sábado, 29 de octubre de 2011

CHULAS DE CABAZA

O xoves, aproveitando que estabamos no tempo do Samain e que as cabazas foron as protagonistas durante esta semana, decidimos facer un postre con elas: CHULAS DE CABAZA.
Estivemos moi atarefados seguindo os distintos pasos da receita para que as chulas saísen á perfección e... penso que temos uns cociñeiros na aula IMPRESIONANTES!!

DECORANDO CABAZAS PARA O SAMAIN

No seguinte video poderedes ver como quedaron as nosas cabazas de Samaín. Os peques traballaron moito: pintáronlle ollos, nariz, boca, orellas e puxéronlle un cabelo moi colorido e un candeeiro dentro. Fixemos unha exposición na aula, apagamos as luces e durante uns minutos alumearon soamente as cabazas na escuridade. Pasamos un pouco de meeeedoooo, jejej, pero pagou a pena. Agora haberá que esperar á noite do Luns, día 31 de outubro, en que poñeremos a nosa cabaza na porta da casa para escorrentar ás bruxas e ós malos espíritus. UuuuuuuHHHH!

Dende aquí quero agradecer ás familias a súa boa disposición e axuda para aportar e baleirar as cabazas. Graciñas!!!

martes, 25 de octubre de 2011

O OUTONO INVÁDENOS!

Dende que comezamos o curso o tempo xa mudou un pouquiño: vai frío, vento, chove a miúdo e xa non podemos levar sandalias e pantalóns curtos. Agora empezamos a poñer as botas, os abrigos e chuvasqueiros porque xa está con nós o tempo de OUTONO!
Para comprobar estes cambios na paixase que nos rodea, saímos varios días ao areeiro para fixarnos nas árbores e comprobar como mudaron de cor e como pouquiño a pouco van quedando sen follas. Tamén decidimos recoller unhas cantas follas e froitos de outono, como as castañas, piñas e landras para facer un mural e decorar a nosa aula.
Mirade que ben o pasamos!

lunes, 24 de octubre de 2011

OS MESTRES TAMÉN FESTEXAMOS O SAMAÍN

Mirade que ferramenta máis chula hai na rede: JIB JAB, que nos permite facer videos tan divertidos coma este no que os mestres dos nen@s de 3 anos somos os protagonistas cantando e bailando un rap vestidos con roupa de Halloween. A ferramenta só nos deixa poñer 5 personaxes na versión gratuita, por iso fíxen o video con profes: TEACHER DOMINGO, PROFE ROSA, PROFE ANTÍA, PROFE CARMEN Mª E PROFE EVA
A que bailamos ben?

Personalize funny videos and birthday eCards at JibJab!

domingo, 23 de octubre de 2011

CREACARAS CON FROITOS DA HORTA

GIUSEPPE ARCIMBOLDO era un pintor italiano que representaba os rostros humanos con froitas, verduras, flores... Agora que estamos estudando o CORPO, aquí temos esta ferramenta para facer caras con froitos da horta. Picade na imaxe para probar!

miércoles, 19 de octubre de 2011

XOGAMOS CA PELOTA

Nestes días estivemos facendo un xogo cunha pelota e un círculo co propósito de comprobar ata que punto os nenos e nenas de tres anos se coñecen. Este foi o resultado:

XA CHEGA O SAMAÍN!


Videos e cancións sobre o samaín:


Actividades para traballar o OUTONO e o SAMAÍN:

Pica nas imaxes para xogar!

CORRE, CORRE CABACIÑA...

Tendo en conta que estamos en outono e achegámonos ao SAMAÍN, aquí vos deixo estes contos tan chulos. (Podedes ver a versión cantada de "Corre, corre cabaciña" na pestaña do blog "cancións")
Como as cabazas están de moda nestes días, na aula cada un dos nen@s decorará a súa propia para escorrentar ós malos espíritos na noite máxica do 31 de outubro. Con todas elas faremos unha exposición!
Uuuuuuuuuuh!

Corre corre cabaciña

domingo, 16 de octubre de 2011

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

O vindeiro Martes, día 18 de Outubro, ás 20:00 horas, temos unha cita para reivindicar unha EDUCACIÓN DE CALIDADE DE TOD@S E PARA TOD@S. Aquí vos deixo as comarcas e os enderezos onde se levarán a cabo as manifestacións. Non deixedes de asistir! 




POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA...

Non vos perdades este conto narrado por nen@s dun colexio de Zaragoza sobre a importancia da integración e a inclusión na sociedade. Tamén nos ensina que ás veces a solución aos problemas está máis preto e resulta máis sinxela do que pensabamos nun principio.

Que importante é facerlle a vida máis doada aos demáis!

sábado, 15 de octubre de 2011

ANIVERSARIO DE SILVIA

Onte, día 14 de Outubro, celebramos o aniversario de SILVIA. Cumpliu 3 anos nada menos! e trouxo caramelos para todos os nen@s. Pasámolo moi ben: cantámoslle moitas cancións e ata lle tiramos das orellas!

MOITOS PARABÉNS, Silvia!





COMEZAMOS COS TALLERES!

Onte comezamos a xornada de talleres en Infantil. Levaranse a cabo todos os venres nas dúas primeiras horas da mañá. É unha actividade moi valorada polos nen@s, onde interactúan cos outros nen@s de infantil (neste caso cos de 4 e 5 anos) para facer simultaneamente actividades diferentes. 
Este ano contamos con catro talleres moi interesantes:

TALLER DE COCIÑA
TALLER DE CABARET INFANTIL
TALLER DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
        TALLER DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE    

Eu imparto o taller de  CABARET INFANTIL, no que estudaremos diferentes estilos de música, tipos de instrumentos musicais e sobre todo no que bailaremos moito, moito, moitísimoooo!!
Ata que todo o alumando de infantil pasa por todos os talleres pasan 4 semanas, despois das cales colgarei videos e fotos de cada sesión.
Este mes adicámolo ao POP e máis concretamente á MÚSICA DOS ANOS 80, a chamada "MOVIDA DOS 80" e non poden faltar artistas como Alaska coa súa "Bola de cristal", Michael Jackson, Tina Turner ou Mecano, entre outros:



Aquí vos deixo a canción que máis lles gustou ao grupo de onte: BLACK OR WHITE de Michael Jackson. Esta claro que aos pequechos vaille o ritmo! Como bailan!

domingo, 9 de octubre de 2011

ANIVERSARIO DE ÓSCAR

O venres pasado celebramos o aniversario de ÓSCAR. Aquí tedes algunhas fotos do evento.
Pasámolo en grande!





Xa tes 3 aniños, Óscar.  MOITOS PARABÉNS!

FOTO DE GRUPO

Facemos un bo equipo, non sí?

miércoles, 5 de octubre de 2011

ANIVERSARIO DA PROFE ANTÍA!

Hoxe tivemos festaaa! Foi o aniversario da nosa mestra de prácticas, Antía, e celebrámolo como é debido! Cantámoslle, fixémoslle unha coroa de aniversario e agasallounos con caramelos! 

















MOITOS PARABÉNS, PROFE!

O CORPO HUMANO

Nestes días, estamos comezando a estudar o noso corpo e as súas partes. Pedín colaboración ás familias dos peques da miña aula para que aportasen toda a información que puidesen relativa ao corpo, calquera aportación é de gran axuda para o desenrrolo do proxecto: información baixada de internet, dvds, cancións, posters, libros de consulta, contos... Xa comezaron a traer algunhas cousas moi interesantes. Entre elas, un video explicativo sobre as partes do corpo que pode axudar moito aos nen@s a diferencialas. Mirade que chulo:

GRAZAS, familias, por axudarnos a aprender!

martes, 4 de octubre de 2011

BENVIDA PROFE ANTÍA!

Pero que sorte temos na aula de 3 anos! Onte chegou unha nova profe: ANTÍA. Unha mestra en prácticas que nos vai axudar moitísimo a que os pequechos adquiran hábitos, rutinas, normas e aprendan conceptos básicos. Mirade que encantados están os nen@s con esta profe tan boa!

Grazas por escoller o noso cole, Antía!