lunes, 28 de noviembre de 2016

VISITA DA MAMÁ DE XURXO!

O pasado luns recibimos una visita moi especial: VANESA, a mamá de XURXO, viu a facer con nós un "SEMÁFORO DE GALLETAS". Cada neno/a coa súa axuda fixo un semáforo utilizando galletas, crema de cacao y lacasitos. Quedaron preciosos e sobre todo: deliciosos!!! Mmmm!!! Despois contounos un conto chulísimo sobre un semáforo que, tendo en conta que estamos inmersos na EDUCACIÓN VIAL, agradecemos moitísimo!!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR FACER ESTA RECEITA CON NÓS, VANE!

domingo, 23 de octubre de 2016

MAGOSTO NO MONTE ALOIA

O pasado xoves, día 20 de outubro, visitamos o Monte Aloia para celebrar a festa do MAGOSTO! Primeiro estivemos na Casa Forestal do Monte, onde nos falaron das especies animais e vexetais que podemos atopar alí. Despois xuntámonos cos demais cursos do colexio para degustar as castañas asadas e xogar no parque. Disfrutamos moito!!

jueves, 6 de octubre de 2016

RECURSOS INTERACTIVOS ED. VIAL

Aquí tedes dous enlaces interesantes sobre EDUCACIÓN VIAL. Só tedes que facer clic nas imaxes e... a xogar!
http://aprendeeducacionvial.es/aprendeeducacionvial/inicio.swf 

http://aprendeeducacionvial.es/videos.html

CUMPLE DE YAISA!

O pasado día 4 de outubro foi o aniversario de YAISA! Celebrámolo na aula cunha gran festa como se merece. Aquí tedes as fotos do ben que o pasamos!

CUMPLE DE FERNANDA!

O pasado 9 de setembro foi o aniversario de FERNANDA, que xa cumpliu 5 anos! Así o celebramos días máis tarde na aula: Pasámolo xenial!

jueves, 29 de septiembre de 2016

ESTE É O NOSO HORARIO!

IMAXES DO PRIMEIRO DÍA

NOVO CURSO ADICADO Á ED. VIAL!

Xa estamos aquí de novo ! Neste curso arrincamos cun tema moi chulo! A EDUCACIÓN VIAL. Temos moitas novas, unha delas é que temos a sorte de contar cun novo compañeiro: RUBÉN. BENVIDO Á NOSA AULA! Ímolo pasar moi ben!
Aquí vos deixo unha canción que lles encanta aos pequechos!

miércoles, 15 de junio de 2016

EXCURSIÓN AO ZOO!

O día 2 de xuño fixemos unha excursión a VIGOZOO. Pasámolo moi ben vendo as distintas clases de animais que alí hai. Vimos de todo: serpes, insectos, cabaliños de mar, tartarugas, aguias, león, tigre, oso, morcegos, parrulos, xabarins e ata lobos! Tamén asistimos a unha sesión no planetario que resultou moi interesante. Aquí tedes as fotos do ben que o pasamos.

lunes, 13 de junio de 2016

VISITA DA MAMÁ DE FERNANDA!

O venres recibimos a visita de CRISTINA, mamá de FERNANDA, que viu á nosa clase a ensinarlles aos peques a facer PALMERIÑAS! Foi unha receita moi sinxela e divertida para eles, xa que viron como a masa se convertía nun corazón enseguida, unha vez metida no forno. Estaban deliciosas!
 MOITÍSIMAS GRAZAS, CRISTINA, POR ENSINARNOS ESTA RIQUÍSIMA RECEITA!

domingo, 12 de junio de 2016

VISITA DA MAMÁ DE JAVI!

O pasado xoves recibimos a visita de ANA, a mamá de JAVI, que viu facer unha manualidade cos nenos/as utilizando tapóns reciclados. Resultou unha actividade moi axeitada tendo en conta o tema transversal que nos ocupa este ano: a EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL e divertiunos moito! Entre tod@s fixemos unha serpe mooooi longa utilizando os tapóns. Pasámolo xenial!
MOITÍSIMAS GRAZAS, ANA, POR VIR Á NOSA AULA A FACER ESTA ACTIVIDADE TAN CHULA!

domingo, 5 de junio de 2016

FALAMOS DO UNIVERSO AOS MAIORES!

O xoves da semana pasada fomos de visita á aula de 6º para falarlles aos nenos/as maiores do proxecto que estudamos no 2º trimestre: O UNIVERSO, como xa fixeramos co alumnado de 5º de Primaria. Levamos a nosa presentación e algúns dos nosos traballiños para ensinárllelos. Eles portáronse súper ben, escoitando moi atentos e, cando rematamos tiñan unha sorpresa para nós. Unhas chuches riquísimas!! 
 MOITÍSIMAS GRAZAS, NEN@S DE 6º E PROFE TONECHO!

domingo, 29 de mayo de 2016

UN XILÓFONO CON AUGA!

Neste trimestre estamos estudando cousiñas sobre a auga e experimentando con ela. Fixemos un xilófono moi especial enchendo vasos con diferente cantidade de auga e tinguíndoa de diferentes cores. Que chulada! 

jueves, 26 de mayo de 2016

CELEBRAMOS O CUMPLE DE CLAUDIA!

O pasado xoves día 19 de Maio foi o aniversario de CLAUDIA e celebrámolo na aula cunha gran festa! Con este cumple rematamos as celebracións de aniversarios ata o vindeiro curso. Claudia trouxo caramelos para todos e disfrutaron moito. 
PARABÉNS, CLAUDIA!

miércoles, 18 de mayo de 2016

VISITA DA MAMÁ DE ADRIÁN!: MANUALIDADE CON POMPÓNS

O pasado mércores recibimos outra visita moi esperada! BEGOÑA, a mamá de ADRIÁN, ofreceuse a vir á nosa aula a facer unha manualidade cos nenos/as. Resultou moi entretida e divertida para eles, ademais de instructiva, xa que aprenderon a facer pompóns e, unha vez feitos, convertilos nuns animais moi chulos! Cada un fixo o seu e houbo de todo: pitiños, porquiños, buhos, ovellas, vacas...
Foi xenial este obradoiro! Dende aquí agradecerche, BEGOÑA, todo o tempo que adicaches tanto aos preparativos  como a actividade na clase.
 OS PEQUECH@S DISFRUTARON MOITÍSIMO!
MIL GRAZAS, BEGOÑA!

domingo, 8 de mayo de 2016

VISITA DA MAMÁ DE CLAUDIA!

A semana pasada, tamén recibimos a visita doutra mamá: CONCHI, nai de CLAUDIA, que viu tamén a contarnos outro conto moi interesante: "A VODA DOS RATOS". Coma sempre que acude á nosa aula un familiar, pasámolo requeteben!!
MOITÍSIMAS GRAZAS, CONCHI!

VISITA DA MAMÁ DE YAGO!

O pasado mércores recibimos a visita de YOLANDA, a mamá de YAGO, que viu a contarnos un conto moi chulo: "CARAPUCHIÑA VERMELLA". Viu acompañada de LEIRE, a irmanciña de Yago e a verdade é que o pasamos en grande! Trouxeron a música que acompaña ao conto e non paramos de bailar e ata fixemos entre todos un tren! Foi súper divertido! 
MOITÍSIMAS GRAZAS, YOLANDA!

miércoles, 4 de mayo de 2016

PROXECTO: O UNIVERSO

Aquí tedes un resumo do moito que traballamos no 2º trimestre investigando cousiñas sobre o ESPACIO EXTERIOR: Os planetas, o sistema solar, as estrelas, as constelacións, a chegada do home á lúa, e moito máis! Con esta presentación, os nenos/as de 4 anos, pretendemos ensinarlle aos nenos e nenas de 5º de primaria todo o que aprendimos, xa que eles están estudando agora o tema. Xa vos contaremos que tal foi!

martes, 3 de mayo de 2016

EXCURSIÓN AO TEATRO E A CASTRELOS!

O pasado martes, día 26 de abril, fomos de excursión a Vigo para ver e escoitar a obra: "15 PRIMAVERAS" do grupo MAMÁ CABRA. Pasámolo moi ben co seu espectáculo e despois fomos merendar ao PARQUE DE CASTRELOS, rematando a xornada xogando e disfrutando nos columpios. Foi un día xenial!!!

jueves, 21 de abril de 2016

VISITA DOS PAPÁS DE MARIO!

O pasado luns tivemos outra visita especial na nosa aula! Estamos encantados de recibir a todas as familias que queirades participar na clase e... nesta ocasión viñeron BEA e SUSO; a mamá e o papá de MARIO a tocar a PANDEIRETA e o ACORDEÓN respectivamente. Como podedes ollar nos videos, son uns artistazos e os nenos pasárono pipa coa súa actuación. Cada neno/a puido tocar a pandeireta e o acordeón, bailar e cantar. Foi moi divertido!!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO!
PASÁMOLO EN GRANDE!

martes, 19 de abril de 2016

ESCOITAMOS O SON DO BOMBO!

Aquí vos deixo un video filmado da visita de MIGUEL, o pai de CARLA, á nosa aula, onde podedes escoitar o son do bombo e algunhas das explicacións que nos deu sobre él. 
MIL GRAZAS, DE CORAZÓN!!  É UN PLACER E UNHA SORTE CONTAR COA PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS NA CLASE!

domingo, 17 de abril de 2016

VISITA DO PAPÁ DE CARLA!

O pasado mércores, tivemos a gran sorte de contar coa visita do papá de CARLA, que viu á nosa aula a ensinarnos como se toca un instrumento moi especial: o BOMBO. Contounos moitas cousas sobre este instrumento, como que está feito de madeira e pel de vaca e falounos da súa historia. MIGUEL, o pai de Carla toca o bombo nun grupo de música tradicional da nosa zona, de Sobrada, chamado "TREBOEIROS DA MUIMENTA", que xa todos coñeceredes e tivo a amabilidade non só de vir, senon que ademais deixoulle tocar o bombo a cada neno/a e agasallouno cun dobre CD de música tradicional no que o seu grupo participa cunha fermosa canción. 
NON TEÑO PALABRAS! MOITÍSIMAS GRAZAS, MIGUEL! 
PASÁMOLO MOI BEN!!!!

martes, 12 de abril de 2016

CHEGOU A PRIMAVERA!

Aquí deixo algúns videos sobre a chegada desta estación tan fermosa: A PRIMAVERA.

PEQUENO PLANETA

Unha canción moi apropiada para todo o que estamos a traballar neste curso: O COIDADO DO MEDIOAMBIENTE e, como non, do PLANETA! Os nenos/as están entusiasmados con ela porque é moi pegadiza e encántalles bailala e cantala!

miércoles, 30 de marzo de 2016

CUMPLE DE XURXO!

Hoxe celebramos o cumple de XURXO, que cumpliu 5 anos o pasado día 24 de marzo. Os pequenos pasárono en grande e o cumpleañero máis. Trouxo unha súper tarta de chocolate que estaba de vicio feita pola súa mamá e que lles encantou. Cantamos moitas cancións e tirámoslle das orellas, como non! 
MOITOS PARABÉNS, XURXO!

martes, 15 de marzo de 2016

CUMPLE DE ANXO!

O pasado xoves, día 10 de marzo, foi o aniversario de ANXO, que xa ten 5 anos! Celebrámolo na clase cunha gran festa e degustamos unha deliciosa tarta feita pola súa mamá. Soprou as velas, cantamos, bailamos,... Pasámolo requeteben! 
PARABÉNS ANXO!

lunes, 29 de febrero de 2016

DEBUXOS ANIMADOS SOBRE O UNIVERSO

RECURSOS SOBRE O UNIVERSO

CUMPLE DE IVÁN!

Seguimos celebrando cumples! Vaia sorte temos na nosa aula. Este mes de febreiro tivemos moitas festas de aniversario e, nesta ocasión, tocoulle a IVÁN, que xa cumpliu 5 aniños! Foi o xoves día 18 de febreiro e pasámolo pipa: cantámoslle, tirámoslle das orellas e comimos a deliciosa tarta de chocolate que trouxo. Aquí están as fotos do evento. 
PARABÉNS IVÁN!

martes, 23 de febrero de 2016

CUMPLE DE IRENE!

O pasado martes, día 16 de febreiro foi o aniversario de IRENE. Xa ten 5 anos!! e celebrámolo na clase cunha grande festa. Trouxo unha tarta de chocolate e amorodos que estaba...Mmmmm!! Bailamos, cantamos, houbo tirón de orellas e caramelos para todos. Pasámolo xenial! 
PARABÉNS PARA TI, IRENE!

martes, 16 de febrero de 2016

TRASNOS DA NATUREZA NO FESTIVAL DE ENTROIDO!

O pasado venres, día 5 de febreiro, celebramos o FESTIVAL DE ENTROIDO no patio do colexio! Este ano tivemos moita sorte co tempo, xa que non choveu e puidemos lucir o noso disfrace de TRASNO DA NATUREZA. Eliximos este disfrace polo eixo transversal que estamos a traballar ó longo de todo o curso: A EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL. Os pequechos estiveron sensacionais!!

Música do video: "CARNAVAL, CARNAVAL" de Georgie Dann, "YA LLEGÓ EL CARNAVAL" de Fórmula Abierta

CUMPLE DE JAVIER!

O pasado día 8 de febreiro foi o aniversario de JAVI, que xa cumpliu 5 anos! Como a data coincidiu coas vacacións de entroido, celebrámolo na aula o pasado xoves. Trouxo unha súper tarta que estaba de rechupete e caramelos para todos. Pasámolo xenial! Aquí tedes as fotos da festa! 
PARABÉNS, JAVI!

jueves, 11 de febrero de 2016

POLO ENTROIDO, CHEGOU O MECO!

Así é! A pasada semana recibimos unha visita moi especial: o MECO, que nos mandou traer cada día unha cousa diferente: O luns unha flor na cabeza, o martes un colar, o mércores un peluche de animal e o xoves vir ao colexio en pixama! Que ben o pasamos na semana de entroido no cole! Aquí tedes a reportaxe fotográfica que fixemos cada día. Viva o Entroido!

CUMPLE DE ADRIÁN!

O pasado día 2 de febreiro celebramos o aniversario de ADRIÁN. Trouxo unha tarta moi rica e pasámolo moi requeteben! Cantamos, bailamos e disfrutamos un montón! 
PARABÉNS. ADRI! XA TES 5 ANOS!

lunes, 1 de febrero de 2016

CUMPLE DE IRIA

O xoves celebramos o cumple de IRIA, que cumplía 5 anos onte, día 31 de xaneiro. A súa mamá fixo unha tarta de chocolate que estaba de rechupete e nos encantou a todos! Pasámolo xenial cantando e bailando. Para finalizar repartiu caramelos para todos. Unha gran festaaa!! PARABÉNS, IRIA!

domingo, 31 de enero de 2016

CUMPLE DE KEVIN

O día 21 de xaneiro KEVIN estivo de aniversario! Foi o primeiro da clase en cumplir os 5 anos! Trouxo caramelos para todos, cantámoslle e tirámoslle das orellas. Pasámolo pipa! PARABÉNS, KEVIN!

VISITA DA MAMÁ DE KEVIN!

O pasado día 20 de xaneiro tivemos unha sorpresa! Viu a mamá de KEVIN á nosa aula a facer un BISCOITO DE LIMÓN. Estabamos entusiasmados coa súa visita e encantados de que nos ensinara esta deliciosa receita. Aquí tedes as fotos que fixemos ese día. Estaba riquísimo!! 
MIL GRAZAS, ANA!!

jueves, 28 de enero de 2016

CARTA A PAPÁ NOEL

Aquí tedes un video con todas as cartas que lle entregaron os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo a Papá Noel cando veu a visitarnos no 1º trimestre, cortesía da ANPA do noso cole e, concretamente, do papá de XURXO, autor desta fermosa montaxe. MOITÍSIMAS GRAZAS!! Seguro que todos os desexos dos pequenos cumplíronse!!

martes, 19 de enero de 2016

NOVO PROXECTO: O UNIVERSO!

Neste trimestre comezamos proxecto adentrándonos no espacio exterior! Imos investigar cousiñas sobre o UNIVERSO: O Sistema Solar, as fases da lúa, os planetas, as galaxias, as estrelas, os meteoritos, os astronautas. En definitiva, todo o que ten que ver co espacio e o que nos de tempo a ver.
Como xurdiu este proxecto? Pois unha mañá apareceu na porta da clase unha carta e un agasallo. A carta era de CURUXO, o trasno do cole e o agasallo era un FOGUETE!! 
Os nenos e nenas estaban cada vez máis motivados co tema e, coma sempre, pedimos colaboración ás familias para aportar recursos que tiveran na casa. As familias mandaron moitísimas cousas e temos un recuncho sensacional na clase. Imos aprender moitas cousas!!
MIL GRAZAS, FAMILIAS!


lunes, 18 de enero de 2016

AS FOTOS DAS NOSAS PARROQUIAS

Xa hai tempo que temos colocadas as fotos que aportáchedes alusivas ás parroquias onde vive cada neno/a. Témolas nas paredes do cole grande e fomos a ver como quedaran. Encantounos vernos reflexados nelas e coñecer un pouco mellor o fermoso lugar onde vivimos! 
GRAZAS, FAMILIAS, POR AXUDARNOS A FACER REALIDADE ESTA ACTIVIDADE E MANDAR A FOTO Ó COLEXIO!

TRABALLANDO CON LEGUMES!

Ola a todos de novo! Xa de volta das vacacións de Nadal e ainda non tivera tempo de escribir no blog, pero temos moitas novidades que contarvos. A primeira é que tivemos na nosa aula a visita de PATRI, que viu a facer unha actividade cos peques ofertada polo concello de Tomiño. Son catro sesións, coma tiveramos o ano pasado, e están relacionadas coas plantas e a natureza. Nesta primeira sesión Patri faloulles das LEGUMES, ensinoullas e cada neno/a tivo que decorar con elas un debuxo celta elixido por eles/elas. Mirade que bonitos quedaron. Agora formarán parte da exposición que se levará a cabo na MOSTRA DE CULTIVOS DE GOIÁN (coido que será no mes de marzo ou abril, pero xa vos terei informados...)