lunes, 30 de diciembre de 2013

PAPÁ NOEL CHEGA A SOBRADA!

A estas alturas, en moitas das vosas casas haberá indicios do paso de Papá Noel na noite do 24 de decembro... Pero en Sobrada tivemos a sorte de recibilo antes! O día 20 apareceu con Rudolf e o seu trineo cargadiño de caramelos e cun buzón enorme para recoller as cartas que os pequechos lle tiñan preparadas! Foi emocionante velo chegar e quedamos encantados coa súa visita! Que boíño é Papá Noel e que ben se porta con nós! 
VISITA PAPÁ NOEL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

VISITANDO A EXPOSICIÓN DE INVERNO!

Na última semana de cole, antes das vacacións de Nadal, e despois de ter escoitado a todos os nenos e nenas que confeccionaron coas súas familias cadanseus espectaculares traballos para a EXPOSICIÓN DE INVERNO, fomos visitala para coñecer outros traballos feitos polo alumnado e familias do colexio. Quedamos abraiados das cousas que se fixeron, uns traballos preciosos e todos, como sabedes, baixo a temática: "TECENDO UN MUNDO NA IGUALDADE" Gustáronnos moitísimo!

Exposición de inverno 2013: Tecendo un mundo na igualdade from ceip sobrada on Vimeo.

viernes, 20 de diciembre de 2013

TRABALLOS DAS FAMILIAS PARA A EXPOSICIÓN DE INVERNO!

Como todos os anos, por estas datas, pedimos a colaboración das familias unha vez máis, aportando traballos manuais feitos na casa con materiais de refugallo para a EXPOSICIÓN DE INVERNO baixo a temática do tema transversal que nos ocupa este curso: A EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE OS SEXOS. Teño que dicir que foron IMPRESIONANTES os traballos expostos! E para mostra, aquí tedes os que trouxeron na nosa clase máis unha explicación de cada neno/a sobre a súa confección.
 ALUCINANTES! MOITÍSIMAS GRAZAS, FAMILIAS!!
TRABALLOS FAMILIAS NADAL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

jueves, 19 de diciembre de 2013

ADORNOS DE BARRO PARA A ÁRBORE DE NADAL!

Nestes últimos días do trimestre, aproveitando que nos encanta xogar coa arcilla, manipulala e traballar con ela, fixemos uns adornos navideños para levar para casa e decorar a árbore de nadal. Primeiro amasamos o barro e utilizamos uns moldes navideños para darlles forma aos adornos. Cando secaron pintámolos e puxémoslles purpurina! Como nos gustou esta actividade! 
FIGURAS NAVIDEÑAS BARRO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

miércoles, 11 de diciembre de 2013

VEDOQUES DE NADAL!

Aquí vos deixo uns xogos da páxina VEDOQUE sobre o NADAL. Para xogar e divertirse nestas máxicas datas. Fai clic nas imaxes! 

http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=NavidadVedoque


http://www.vedoque.com/juegos/navidad-divertida.html

domingo, 8 de diciembre de 2013

MANUALIDADES COA MAMÁ DE ANXO!

O pasado venres, día 5 de decembro, tivemos a gran sorte de recibir unha visita moi especial. BELÉN, a mamá de ANXO, viu a nosa clase para facer un taller de manualidades cos nen@s. Como estanse achegando as esperadas datas de Nadal, pensou en que cada nen@ fixera un bonito BROCHE DE PAPÁ NOEL e, explicándolles paso a paso o que tiñan que facer, mirade o resultado! Estes pequechos van a estar impresionantes con cadanseu broche na solapa este Nadal! 
 MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR NA AULA, BELÉN E ENSINARNOS TANTAS COUSAS!  PASÁMOLO XENIAL!
 Compróbase, unha vez máis, a ARTISTA que levas dentro!
BROCHE PAPÁ NOEL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 1 de diciembre de 2013

FERMOSAS ESCULTURAS!

Como estivemos traballando a ESCULTURA, esta semana fixemos varias cousas utilizando materiais como o barro ou a plastilina. Con barro fixemos adornos para a árbore de nadal, que están secando para podelos pintar. Con plasti fixemos esculturas imitando a JOAN MIRÓ, o escultor catalán. Mirade que bonitas lles quedaron!
ESCULTURAS PLASTILINA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

Ademais, ANXO trouxo unha escultura chulísima feita polo seu avó e ensinóunola a todos! Que preciosidade de carro!

HORA DE LER: SEGUIMOS CON CONTACONTOS!

Unha vez máis, esta semana pasada, tivemos a sorte de contar con máis nen@s de 3º para vir a contarnos contos á nosa clase durante a hora de ler que temos todos os días despois do recreo. Somos afortunados de contar en Sobrada con alumnado tan disposto a vir ás outras aulas a ler. 
MIL GRAZAS DE NOVO!!