Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso 12-13. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fin de curso 12-13. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de julio de 2013

FIN DE CURSO NO PATIO!

Aquí vos deixo algunhas imaxes do último día de curso. Festa, xogos e comilona!! Que ben o pasamos! Que nos deparará o vindeiro curso? Seguro que moitas novidades e sorpresas!!

FESTA NA CLASE!

Despois destes días sen escribir, xa botaba en falta actualizar o blog e, ainda que xa non haxa clase e os pequechos estén disfrutando das vacacións, quedan algunhas fotos dos últimos días do pasado curso por publicar. Por exemplo as do penúltimo día, o 20 de xuño, en que fixemos unha pequena festa de despedida na aula. Pasámolo de rechupete pero botamos moito de menos ao noso compañeiro ANXO, que esa semana estivo enfermiño e non puido asistir... Espero que agora xa estés moi ben, Anxo!!

lunes, 24 de junio de 2013

PARA IRENE...


Chegou a fin de curso e con el a triste noticia de que unha marabillosa compañeira xa non estará con nós no vindeiro ano: IRENE. Ímola botar MOITÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO DE MENOS!!!! Agarimosa, afable, boa, sensible, doce, traballadora e AMIGA! Tanto os nen@s como todo o profesorado que lle impartiu clase notaremos moito a súa ausencia pero desexámoslle TODO O MELLOR na súa nova andaina e esperamos que nos veña a visitar algún día. SEGURO QUE SÍ!!!
Esta é a nosa pequena homenaxe para unha GRANDÍSIMA ALUMNA!!!
IRENE, MOITA SORTE!! LEMBRARÉMONOS MOITO DE TÍ!!

IRENE from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.