sábado, 31 de enero de 2015

DESCUBRINDO O MUNDO DO CIRCO!

Neste 2º trimestre comezamos ademais cun proxecto de investigación moi bonito e atractivo para os nenos e nenas: o mundo do CIRCO. Como sabedes, cada ano no ceip de Sobrada planificamos os proxectos e actividades tendo en conta un tema transversal determinado. Este curso trátase do TEMPO DE LECER e... que mellor que xestionar o noso tempo de lecer acudindo a unha función circense?
Pois ben, como cada vez que se comeza un proxecto, pedimos a colaboración das familias aportando materiais que tiveran na casa sobre o tema: fotos, contos, libros, películas, disfraces, perrucas... Todo vale!! E a verdade é que aportaron moitísimas cousas, desde fotografías dunha función de circo ata disfraces e animais de xoguete! Co cal, temos un recuncho na nosa aula adicado ao circo co que estamos entusiasmados! Disfrazámonos, contamos contos, e cada día iremos aprendendo algo máis sobre o mundo do circo. Así de ben o pasamos!

MIL GRAZAS, FAMILIAS, POR TODOS OS MATERIAIS APORTADOS!!


COMO TRABALLAN ESTES NEN@S!

Estas son algunhas das fotos que lles tomei aos nenos/as mentres estaban "enfrascados" no seu traballo. Prepararon a caixiña para gardar as súas pinturas e materiais e fixeron algunhas fichas. Portáronse moi ben! Dádelle ao play!

UNHA NOVA ANDAINA! COMEZAMOS!!

Ola a tod@s de novo! Por fin escribo no blog despois de tanto tempo! Intentarei mantelo actualizado como se merece a partir de agora, que xa me incorporei ao colexio. Comezo cun marabilloso grupo de 12 nenos e nenas de 3 anos, co que espero pasar moitas e fantásticas experiencias e contárvolas a vos, como veño facendo desde hai 3 anos nada menos. Desde aquí un agarimoso recordo para os pequechos que agora están en 1º (É inevitable botarvos tanto de menos... pero alégrame moito que vos vaia moi ben) e unha calorosa benvida aos novos 12 membros da nosa aula de 3 anos!!