miércoles, 30 de octubre de 2013

CONTA COMIGO: VISITA DO PAPÁ DE SILVIA!

Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa clase a MIGUEL, o papá de SILVIA que, moi amablemente, ofreceuse a contarlles uns contos aos pequechos. Viu acompañado da irmanciña de Silvia: CARLA e puidemos comprobar o grandiña e bonita que está! Dentro de nada estará correteando pola clase porque o tempo pasa...voaaaando!
Pasámolo moi ben con esta visita e SILVIA e TANIA (a súa prima) estaban ilusionadísimas! Miguel contounos dous contos de animais que lles encantaron!!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR, MIGUEL, E FACERNOS PASAR UN RATO TAN XENIAL!!

domingo, 27 de octubre de 2013

A BRUXA REGAÑADENTES

Achegándose a noite de SAMAÍN, un conto moi apropiado pode ser este: A BRUXA REGAÑADENTES.

RECURSOS PARA SAMAÍN



XOGA A FORMAR PARELLAS (fai clic na imaxe)

CREA MONSTRUOS (fai clic na imaxe)

PINTA UNHA CABAZA (fai clic na imaxe)

UN CONTO PARA SAMAÍN

O xoves desta semana, ANXO trouxo dous contos preciosos feitos por él maila súa mamá. Un sobre un muíño e unha cascada e outro sobre unha cabaciña e un espantallo chamado PEPÍN. Hai que ver a imaxinación e arte que tivo esta familia para facer uns contos tan divertidos! Pasámolo xenial e ademáis con marionetas!!! Unha pasada!!
MOITÍSIMAS GRAZAS, BELÉN E ANXO, POR AGASALLARNOS CON ESTE CONTO TAN ORIXINAL!

ÁRBORE DE OUTONO

Hai unhas semanas estivemos preparando unha árbore grande para decorar o noso percheiro. Con papel de embalar, papeis de xornais e témperas, fixemos entre todos unha fermosa árbore de outono que, segundo vaiamos achegándonos a outras épocas do ano, encherémola de follas, flores e froitos. De momento, como estamos en outono, fica coas pólas peladas. Mirade canto traballamos no recanto da pintura!
ARORE DE OUTONO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

lunes, 21 de octubre de 2013

CONTACONTOS: VISITA DE ANDREA, A IRMÁ DE TANIA!

Hoxe recibimos unha visita moi especial e moi esperada na biblioteca do noso cole. ANDREA, a irmá de TANIA e prima de SILVIA viu acompañada de NOA e MARTA para contarlles un conto aos pequechos da nosa clase! Entre as tres, que cursan 3º de primaria no noso cole, contáronnos o conto: "RATO DE CAMPO E RATO DE CIDADE" e fixérono estupendamente! Marabilloso!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR FACERNOS ESTE AGASALLO, CHICAS!
PASÁMOLO PIPA COA VOSA VISITA!!!

domingo, 20 de octubre de 2013

CARICATURA DOS ROLES DE XÉNERO

Para reflexionar...

ENTREVISTAMOS A FRIDA KAHLO!

Parece imposible, verdade? Pois sí, o pasado xoves entrevistamos a FRIDA KAHLO!! Como o fixemos? Moi sinxelo: usando a imaxinación! O noso compi HUGO prestouse a ser FRIDA durante uns minutos mentres os demais lle facían preguntas sobre a súa vida e obra. Aquí tedes un anaco da entrevista:
ENTREVISTA A FRIDA KAHLO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

sábado, 19 de octubre de 2013

WOMEN IN ART

Mirade que video máis fantástico! 500 anos de mulleres retratadas. Fermoso! 

COMPOSICIÓN E DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS


Estamos repasando os números e utilizando as REGLETAS para comezar a realizar operacións de cálculo dun xeito manipulativo. As REGLETAS CUISSENAIRE son un material matemático para que os nenos/as aprendan a composición e descomposición dos números. Son 10 con tamaños e cores diferentes e cada regleta equivale a un número determinado. Con elas aprendimos a chegar a un número utilizando diferentes composicións de regletas. 
Pasámolo moi ben!   
XOGANDO COAS REGLETAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

Na casa tamén podes xogar a compoñer e descompoñer números coas regletas. Aquí vos deixo unha ligazón á páxina de regletasdigitales (Fai clic na imaxe).

jueves, 17 de octubre de 2013

FIXEMOS AS PALOMITAS!

Onte, BELÉN a mamá de ANXO, deixounos de novo a súa "palomitera". Lembrades que cando degustamos os froitos de outono non puidemos facer as palomitas porque algo fallou?. Pois foi un erro da profe, como non! Prendín o aparello antes de botar o millo e ten que facerse ao revés. Por sorte, repetimos a experiencia e desta vez saíu ben. Esperamos pacientemente e comprobamos como o millo transformábase en palomitas!! Xenial! Estaban RIQUÍSIMAS!!! 
MOITÍSIMAS GRAZAS, BELÉN!!!

lunes, 14 de octubre de 2013

CELEBRAMOS O CUMPLEAÑOS DE SILVIA!

Hoxe, 14 de outubro, estivemos de festa! Celebramos o aniversario de SILVIA, que cumpliu 5 anos! Que sorte tivemos de ter dous cumples en menos dunha semana! Trouxo caramelos para tod@s e pasámolo pipa cantando e disfrutando deste gran día con ela! 
MOITOS PARABÉNS, SILVI!

sábado, 12 de octubre de 2013

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE FRIDA!

Seguimos recibindo moitos recursos de arte e informacións por partes das familias. 
MOITÍSIMAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!!


ZAMBA COÑECE A FRIDA KAHLO

Debuxos animados sobre FRIDA KAHLO para os nen@s. 
ZAMBA VISITA O MUSEO DE BELLAS ARTES:

TÉCNICAS PLÁSTICAS: A ESTAMPACIÓN

Esta semana exercitamos a técnica plástica da ESTAMPACIÓN. Para estampar pódense utilizar todo tipo de materiais, pero nós escollimos as VERDURAS: PEMENTOS, PORROS, PEPINOS, CENORIAS E PATACAS. Cortámolas e anacos, mollámolas en témpera e a disfrutar!!
 
ESTAMPACION from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

viernes, 11 de octubre de 2013

FRIDA KAHLO: PINTORA MEXICANA


"Pinto Autorretratos porque estoy gran parte de mi tiempo sola, porque soy la persona a quien mejor conozco"

FRIDA KAHLO é a primeira das mulleres artistas que imos a traballar. Unha pintora mexicana que representou un icono da cultura do seu país e do seu pobo. Estou segura que para os nenos/as vai a ser moi motivador coñecer a súa obra, na súa maioría autorretratos que reflexan a súa historia persoal. Naceu en Coyoacán (México), tivo 3 irmás e viviu nunca casa azul. Desde pequena mostrou unha grande personalidade, a súa loita pola vida ao superar unha poliomielitis cando era nena e as secuelas que lle deixou un grave accidente de autobús cando ela tiña 18 anos marcaron o resto da súa vida. Postrada nunha cama durante varios meses, comezou a pintar acuarelas a través das cales expresaba o seu mundo interno, os seus sentimentos, emocións, e pensamentos máis profundos. Pintou sobre todo autorretratos (pintábase a sí mesma rodeada das cousas que eran importantes para ela e as que lle causaban dor).
Casouse cun famoso pintor de fermosos murais: DIEGO RIVERA que sempre a animou para que dera a coñecer o seu gran talento.
Foi unha muller loitadora e a primeira artista mexicana que logrou expoñer unha das súas obras no MUSEO DE LOUVRE.
"Pies para que os quiero si tengo alas para volar"

DOCUMENTAL SOBRE A SÚA VIDA:

FRIDA, EXTRAORDINARIA PINTORA:
A CASA DE FRIDA KAHLO - A CASA AZUL:


VISITA VIRTUAL Á CASA DE FRIDA (fai clic na imaxe)

miércoles, 9 de octubre de 2013

CELEBRAMOS O CUMPLE DE ÓSCAR!

Onte, día 8 de outubro, ÓSCAR cumpliu 5 anos!! Por suposto celebrámolo con moitas ganas, xa que foi o primeiro cumpleanos deste curso. Trouxo caramelos para tod@s e non se nos esqueceu darlle o tirón de orellas tradicional!! 
MOITOS PARABÉNS, ÓSCAR!

CONTACONTOS NA NOSA AULA: VISITA DE LUZ, A IRMÁ DE GISELA

Como xa sabedes, o ano pasado recibimos a visita duns contacontos moi especiais: as mamás e papás dos pequechos. Este ano xurdiu a posibilidade de que na hora de ler da que dispoñemos todos os días (de 20 minutos cada unha)acuda á nosa aula algunha irmá ou irman dos nen@s para contarlles un conto algúnha vez, co permiso do seu titor/a. Por suposto estades tod@s convidados a repetir a experiencia do ano pasado e incluso se algún irmán xa non estuda no noso cole pero quere vir, NÓS ENCANTADOS!!! A primeira en vir foi LUZ, a irmá de GISELA, que estuda 4º de primaria e tivo a amabilidade de contarnos o conto "DÍ POR FAVOR". Leuno xenial! Unha contacontos profesional!!! Impresionante!! Quedamos encantadísimos coa súa visita! 
 Quen se animará para a próxima vez?

domingo, 6 de octubre de 2013

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO!

O venres tivemos FESTA DE OUTONO! Xuntamos as mesas, colocamos os manteis individuais e disfrutamos probando os froitos que trouxera Anxo! Ademais, fixemos zume de laranxa!!! Primeiro preparamos as pipas na tixola cunha pouca auga e sal, despois abrimos as noces para probalas e intentamos facer palomitas cunha "palomitera" que nos deixou Belén, a mamá de Anxo, pero non sabemos que puido pasar porque non nos saíron. Seguramente botamos pouco millo pero haberá que probar outro día... Iso sí, brindamos un montón, jeje
DEGUSTACIÓN FROITOS OUTONO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

sábado, 5 de octubre de 2013

ARÓN E DESI TAMÉN TROUXERON LIBROS DE ARTE!

Pero que sorte temos! Entre tod@s estamos contruíndo un recunchiño da ARTE moi xeitoso na nosa aula. Esta vez, foron ARÓN e DESIRÉE os que trouxeron varios libros de arte onde aparecen pinturas e esculturas que xa coñecemos coma a MONA LISA de LEONARDO DA VINCI, o PENSADOR de RODIN ou o GRITO de MUNCH! E moitas máis que seguiremos coñecendo!

MOITÍSIMAS GRAZAS POLAS APORTACIÓNS, FAMILIAS! 
 Son imprescindibles para seguir investigando!!!

DANI TROUXO ACUARELAS!

Onte DANIEL trouxo unhas acuarelas pintadas pola súa mamá!! MENUDA ARTISTA! Unhas obras fermosísimas que nos encantaron a todos! Aquí tedes as fotos do momento en que as ensinou na clase e nos explicou o significado de cada pintura: ata estaba carapuchiña vermella agochada detrás dunha árbore nunha delas! Nós tamén imos a pintar con acuarelas! A experimentar!! MIL GRAZAS POR ESTA ACHEGA Á MAMÁ DE DANIEL. SON UNHA CHULADA!

COÑECEMOS A ALBERTO ROMER!

O noso compañeiro Anxo tróuxonos información dun ESCULTOR de Tui marabilloso que ademais é o tío do seu papá. Trátase de ALBERTO ROMER. Esta semana viu á clase cun artigo do xornal que falaba dunha "MUIÑEIRA" moi fermosa que esculpiu en pedra no alto do mirador do TRIPES! Tamén trouxo un libro sobre a súa obra: "DENDE O MONTE ALOIA". Que sorte ter artistas tan bos na nosa contorna!

GRACIÑAS Á FAMILIA DE ANXO POR ACHEGÁRNOLO!


ANXO TROUXO FROITOS DE OUTONO PARA TOD@S!

Esta semana, ANXO apareceu cunha gran cesta cheíña de FROITOS DE OUTONO: CASTAÑAS, ABELÁS, PIPAS, MILLO, CABAZAS...Unha morea de froitos!! Ensinoulla aos compañeir@s e entre tod@s decidimos probar as castañas asándoas no forno que temos na clase. Mentres se facían as castañas e aproveitando que non chovía, saímos a recoller follas e piñas para facer un mural nos vindeiros días e ata xogamos ao xogo "CASTANIÑA POR DETRÁS, TRIS TRAS". Despois, puxémonos as botas coas castañas e xa tocou o timbre para marchar para casa! 
MOITÍSIMAS GRAZAS ANXO!!
 
FROITOS OUTONO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

jueves, 3 de octubre de 2013

A PEPPA PIG GÚSTALLE PINTAR!

PEPPA PIG PINTANDO UN CADRO: PEPPA PIG NO MUSEO:

MONA LISA NO MUSEO DE LOUVRE

Esta semana comezamos a falar de PINTURA dentro do noso proxecto sobre a ARTE. Entre todos valoramos que clase de útiles precisaría un pintor ou pintora para facer unha obra e tamén falamos de tres tipos de cadros a coñecer: O RETRATO, o BODEGÓN e a PAISAXE. Fomos á aula de audiovisuais para buscar información na internet. Buscando sobre o RETRATO apareceu curiosamente o famoso cadro da GIOCONDA de LEONARDO DA VINCI. Enseguida a recoñeceron!! É a MONA LISA!!! -dixeron. Eu quedei pasmada! Pero contáronme que o sabían polos debuxos de "AGALLAS, EL PERRO COBARDE". En definitiva, que buscamos o video do capítulo no que fala da Monalisa e grazas a el puidemos coñecer ademais outros cadros famosos (coma o dos reloxos de DALI) e incluso esculturas como a do "PENSADOR", todos eles expostos no museo parisino de LOUVRE. Estes nen@s nunca deixaran de sorprenderme!