jueves, 28 de noviembre de 2013

ELLOS TAMBIÉN PUEDEN!

Neste curso no que estamos traballando tanto a IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE OS SEXOS e tamén o trato que fai a publicidade neste tema, multitude de anuncios, ainda hoxe,por desgracia reflexan un trato desigual. Por iso, gustaríame compartir con vós este anuncio dun deterxente que pode facernos reflexionar. Tamén vos deixo o anuncio de GADIS, que este ano ten connotacións feministas e está súper ben.
 

domingo, 24 de noviembre de 2013

TÉCNICA PICTÓRICA: SOPRIDO

Outra das técnicas que coñecimos traballando a PINTURA foi o "SOPRIDO". Consistiu en botar pintura nun papel e unhas gotas de auga sobre ela. Despois sopramos cunha palliña guiando o debuxo co noso soprido. Foi moi divertido e fixemos uns cadros preciosos!

A ESCULTURA EN DEBUXOS ANIMADOS

jueves, 21 de noviembre de 2013

DESCUBRIMOS A ESCULTURA CON LOUISE BOURGEOIS!

Hoxe comezamos a traballar a ESCULTURA seguindo co noso proxecto "IGUALARTE". Aparcamos un pouquiño a pintura para deixar paso a esta outra marabillosa disciplina artística que seguro dará moito de sí.
A primeira escultura que se lles pasou pola mente aos pequechos foi "O PENSADOR" de AUGUSTE RODIN, da que xa falaramos días atrás. Pero tamén o DISCÓBOLO DE MIRÓN e, facendo unha visita á nosa aula de audiovisuais preguntamos en internet acerca de si habría algunha muller escultora e POR SUPOSTO QUE SÍ!! MOITAS!!! Achegámonos virtualmente ao museo GUGGENHEIM de Bilbao para admirar varias obras que podemos atopar ás portas do museo: O can "PUPPY", a florida mascota creada polo artista JEFF KOONS. Pero ademais, alí atopamos unha araña xigante feita de aceiro, bronce e mármore por unha muller chamada: LOUISE BOURGEOIS.
Pertence a unha serie de arañas que fixo esta escultora francesa e que están ubicadas en distintas cidades do mundo: Hai unha en Londres, outra en Buenos Aires... A todas estas arañas las llamó "MAMÁ" (MAMAN en francés) xa que creounas en homenaxe a súa nai, que era tecedora. Chulísima verdade?

 

domingo, 17 de noviembre de 2013

SAÍDA AO TEATRO E AO MUSEO!

O pasado venres fixemos unha excursión a Vigo para acudir ao teatro Caixanova, onde os peques puideron disfrutar coa obra: "NUNCABUNGA". Despois fomos a merendar á alameda e, de seguido, cruzamos a rúa para participar nun obradoiro artístico e visitar o museo. Alí faláronnos das catro estacións do ano e escoitamos a música de Vivaldi, mentres admirábamos os cadros e esculturas que alí había. Ata recoñecimos un cadro de MARUXA MALLO! Pasámolo en grande!
 
TEATRO E MUSEO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

MÁIS CONTACONTOS!

Nas últimas semanas, tivemos a sorte de contar cuns contacontos moi especiais: os nenos e nenas de 3º. Por grupos, contáronnos dous contos moi chulos: "ORELLAS DE BOLBORETA" e "HANSEL E GRETEL". Gustounos moito a súa posta en escena e a súa boísima disposición e ganas! 
GRACIÑAS, NEN@S POR PREPARAR ESTES CONTOS PARA NÓS!

CELEBRAMOS O CUMPLE DE DANIEL

O mércores celebramos o aniversario de DANIEL, que o pasado domingo, día 10 de novembro, cumpliu 5 anos! Cantámoslle, tirámoslle das orellas, e disfrutamos un montón. Él agasallounos con caramelos para todos. 
MOITOS PARABÉNS, DANIEL! 

domingo, 10 de noviembre de 2013

VISITA A CAMELOT PARK!

Como disfrutaron os nenos e nenas de infantil o venres na saída que fixemos á ludoteca CAMELOT PARK en Vigo! Estaban moi nerviosos e felices de ter unha xornada no parque de bolas! Así a viviron os peques de 5 anos:

CAMELOT PARK from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

RETRATAMOS A FRIDA KAHLO

No seguinte video poderedes ver como os pequechos, fixándose moi ben nun autorretrato da pintora mexicana, intentaron reproducilo con témpera sobre papel A3. Fixérono estupendamente! Impresionante como detectaron ata o máis mínimo detalle de FRIDA. Non teño palabras! Este foi o retrato que eles pintaron:


RETRATO FRIDA KAHLO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

jueves, 7 de noviembre de 2013

MARUXA MALLO: PINTORA GALEGA


Seguimos dentro do proxecto IGUALARTE, centrados na PINTURA. Da moito de sí e aos pequechos lles encanta. Esta semana coñecimos a outra gran pintora: MARUXA MALLO, que ademais era galega - de Viveiro (Lugo). Algúns nenos e nenas da nosa aula trouxeron información moi interesante sobre ela e agora xa sabemos que tivo trece irmáns sendo un deles escultor, estudou Bellas Artes en Madrid, onde coñeceu a artistas e escritores como DALÍ ou GARCÍA LORCA. Viaxou tamén a París e alí comezou a súa etapa SURREALISTA. Foi tamén mestra de pintura e cerámica e estudou matemáticas e xeometría para aplicalos na súa obra. 
Ten moitos cadros interesantes e pintou diversas temáticas:  ELEMENTOS DA NATUREZA (Algas, caracolas, estrelas de mar, uvas, follas, flores), RETRATOS DE DISTINTAS RAZAS, MÁSCARAS, VERBENAS. En moitas das súas obras pódense apreciar FORMAS XEOMÉTRICAS con claridad.
Igual que FRIDA KAHLO, foi unha loitadora polos dereitos das mulleres e pola IGUALDADE e así o reflexaba nas súas obras.


Algúns videos interesantes sobre a súa vida e obra son os seguintes:

domingo, 3 de noviembre de 2013

BRUXA PIRUXA POLO SAMAIN!

Nos días previos á terrorífica noite de Samaín, cada neno/a trouxo unha cabaza da casa para decorala na clase. Nesta ocasión decidimos facer unhas BRUXAS PIRUXAS, para o cal utilizamos cartolina negra, témpera verde, alkil, plastilina branca, vermella e negra. Así de chulas lles quedaron aos pequechos!
BRUXA PIRUXA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

Despois festexamos o SAMAÍN na aula pintándonos a cara, prendendo candeas arredor das bruxas e degustando un delicioso PASTEL DE CABAZA por cortesía da avoa de ÁLEX C.
MOITÍSIMAS GRAZAS POLO PASTEL. ESTABA RIQUÍSIMO!!

MAGOSTO EN SOBRADA!

O pasado mércores, día 30 de outubro, celebramos por fin o MAGOSTO no noso cole! Despois de tanto esperar para que non chovera e poder ir ao Monte Aloia, ao final tivemos que facelo no patio do colexio pero non nos importou porque o pasamos... FENOMENAL!! As castañas estaban deliciosas e despois de degustalas tivemos unha xornada de xogos populares organizada pola profe Rosa na que o pasamos xenial!! Agradecer desde aquí a colaboración que, coma sempre, obtemos das familias aportando castañas para asar, piñas, pico e carozos para o magosto. GRACIÑAS! 
 
MAGOSTO 5 ANOS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo. ASÍ FIXEMOS A NOSA CAIXIÑA PARA AS CASTAÑAS:

UNHA BRUXA MOI ORIXINAL!

Fixádevos que fermosura de bruxa trouxo ÁLEX I. Fíxoa con MABEL, a súa mamá, e tiveron a amabilidade de traela á nosa clase para que adornara nestes días de Samaín!! Impresionante!! Menudos artistas!! Sabedes con que fixeron o corpo da bruxa? Sí, sí.... nada menos que cunha fregona!! Xenial!! Non lle falta detalle!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR ESTA ACHEGA!!

ENCÁNTANOS TER A ESTA SÚPER BRUXA CON NÓS!