jueves, 29 de noviembre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ANXO

Hoxe tivemos a sorte de contar con outra mamá que viu a contarnos un conto. Nesta ocasión foi BELÉN, a mamá de Anxo, e pasámolo moi ben con ela falando de moitas cousas divertidas e ademais leunos un conto dos PITUFOS cunha mensaxe para lembrar sobre o dificil que é ás veces respectar as opinións dos demais, escoitarnos e chegar a acordos. Encantounos!

MIL GRAZAS, BELÉN, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO! 

martes, 27 de noviembre de 2012

PEQUECHEFS: CHULAS DE CABAZA

Xa sabedes que na 1ª sesión do taller de cociña de educación infantil estivemos facendo o carteliño das merendas que levamos cada día ao colexio e os gorros de cociñeiros. Pois ben, chegou o momento de estrear os gorros na 2ª sesión deste taller cociñando unhas riquísimas CHULAS ou BUÑUELOS DE CABAZA, aproveitando este tempo de outono. Temos que agradecer MOITÍSIMO á mamá de Anxo que nos agasallara con dúas fermosísimas cabazas da súa horta para facelas. Seguro que por iso saíron unhas chulas tan boas! Por iso e pola boa man destes pequechefs!!

lunes, 26 de noviembre de 2012

ALGO MÁIS DO CAMELOT...

Aquí vos deixo outro video con máis fotos da nosa excursión á ludoteca CAMELOT PARK en Vigo. Como se pode apreciar nas fotos, divertímonos un montón!! 

domingo, 25 de noviembre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE IRIA

O pasado xoves, coma todas as semanas, recibimos a visita dunha mamá para contarnos un conto. Nesta ocasión foi ANA, a mamá de Iria, que trouxo a historia do "GATO LAMBÓN" e fíxonos moita gracia! Pasámolo moi ben! 
 GRACIÑAS, ANA, POR PARTICIPAR NO "CONTA COMIGO"!

jueves, 22 de noviembre de 2012

VISITA A "CAMELOT PARK"

Onte fixemos a nosa primeira excursión! Fomos á ludoteca "Camelot Park" en Vigo e a verdade é, en poucas palabras, que o pasamos pipaaaa! No autobús iamos ilusionadísimos pensando co que nos iamos atopar: Un parque con piscina de bolas, circuitos, coches, colchonetas e ata discoteca!! Xenial! Neste video saen sobre todo os peques da nosa aula pero pronto colgaremos un video máis xeral de todo INFANTIL no blog do cole. Estade moi atentos! Menuda mañá chea de emocións!

domingo, 18 de noviembre de 2012

COLOCA AS LETRAS DO TEU NOME

Aquí vos deixo unha actividade LIM interactiva para que os pequechos da nosa aula sitúen correctamente as letras do seu nome e o dos seus compañeiros/as. É moi sinxelo! Só temos que poñer a orella e escoitar as letras que leva cada nome. Despois, co rato do ordenador, facemos clic na letra que queremos e a colocamos no lugar correspondiente. A ver que tal o facedes!

jueves, 15 de noviembre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE BRUNO!

Hoxe, como cada xoves, visitounos unha mamá para contarnos un conto: CAROLIN, a mamá de BRUNO. O conto que nos leu era dos "CANTAJUEGO" e a nós, que escoitamos sempre as súas cancións na aula, gustounos moitísimo. A pandilla dos "Cantajuego" foi de viaxe arredor do mundo e nós fomos con eles ata Exipto, coñecimos as pirámides; despois escalamos o Himalaya e ata visitamos a selva do Amazonas! Xenial! 
MOITÍSIMAS GRAZAS, CAROLIN, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!

lunes, 12 de noviembre de 2012

CORES DE OUTONO

Hai uns días, saíu o sol e por fin puidemos sair a recoller froitos de outono. Quedamos abraiados cos cambios de cores na nosa paisaxe, xa que temos unha árbore no areeiro que mudou as súas folliñas de verde a amarelo e vermello. Ademais comprobamos como outras árbores quedaron peladas, sen follas, con este tempo de outono. Ah! E miramos uns cogomelos curiosísimos ao pé das árbores que están a carón da nosa aula. Impresionante descubrimento!! 

COÑECENDO O APARATO RESPIRATORIO

Estes días que estamos a coñecer mellor como é o noso corpo por dentro, temos un boneco na clase que nos mostra como é o noso aparato respiratorio, circulatorio e dixestivo. Agora estamos traballando o sistema respiratorio e concretamente os PULMÓNS. Sabemos que son brandiños, que a eles chega o aire que respiramos polo nariz a través dun tubo chamado TRÁQUEA e dos BRONQUIOS; que dentro dos pulmóns os bronquios ramifícanse nos BRONQUIOLOS; que cando collemos aire, os pulmóns ínflanse e cando o botamos volven á súa posición orixinal. En fin, moitas cousiñas e aquí tedes unhas fotos dos peques traballando sobre o tema e xogando a inflar e desinflar os pulmóns caseiros que fixemos con palliñas e globos.

viernes, 9 de noviembre de 2012

DÍA DO PEÓN

Hoxe celébrase o "DÍA DO PEÓN" (peonza, trompo...) en Galicia. Por iso nós, na aula, fixémoslle unha pequena homenaxe confeccionando uns "bailaretes" con materiais de refugallo (cortizas e palillos). Decoramos as cortizas, clavámoslles un palillo e... a xirar e bailar! Espero que sigades ensaiando na casa, pequechos!

jueves, 8 de noviembre de 2012

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ALEJANDRO

Pero que sorte temos de contar coa colaboración das familias semana tras semana! Nesta ocasión visitounos MABEL, a mamá de Alejandro Ibáñez e contounos un conto moi chulo que nos gustou moitísimo: "EL PÁJARO DE ORO". Agradecímoslle a súa visita facéndolle entrega dun merecidísimo diploma! 

MOITAS GRAZAS, MABEL, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!! 

domingo, 4 de noviembre de 2012

O APARATO RESPIRATORIO

Seguindo con noso estudo do corpo por dentro e despois de achegarnos ó coñecemento do esquelete e dos músculos, adentrarémonos agora no mundo dos aparatos do corpo. Comezaremos polo aparato respiratorio e aquí deixo uns videos explicativos que nos van a axudar a comprender o seu funcionamento:

PREPARANDO O SAMAÍN

Aquí van algunhas actividades que fixemos na aula para festexar o Samaín, entre elas, pintarnos e poñer moita cara de meeedooo!!! Menuda festaaaa!!

VAMPIROCABAZAS EN SAMAÍN!

Este ano, na nosa aula, decoramos as cabazas para a noite do 31 de outubro dun xeito especial: transformámolas en terroríficos morcegos! Pasámolo xenial pintándoas e, ainda que traballamos moito, pagou a pena o resultado! Así foi o proceso de transformación: