domingo, 22 de febrero de 2015

FESTIVAL DE ENTROIDO!

O venres 13 de febreiro celebramos o FESTIVAL DE ENTROIDO no colexio. Este ano con moi mala sorte co tempo, xa que choveu moito e non puidemos desfilar polo patio, tivemos que facelo no pavillón de Sobrada. Ainda así pasámolo súper ben. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos disfrazados baixo a temática do CIRCO e había MALABARISTAS, MAGOS, DOMADORES, LEÓNS e PAIASOS. Desfile de guapos e guapas!! 
 
FESTIVAL ENTROIDO 2015 from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

Música do video: "Carnaval" de GEORGIE DANN/ "Ya llegó el Carnaval" de FÓRMULA ABIERTA

PINTANDO NA PIZARRA DIXITAL

Xa levamos uns días acudindo á aula de audiovisuais para coñecer a PDI (Pizarra Dixital Interactiva) ou tamén coñecida polos nenos/as como "pizarra máxica". Con ela pasámolo en grande, porque podemos pintar cousas fantásticas usando os nosos dedos e ofrécenos moitas posibilidades de aprender!

ORDES DO MECO

Durante a pasada semana de ENTROIDO visitounos o MECO, un personaxe característico destas datas que, cada día desa semana, mandounos vir dun xeito determinado. O primeiro día cunha prenda dunha talla diferente á nosa, o segundo con algo na cabeza, o terceiro co pelo pintado e o último coa cara pintada. Como viñemos a clase moi guapos, sacamos moitas fotos. Aquí as tedes! 

martes, 10 de febrero de 2015

PLANTAMOS TULIPÁNS!!

A semana pasada tivemos unha visita moi esperada. Veu NOEMÍ, membro de ACUBAM (Asociación Cultivos Baixo Miño) de parte do concello de Tomiño, para plantar tulipáns nas clases de infantil. A finalidade é facer que os nenos e nenas se interesen polas plantas, os coidados que requiren, como medran grazas á auga, ó calor e a luz do sol,... e participar así na MOSTRA DE CULTIVOS que se celebrará en Goián os días 28 e 29 de marzo. Esta foi a primeira de varias charlas que nos dará ó longo deste trimestre. Que ben o pasamos!!! 
GRAZAS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS, NOEMÍ!
 
PLANTANDO TULIPÁNS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 8 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro festexamos o DÍA DA PAZ facendo unha pombiña na aula e conversamos sobre o que significa ter PAZ. Estas foron as conclusións do alumnado.
REFLEXIÓN DÍA DA PAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

CARREIRA SOLIDARIA NO DÍA DA PAZ!

Este ano participamos nunha carreira solidaria polo DIA DA PAZ, para recaudar fondos para os nenos e nenas que máis o precisan. Tivemos que facela o xoves 5 de febreiro xa que o día da Paz (30 de xaneiro) chovía moitísimo. Cada neno/a do colexio tivo que buscar un patrocinador/a ou varios/as patrocinadores/as dispostos a pagar uns cartos simbólicos por cada volta que deran. O recinto era moi grande, co cal os nenos e nenas de Infantil deron unha volta pero fixérono MOI BEN!! Que campeóns! Aquí tedes algunhas das imaxes do evento: