidade o "RECANTO DA COOPERACIÓN", no que os alumnos están aprendendo a coñecerse mellor e a traballar en equipo. A finalidade é que pouquiño a pouco se sintan membros dun grupo e se axuden os uns aos outros para lograr o obxectivo que se persiga nese intre. Estes días estiveron axudándose a facer o puzzle do seu corpo e... non foi tarefa fácil! Sen embargo, todos os membros dos grupos axudáronse entre eles para rematar correctamente o puzzle.
Se queredes saber máis sobre o traballo cooperativo remítovos á pestaña do blog "Aprendizaxe cooperativa", onde podedes atopar información sobre esta modalidade de aprendizaxe e exemplos de experiencias levadas a cabo cos nen@s que tiña o ano pasado (de 5 anos).

domingo, 13 de noviembre de 2011

XOGAMOS?

Máis recursos para aprender un pouquiño máis sobre o corpo humano. Pica nas imaxes e a xogar!

 

EL CAZO DE LORENZO

Aquí vos deixo este marabilloso conto de Isabel Carriet que nos ensina a importancia de querer e respectar aos demais, así como as súas diferencias.

jueves, 10 de noviembre de 2011

CLIC, CLIC, CLIC

Unha páxina de contos interactivos moi interesante para os peques. Picade na imaxe!

martes, 8 de noviembre de 2011

TEMPO DE MAGOSTO

Onte tivemos unha xornada de MAGOSTO no noso cole. Preparamos a cestiña para as nosas castañas asadas e despois saímos ó patio xunto co resto do alumnado e profesorado do centro para saborealas e disfrutar xuntos deste tempo de outono. Para rematar a xornada a profe de Educación Física, Rosa, preparou uns xogos cos que nos divertimos un montón.

lunes, 7 de noviembre de 2011

TÍTERES DE SAMAÍN

Estas son as marionetas de dedo que decoraron os nen@s por Samaín. Unhas bruxas e momias que dan moito meeedooo!

sábado, 5 de noviembre de 2011

MÚSICA DOS ANOS 80 NO TALLER DE CABARET INFANTIL

Como o prometido é débeda, aquí vos deixo a mostra do ben que baila o alumnado de infantil do noso cole. Este video corresponde ás primeiras sesións do taller de Cabaret Infantil (no que participan todos os alumnos de 3, 4 e 5 anos), esta vez adicado á música POP dos anos 80


Que opinades? Teñen marcha ou non estes rapaces?

martes, 1 de noviembre de 2011

APRENDEMOS COA PIZARRA DIXITAL!

No cole grande temos a sorte de contar cunha PIZARRA DIXITAL INTERACTIVA. Nós chamámoslle "PIZARRA MÁXICA" porque fai maxia! Sííí!!! Con ela, os nenos poden utilizar a súa man coma se fose o rato do ordenador. Co seu dedo poden pintar, debuxar, arrastrar imaxes, borrar, de todo!!
Todos os martes e tamén sempre que podemos, imos un rato á aula de audiovisuais para xogar e aprender coa pizarra. O pasado martes repasamos con Caillou as partes do corpo e os nen@s tiñan que arrastrar as imaxes das distintas partes para formar a figura humana. Foi moi divertido!

RECURSOS SOBRE O CORPO HUMANO

DICCIONARIO EN IMAXES SOBRE O CORPO HUMANO
   (Fai clic na imaxe)
                XOGO INTERACTIVO SOBRE O CORPO HUMANO
                                     (Fai clic na imaxe)
                                 (Fai clic na imaxe)
                           XOGAMOS A FACER O ESQUELETE
                                     (Fai clic na imaxe)
DOKI DESCUBRE O ESQUELETE

sábado, 29 de octubre de 2011

CHULAS DE CABAZA

O xoves, aproveitando que estabamos no tempo do Samain e que as cabazas foron as protagonistas durante esta semana, decidimos facer un postre con elas: CHULAS DE CABAZA.
Estivemos moi atarefados seguindo os distintos pasos da receita para que as chulas saísen á perfección e... penso que temos uns cociñeiros na aula IMPRESIONANTES!!

DECORANDO CABAZAS PARA O SAMAIN

No seguinte video poderedes ver como quedaron as nosas cabazas de Samaín. Os peques traballaron moito: pintáronlle ollos, nariz, boca, orellas e puxéronlle un cabelo moi colorido e un candeeiro dentro. Fixemos unha exposición na aula, apagamos as luces e durante uns minutos alumearon soamente as cabazas na escuridade. Pasamos un pouco de meeeedoooo, jejej, pero pagou a pena. Agora haberá que esperar á noite do Luns, día 31 de outubro, en que poñeremos a nosa cabaza na porta da casa para escorrentar ás bruxas e ós malos espíritus. UuuuuuuHHHH!

Dende aquí quero agradecer ás familias a súa boa disposición e axuda para aportar e baleirar as cabazas. Graciñas!!!

martes, 25 de octubre de 2011

O OUTONO INVÁDENOS!

Dende que comezamos o curso o tempo xa mudou un pouquiño: vai frío, vento, chove a miúdo e xa non podemos levar sandalias e pantalóns curtos. Agora empezamos a poñer as botas, os abrigos e chuvasqueiros porque xa está con nós o tempo de OUTONO!
Para comprobar estes cambios na paixase que nos rodea, saímos varios días ao areeiro para fixarnos nas árbores e comprobar como mudaron de cor e como pouquiño a pouco van quedando sen follas. Tamén decidimos recoller unhas cantas follas e froitos de outono, como as castañas, piñas e landras para facer un mural e decorar a nosa aula.
Mirade que ben o pasamos!

lunes, 24 de octubre de 2011

OS MESTRES TAMÉN FESTEXAMOS O SAMAÍN

Mirade que ferramenta máis chula hai na rede: JIB JAB, que nos permite facer videos tan divertidos coma este no que os mestres dos nen@s de 3 anos somos os protagonistas cantando e bailando un rap vestidos con roupa de Halloween. A ferramenta só nos deixa poñer 5 personaxes na versión gratuita, por iso fíxen o video con profes: TEACHER DOMINGO, PROFE ROSA, PROFE ANTÍA, PROFE CARMEN Mª E PROFE EVA
A que bailamos ben?

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

domingo, 23 de octubre de 2011

CREACARAS CON FROITOS DA HORTA

GIUSEPPE ARCIMBOLDO era un pintor italiano que representaba os rostros humanos con froitas, verduras, flores... Agora que estamos estudando o CORPO, aquí temos esta ferramenta para facer caras con froitos da horta. Picade na imaxe para probar!

miércoles, 19 de octubre de 2011

XOGAMOS CA PELOTA

Nestes días estivemos facendo un xogo cunha pelota e un círculo co propósito de comprobar ata que punto os nenos e nenas de tres anos se coñecen. Este foi o resultado:

XA CHEGA O SAMAÍN!


Videos e cancións sobre o samaín:


Actividades para traballar o OUTONO e o SAMAÍN:

Pica nas imaxes para xogar!

CORRE, CORRE CABACIÑA...

Tendo en conta que estamos en outono e achegámonos ao SAMAÍN, aquí vos deixo estes contos tan chulos. (Podedes ver a versión cantada de "Corre, corre cabaciña" na pestaña do blog "cancións")
Como as cabazas están de moda nestes días, na aula cada un dos nen@s decorará a súa propia para escorrentar ós malos espíritos na noite máxica do 31 de outubro. Con todas elas faremos unha exposición!
Uuuuuuuuuuh!

Corre corre cabaciña

domingo, 16 de octubre de 2011

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

O vindeiro Martes, día 18 de Outubro, ás 20:00 horas, temos unha cita para reivindicar unha EDUCACIÓN DE CALIDADE DE TOD@S E PARA TOD@S. Aquí vos deixo as comarcas e os enderezos onde se levarán a cabo as manifestacións. Non deixedes de asistir! 




POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA...

Non vos perdades este conto narrado por nen@s dun colexio de Zaragoza sobre a importancia da integración e a inclusión na sociedade. Tamén nos ensina que ás veces a solución aos problemas está máis preto e resulta máis sinxela do que pensabamos nun principio.

Que importante é facerlle a vida máis doada aos demáis!

sábado, 15 de octubre de 2011

ANIVERSARIO DE SILVIA

Onte, día 14 de Outubro, celebramos o aniversario de SILVIA. Cumpliu 3 anos nada menos! e trouxo caramelos para todos os nen@s. Pasámolo moi ben: cantámoslle moitas cancións e ata lle tiramos das orellas!

MOITOS PARABÉNS, Silvia!





COMEZAMOS COS TALLERES!

Onte comezamos a xornada de talleres en Infantil. Levaranse a cabo todos os venres nas dúas primeiras horas da mañá. É unha actividade moi valorada polos nen@s, onde interactúan cos outros nen@s de infantil (neste caso cos de 4 e 5 anos) para facer simultaneamente actividades diferentes. 
Este ano contamos con catro talleres moi interesantes:

TALLER DE COCIÑA
TALLER DE CABARET INFANTIL
TALLER DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
        TALLER DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE    

Eu imparto o taller de  CABARET INFANTIL, no que estudaremos diferentes estilos de música, tipos de instrumentos musicais e sobre todo no que bailaremos moito, moito, moitísimoooo!!
Ata que todo o alumando de infantil pasa por todos os talleres pasan 4 semanas, despois das cales colgarei videos e fotos de cada sesión.
Este mes adicámolo ao POP e máis concretamente á MÚSICA DOS ANOS 80, a chamada "MOVIDA DOS 80" e non poden faltar artistas como Alaska coa súa "Bola de cristal", Michael Jackson, Tina Turner ou Mecano, entre outros:



Aquí vos deixo a canción que máis lles gustou ao grupo de onte: BLACK OR WHITE de Michael Jackson. Esta claro que aos pequechos vaille o ritmo! Como bailan!

domingo, 9 de octubre de 2011

ANIVERSARIO DE ÓSCAR

O venres pasado celebramos o aniversario de ÓSCAR. Aquí tedes algunhas fotos do evento.
Pasámolo en grande!





Xa tes 3 aniños, Óscar.  MOITOS PARABÉNS!