jueves, 28 de marzo de 2013

RECEITAS CON MILLO: HUMITAS

O pasado venres, tivemos a sorte de recibir á mamá de Bruno: CAROLIN, que viu a facernos unha receita con millo: HUMITAS. Sabedes o que son? Eu tamén me quedei perplexa co nome pero son EMPANADILLAS DE MILLO, ATÚN E QUEIXO. O que pasa é que Carolin é de Uruguai e alí chámanse así. Fixádevos en todo o que aprendemos coas vosas visitas, papis e mamis! 
Unha vez máis, como se pode apreciar no video, os peques puxéronse as botas con esta receita!
MOITÍSIMAS GRAZAS, CAROLÍN POR FACER ESTA ESTUPENDA RECEITA CON NÓS E ENSINARNOS TANTO!

HUMITAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

INFANTIL PREPARA IOGUR CON FROITOS SECOS!

Este ano, con motivo do tema transversal que nos ocupa: "EDUCACIÓN PARA A SAÚDE", as xornadas culturais estámolas celebrando dun xeito especial. A semana pasada, desde o martes ata o venres tivemos durante o recreo varias DEGUSTACIÓNS. Poderíamos dicir que foi unha "semana gastronómica" e a verdade é que resultou xenial! Cada día, un ciclo encargouse de preparar a súa degustación pero tiña que ser PARA TODO O COLE! Imaxinádevos! Para 200 alumnos!! Ao ciclo de Infantil tocounos preparar o martes o seguinte: IOGUR CON CEREAIS E FROITOS SECOS (noces, cacahuetes, anacardos...) Así que nada máis chegar ás 9 da mañán, fomos ao cole grande a preparalo todo. Despois, no recreo, todos puideron disfrutar do riquísimo que nos quedou! 
Dende aquí AGRADECER unha vez máis ao SUPERMERCADO FROIZ da rúa CASAL ABOY de Tui a súa colaboración aportando moitos dos ingredientes utilizados. GRACIÑAS!!!
 
DEGUSTACIÓN IOGUR from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

VISITA DA PEDIATRA SILVIA

A semana pasada foi unha semana especial, chea de actividades para todos os nen@s do colexio, xa que comezaron as XORNADAS CULTURAIS en Sobrada! O luns visitounos unha pediatra do centro médico de Tui, SILVIA, que foi encantadora cos nenos e lles mostrou a importancia de alimentarse ben para conservar a nosa saúde. Aquí tedes algunhas fotos e un pequeno fragmento da súa charla. 
MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR, SILVIA!
TEMOS QUE COIDAR A NOSA ALIMENTACIÓN E COMER SAN E VARIADO!

PEDIATRA SILVIA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

martes, 26 de marzo de 2013

COELLIÑO DE PASCUA

Ola a tod@s, pequechos! Espero que esteades disfrutando moito das vacacións de Semana Santa, ainda que con este tempo... Por se estades na casa e queredes ver as últimas actividades que fixemos, aquí vos deixo unha delas: Un coelliño que fixemos con cartolina para celebrar a Pascua. Pasámolo pipa dándolle forma! 
COELLIÑO PASCUA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

miércoles, 20 de marzo de 2013

RECEITAS CON MILLO: AREPAS

O pasado venres, tivemos a gran sorte de contar, unha vez mais, coa colaboración dun papá para que nos fixera unha receita con millo. Esta vez foi ROBERTO, o papá de ALEXIA, que viu á nosa clase a facer AREPAS, un prato típico de Venezuela que consiste en mesturar fariña de millo blanco con auga tibia e amasar. Despois pásanse pola sarten e por último, métense no forno. Quedáronlle riquísimas e tiñan unha boa pinta... Os peques de infantil estaban entusiasmados e lles encantaron as arepas, que estaban recheas con xamón e queixo! Inmellorables!!
GRACIÑAS, ROBERTO, POR ENSINARNOS ESTA RECEITA E PARTICIPAR NA VIDA DA AULA!

AREPAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

lunes, 18 de marzo de 2013

COMO MEDRAN AS NOSAS PLANTAS!

A semana pasada, como nos quedaran algunhas plantiñas por plantar, puxémonos coas mans na terra e rematamos de plantar o que quedaba. Ademais plantamos MILLO! Como non! Temos moitas ganas de ver como dese granciño de millo que botamos na terra brota unha planta. Xa veremos que pasa!
PLANTANDO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

De momento, cada día é un descubrimento porque dende a primeira vez que plantamos e, despois dos nosos coidados, de regar, etc, as plantas medran cada día máis!! Velaquí tedes a proba:

FOTO COA PROFE PATRI!

A nosa profe de Audición e Linguaxe, PATRICIA, fíxonos unhas orellas para parecernos á gatiña FUFI. Así mentres aprendemos o fonema "F" divertímonos un montón.
A que estamos guapísimos? 
GRAZAS, PROFE PATRI! PASÁMOLO MOI BEN ESTE DÍA!

BENVIDA PRIMAVERA!

Xa que quedan un par de días para que remate o inverno e comece a estación das flores: A PRIMAVERA, aquí vos deixo un episodio de CAILLOU que fala desta estación do ano e unha canción.

domingo, 17 de marzo de 2013

CARREIRA SOLIDARIA EN GOIÁN

O mes pasado, o 28 de febreiro, o alumnado do colexio de Sobrada participou, xunto cos alumnos/as dos restantes centros de Tomiño na CARREIRA SOLIDARIA PARA AS VACACIÓNS EN PAZ, na que se recaudaron fondos para axudar aos nen@s saharauis a vir á Galicia. Foi unha marabillosa xornada de convivencia entre os colexios todos unidos por unha boa causa. Unha pena que da nosa clase de catro anos só puideran acudir 9 nen@s, porque a gripe, por desgracia, estivo moi presente nesa semana... De todos xeitos, pasámolo en grande: estivemos xuntos, corrimos moito, merendamos e, para rematar e repoñer forzas, tomamos un chocolate quentiño que estaba de vicio!
Os resultados foron inmellorables xa que só no noso colexio chegamos a recaudar a cifra de 658,14 euros!! Non está nada mal!! 
GRACIÑAS A TODOS OS PATROCINADORES E AOS PEQUES POLO SEU ESFORZO PARA CONSEGUILO!

CARREIRA SOLIDARIA DÍA DA PAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

sábado, 16 de marzo de 2013

CUMPLEAÑOS DE ALEXIA!

O pasado martes, día 12 de Marzo, foi o aniversario de ALEXIA, que cumpliu 5 anos! Celebrámolo por todo o alto cunha grande festa, tirón de orellas, música e cancións! Ela agasallounos con caramelos para todos. Pasámolo en grande! Aquí tedes a proba!
FELICIDADES, ALEXIA! XA TES 5 ANOS!!

lunes, 11 de marzo de 2013

RECEITAS CON MILLO: POLENTA

O pasado venres, ANA, a mamá de dúas nenas de Infantil: IRIA, da nosa clase e ALBA, de 3 anos, viu a facer uha receita con millo: POLENTA. Trátase dun prato orixinario do norte de Italia moi difundido na Arxentina, de onde ela é. Resultou unha experiencia moi proveitosa, xa que moleu o millo na clase e vímolo converterse en fariña. Que maxia! Despois ensinounos paso a paso a facer a POLENTA, unha especie de puré con sémola de millo, salsa de tomate e queixo. Delicioso!! Foi a primeira receita con millo que fixemos na clase pero coido que haberá algunhas máis grazas á colaboración e á axuda das familias, que sempre estades dispostas a pasar un anaquiño do voso tempo con nós.
 MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!
GRAZAS, ANA, POR ESTA FANTÁSTICA RECEITA!!
POLENTA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 10 de marzo de 2013

LA MUÑECA DE MAÍZ

LA LEYENDA DEL MAÍZ

CONTA COMIGO: VISITA DO PAPÁ DE IRENE

Una vez máis, esta semana, tivemos a sorte de recibir a outro papá que viu a nosa clase a contarnos un conto. Foi o papá de Irene, RUBÉN, e non trouxo un, senón catro contos! Cada un deles falaba dunha estación do ano e das peripecias dun osiño que aos peques lles gusta moito: WINNIE DE POOH. Pasámolo estupendamente!! 
GRACIÑAS, RUBÉN, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO E VIVIR ESTA EXPERIENCIA CON NÓS!

PALOMITAS DE MILLO

O pasado mércores, comezamos a degustar os produtos que mercamos no supermercado feitos con millo. O primeiro que quixeron probar os peques foron as PALOMITAS DE MILLO e, nesta ocasión, fixémolas no microondas pero tamén as faremos ó estilo tradicional, na tixola. Ademais degustamos entre todos unha bolsa de MILLO TOSTADO "MAICITOS" que nos encantou! 
Que rico está o MILLO!

lunes, 4 de marzo de 2013

UN CEREAL: O MILLO

Esta semana comezamos a falar dun cereal moi importante na nosa dieta: O MILLO. Imos coñecer máis a fondo este cereal e para iso servirémonos das enquisas cubertas polas familias dos pequechos que mandamos á casa antes do nadal e de moitos recursos atopados pola rede, ademais de libros, contos, adiviñas, poemas, cancións...
Algunhas páxinas interesantes son as seguintes. Pinchade nas imaxes!




NA AULA TAMÉN MERCAMOS!

Despois da visita ao supermercado Froiz, decidimos montar un pequena tendiña na clase. Os pequechos escollen o que queren mercar, pesan a froita e despois pasan pola caixa a pagar, claro! Igualiño que estando no supermercado, jeje.
Como nos gusta facer a compra! 
FACENDO A COMPRA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

sábado, 2 de marzo de 2013

VISITAMOS O SUPERMERCADO FROIZ!

O pasado mércores, 27 de febreiro, fomos de excursión a Tui para visitar o SUPERMERCADO FROIZ. Como este trimestre estivemos falando tanto dos alimentos, ANA, a mamá de NOÉ, que traballa alí, tivo a amabilidade de convidarnos a ir para coñecer ben como é un supermercado, en que zonas se divide e que productos podemos atopar nel.
Fixemos un percorrido polo súper da man de YOLI, a encargada da tenda, e ao chegar á FROITERÍA puidemos saudar á mamá de Noé, que nos ensinou todas as variedades de froitas que alí teñen. Ademais aproveitamos para facer a  compra e mercamos todos os alimentos feitos con millo que atopamos (tendo en conta que comezamos a estudar máis a fondo este cereal). Antes de marchar déronnos un gran agasallo e saímos de alí súper contentos coa nosa bolsiña azul.
AGRADECER moitísimo a boísima acollida que tivemos, a axuda que tivemos por parte de Yoli e de Ana para coñecer todas as dependencias da tenda, as explicacións, os agasallos... En definitiva, que foi unha xornada marabillosa e estivemos encantados/as de facer esta visita porque nos trataron moi pero que moi ben. Ao saír aproveitamos para visitar tamén a praza de abastos... Foi xenial!
GRAZAS, ANA, POR DARNOS A OPORTUNIDADE DE PODER VISITAR O FROIZ!
VISITA AO SUPERMERCADO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

viernes, 1 de marzo de 2013

REGANDO AS PLANTAS AROMÁTICAS

Aquí vos deixo unhas fotos dos peques regando as plantas que teñen ao seu coidado (e as dos peques que estiveron enfermiños esta semana e non puideron vir ó cole). Están mimándoas tanto que seguro que medran pronto!