viernes, 25 de mayo de 2012

SUSA HERRERA, CANTACONTOS

O mércores tivemos unha visita moi especial, recibimos a SUSA HERRERA por cortesía da editorial EDELVIVES. Con Susa vivimos momentos máxicos: rimos, cantamos, soñamos, bailamos... de todo!  Descubrimos que os contos TAMÉN SE CANTAN!! Síí! Impresionounos a todos coa súa peculiar maneira de presentar aos distintos animais que podemos atopar no seu último traballo: "ANIMAIS ENCANTADORES", que vos recomendo desde aquí e... para que sexades testemuñas do ben que o pasamos con esta actividade aquí van unhas fotos e un video de Susa Herrera en plena acción cos peques. Xenial! Grazas, Susa!

domingo, 20 de mayo de 2012

CONTACONTOS DE KALANDRAKA

O mércores pasado, dentro do programa das Xornadas Culturais, recibimos á galega OLALLA GONZÁLEZ, escritora e contacontos e ó suízo MARC TAEGER, ilustrador. Ambos viñeron á nosa biblioteca por cortesía da editorial KALANDRAKA, de contos infantís, e pasámolo en grande con eles. Mentres Olalla contábanos varios contos (GARABANCIÑO), Marc ilustrábaos facendo debuxos que nos deixaron marabillados!

UN AGASALLO PARA A FAMILIA!

Como xa vos comentara, o pasado día 15 festexamos o DÍA DA FAMILIA. Todos os peques falaron das súas respectivas familias aos demais e lembramos, tamén, que o día 30 van a vir os seus avós para recibir unha merecida homenaxe! Para celebrar como é debido este día tan especial, unha semana antes da data comezamos a facer unha rá para agasallar cadaquén, a súa queridísima FAMILIA.
E traballando tanto como traballaron... así de bonitos quedaron estes "pisapapeis rás":

CONFERENCIA SOBRE MASCOTAS

Comezaron as XORNADAS CULTURAIS no noso cole, o cal quere dicir que durante a última quincena de maio, no cole grande recibimos a persoas que veñen a ofrecernos algunha charla, conferencia u obradoiro interesante. O pasado martes, Valeria e Javi, viñeron a falarnos (a todos os ciclos) do COIDADO DAS MASCOTAS, centrándose sobre todo no coidado dos cans: cando lle debemos dar de comer e beber, como sacalo a pasear, como tratalo... Aquí vos deixo algunhas fotos da conferencia e se visitades o blog do cole poderedes ver un video da charla.

viernes, 18 de mayo de 2012

A AUGA EN ÁFRICA: VISITA DE MARCOS E MONTSE

O xoves, día 10 de maio, tivemos a gran sorte de recibir a MARCOS e a MONTSE, unha parella amiga que hai poucos meses estivo de safari por ÁFRICA. Alí puideron ver de cerca ós animais salvaxes e exóticos do lugar e convivir con tribus coma a dos MASAIS. 
Tamén foron testemuñas directas da escasez de auga que exite en África debido ao excesivo calor e ao pouquiño que chove.  Contáronnos o uso que alí faise da auga, como fan para racionala, para bañarse, para ir a recoller auga, para lavar os platos, etc. Ademais, na súa estancia en Kenia, visitaron a escola da tribu Masai, as súas casas, faláronnos dos seus costumes e trouxeron moitas fotos, co cal a súa charla resultou interesantísima para os nen@s.
A continuación, déixovos coa selección de fotos da súa viaxe que eles fixeron para mostrarlle aos nen@s:
Non teño palabras para agradecer toda a súa boa disposición para vir á nosa aula a ofrecernos esta marabillosa conferencia! GRACIÑAS, de corazón!!

martes, 15 de mayo de 2012

15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA

Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas no ano 1993 como medio para crear conciencia acerca das cuestións relacionadas coa familia.
A familia é un dos vínculos afectivos máis poderosos. É o elemento máis importante da sociedade humana, onde os nen@s crecen e son educados, onde deben recibir amor, coidados e protección, ademais dunha formación integral coma seres humanos. Porque a FAMILIA, en todas as súas formas, é o máis importante que temos e debemos coidala e mimala SEMPRE, aquí vos deixo unha receita que atopei no blog DÍAS DE COLE, que me gustou moito:


FELÍZ DÍA, FAMILIAS!

viernes, 11 de mayo de 2012

FACENDO SONS COA AUGA

No seguinte video, unhas mulleres africanas utilizan marabillosamente as súas mans para facer música e sons coa auga do mar. Ademais, cantan bailan ao ritmo dos seus sons!  IMPRESIONANTE!! Invítovos a que os vexades:
 Nós quixemos imitalos na aula cos medios dos que dispomos, claro!, e fixemos soar a auga utilizando varios instrumentos: unha botella, as nosas mans, soplido con palliñas...
Que ben o imos pasar este verán cando nos bañemos no mar!!

Disfrutamos un montón xogando ca auga!

jueves, 10 de mayo de 2012

A QUE CHEIRA A AUGA?

Avanzando un chisquiño máis nas nosas investigacións sobre a auga, intentamos dar resposta a esta pregunta: "A QUE CHEIRA A AUGA?". Para non estar condicionados polo sentido da vista e usar só o noso naríz, nada mellor que tapar os ollos cun pano e intentar adiviñar a que cheiran certas cousas: os bós cheiros, os cheiros "raros" e aquilo que "non cheira". Que será? Será a AUGA a que "non cheira"?

domingo, 6 de mayo de 2012

FLOTACIÓN: NA AUGA TODO FLOTA?

A semana pasada, enchimos unha caixa grande de auga e fixemos experimentos de flotación. Preguntabámonos se todas as cousas podían flotar ao botalas na auga ou se, pola contra, afundirían...
Novamente, "probando" e "facendo" chegamos a máis conclusións sobre o tema da auga:

FACEMOS UN XILÓFONO COA AUGA

Cada día descubrimos máis cousas sobre a auga. Despois de coñecer que non ten cor nin sabor, quixemos investigar sobre si a auga podía soar. Houbo distintas opinións, algúns dicían que sí pero só na praia porque as olas do mar fan un bonito e relaxante son e outros dicían que non porque a auga se estaba quieta non soaba e... pensando, pensando.... ocurríuxenos facer un pequeno XILÓFONO DA AUGA.

CONFERENCIA DOS NEN@S DE 6º

O venres pasado, en lugar de ter talleres, un grupo de nen@s e nenas de 6º de primaria déronnos unha conferencia que nos encantou. Como sabedes, este mes celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de Maio), este ano adicado a un autor pontevedrés: VALENTÍN PAZ ANDRADE. Pois ben, eles disfrazáronse e acompañados dun power point faláronlles aos nen@s de infantil deste día, do escritor homenaxeado e doutros importantes escritores galegos coma Rosalía de Castro.


Moitísimas grazas por preparar esta charla para nós!

miércoles, 2 de mayo de 2012

Y LLOVERÁ...

Unha canción chulísima do grupo "Siempre así" para os peques moi axeitada para estes días chuviosos...

martes, 1 de mayo de 2012

CHOVE NA NOSA AULA!

Parece mentira, verdade? Pois si, con isto de estudar a auga e aproveitando que estamos coñecendo en qué consiste o CICLO DA AUGA, ocurríusenos facer unhas nubes con choiva para decorar a nosa aula e ambientala acorde con noso proxecto. Ademais estamos creando un novo recuncho na clase adicado á AUGA e nel podemos atopar toda a información que temos para investigar: libros e contos da biblioteca e materiais aportados polas familias. Utilizarémolo tamén para facer un rexistro do que vamos aprendendo sobre o tema. Cando o teñamos rematado xa volo ensinaremos. Graciñas por colaborar con tantas cousas! 
ASÍ FIXEMOS AS NOSAS NUBES:

A QUE SABE A AUGA?

Despois de coñecer que a auga é transparente e que non ten cor, agora quixemos dar un paso máis no noso proxecto e falar un pouquiño do seu sabor. Certo é que estamos fartos de beber auga, dende que nacemos pero... parámonos a pensar algunha vez sobre o sabor que ten? En realidade, a que sabe? Pois ben, primeiro fixémonos estas preguntas e para tratar de dárlles resposta fixemos outro experimento:  Probar a auga en sí, sola, e tamén probala mesturada con diferentes sustancias coma cola cao,  limón, sal ou azucre...Tiñamos que adiviñar o seu sabor e, de seguido, chegamos a unha conclusión unánime: A AUGA NON TEN SABOR, pero sí que o ten se a mesturamos con algo. Velaquí tedes a proba das nosas investigacións: 

Ademais fixemos xelatina de fresa coa auga e comprobamos como, dun día para outro, mudaba de líquida a sólida. Tivemos que esperar a que enfriara na neveira pero pagou a pena porque estaba riquísima.