jueves, 26 de abril de 2012

RECURSOS SOBRE A AUGA

Máis recursos sobre a auga que atoparon as familias dos peques pola rede. Moitísimas grazas por aportar tantas cousas e axudarnos a aprender!
EL CICLO DEL AGUA

 
Fai clic nas imaxes

VIDEOS SOBRE A AUGA

Aquí deixo algúns dos videos aportados polos blogs amigos estupendos para facer un estudo exhaustivo da auga:

CUIDANDO EL AGUA CON GOTÍN:
DOKI DESCUBRE...CUIDADO DEL AGUA: LA GOTITA VIAJERA: VIDEO EDUCATIVO SOBRE A AUGA:

DE QUE COR É A AUGA?

Comezamos a investigar o estudo da auga pola súa COR, dado que ao falar dela, todos coincidían en dicir que era de cor AZUL. Para comprobalo, fixemos algúns experimentos coa auga, xa que non hai nada mellor para aprender algo que experimentalo en 1ª persoa  (a famosa frase de "VER PARA CREER"), pero ainda así, pola súa madurez, costoulles chegar a un acordo sobre a súa cor e sobre se a auga do grifo, a da botella, a da bañeira, a da chuvia...eran da mesma cor. Según eles, a da botella era azul, pero a da bañeira era blanca! Como podía ser iso? Ao final chegaron a outra conclusión: "A AUGA NON TER COR"
Será certa esta afirmación? Quedarían convencidos disto? Aquí tedes un fragmento das opinións dos nen@s sobre a cor da auga.

lunes, 23 de abril de 2012

BIBLIOBURRO POLO DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de Abril, celebramos o DÍA DO LIBRO no colexio. Na biblioteca, a profe Esperanza contounos un conto titulado "BIBLIOBURRO", que nos gustou moitísimo! A historia transcurre en Colombia e trata de como un home bondadoso lle fai chegar aos nen@s colombianos, que non teñen a sorte de ter un biblioteca coma nós, gran cantidade de libros levándoos a lomos de dous burros que él ten: "ALFA" e "BETO". Está basado en feitos reais e aquí vos deixo o video documental sobre Luis Soriano e o seu "BIBLIOBURRO", así como as fotos da xornada de hoxe na biblioteca. Pasámolo xenial!


SEGUIMOS CO TRABALLO COOPERATIVO

COLORINES
OS PINTORES
OS UNICORNIOS
OS CABALIÑOS
Como xa vos comentara noutras ocasións, intento introducir na aula un modo de traballar de forma COOPERATIVA, por equipos, facendo que os propios alumnos/as sexan quen de axudar aos seus compañeiros nas súas aprendizaxes; que non todo se ciña ao traballo individual co que todos nós aprendimos cando iamos a escola, senón que se combine tamén con outro xeito de traballar: o TRABALLO EN EQUIPO, desde pequeniños, axudándonos os uns aos outros a superar as dificultades. Para iso temos ubicado na aula un pequeno recuncho: O RECUNCHO DA COOPERACIÓN e alí, os catro equipos que temos na clase, realizan distintas actividades grupais case todos os días.
Nos anteriores trimestres,  levamos a cabo varias dinámicas de cohesión de grupo, como "A PELOTA" ou a "TEA DE ARAÑA" (se fas clic nos nomes das dinámicas poderás visualizar os videos)
Cando estaba rematando o 2º trimestre fixemos outra dinámica chamada "O BLANCO E A DIANA". Cada equipo pasou polo recuncho da cooperación e todos os seus membros tiñan que pegar nunha diana debuxada nunha cartulina a súa foto,  escribir o seu nome e algo que lle gustara moito facer. Despois de analizar coa profe todo aquilo que escribiron, entre todos buscaron un NOME para cadanseu  equipo.
Así xurdiron os seguintes nomes:

Equipo de ÓSCAR, DESIRÉE, SILVIA e FABIÁN:
"OS PINTORES"
Equipo de ALEXIA, ANXO, ÁLEX C., NOÉ e TANIA:
 "OS CABALIÑOS"
Equipo de ARÓN, GISELA, ALEJANDRO I. e IRENE: 
 "COLORINES"
Equipo de IRIA, ANTONIO, HUGO e GAEL:
  "OS UNICORNIOS"

miércoles, 18 de abril de 2012

DECORACIÓN PRIMAVERAL!

Dende que deu comezo a PRIMAVERA o día 20 de marzo, non deixamos de decorar a aula. O noso mural do inverno que tiñamos na entrada xa non nos servía, porque o frío e a neve pouco a pouco vai deixando paso ao calor, nas árbores peladas do inverno xa están brotando outra vez as follas e os froitos, e a roupa de abrigo e as botas pronto van deixar paso ás sandalias e á roupa máis fresquiña. Con todo, decidimos facer outro mural, pero esta vez cunha paisaxe primaveral. Ademais coloreamos moitas flores, abellas, xoaniñas e bolboretas para decorar as fiestras da nosa clase e cada un de nós fixo unha flor cos cartóns do papel hixiénico. Hai mellor forma de reciclar?

QUE SABEMOS SOBRE A AUGA?

Sempre, antes de comezar un novo proxecto, procede ter unha conversa entre todos os nenos e nenas para comprobar que coñecen ata agora do tema a tratar, neste caso a AUGA, e así ter unha idea de onde partir e como comezar a investigar.
Esta charla tivémola o luns e para facela aplicamos unha técnica de traballo cooperativo. Por si non lembrades, o traballo cooperativo (axudándonos os uns aos outros) levámolo a cabo noutras ocasións (no 1º e 2º trimestre) con técnicas como "a pelota" ou "a tea de araña".
Cada neno/a tiña que aportar algunha idea que tivese sobre a auga ou algunha información e esto foi o que dixo cada un /unha:
 NA AUGA DO MAR VIVEN OS PEIXES E OS TIBURÓNS (Iria)
A AUGA ESTÁ NOS RÍOS (Óscar)
NA AUGA PODE HABER COCODRILOS (Gael)
HAI AUGA CANDO CHOVE (Hugo)
EN RIBEIRA HAI AUGA (Alejandro)
A AUGA É DE COR AZUL (Gael, Gisela, Alejandro, Iria, Álex)
A AUGA SABE RIQUÍSIMA (Hugo)
OS CANGREXOS VIVEN NA AUGA (Noé)
USÁMOLA PARA BEBER E PARA XOGAR NA PISCINA (Arón e Iria)
USÁMOLA TAMÉN PARA COCIÑAR (Gael)
HAI AUGA NA BAÑEIRA, NA DUCHA E NA PRAIA PARA BAÑARSE (Iria)
A AUGA DA PRAIA É DISTINTA DA AUGA DA DUCHA DA NOSA CASA (Álex C.)
A AUGA DA PRAIA TEN SAL PORQUE O DIXO O TEACHER (Hugo e Iria)
USÁMOLA PARA LAVAR AS MANS ANTES DE MERENDAR NO COLE (Irene)
AS FLORES NECESITAN AUGA (Hugo, Gael)
Como o luns faltaron algúns nen@s á clase, o martes repetimos a conversa para saber as opinións que sobre a auga tiñan os nenos que non puideran vir o día anterior e estas foron as súas impresións:
NA AUGA HAI TIBURÓNS (Anxo)
NA AUGA HAI MEDUSAS (Tania)
USAMOS A AUGA CON XABÓN PARA LAVAR AS MANS (Silvia)
A AUGA CAE DAS NUBES CANDO CHOVE (Antonio)
NA MIÑA CASA UTILÍZASE PARA BAÑARSE (Alexia)
EN ÁFRICA HAI MOI POUCA AUGA (aportou tamén Gael)

Reflexionando un pouquiño despois de escoitar tales aportacións entre todos pensamos en COUSAS QUE NOS GUSTARÍA SABER SOBRE A AUGA e chegamos ás seguintes cuestións:

ONDE ATOPAMOS AUGA?
QUE COR TEN A AUGA?
É REALMENTE DE COR AZUL?
COMO CHEIRA?
A QUE SABE?
A AUGA TEN SON? FAI MÚSICA?
COMO PODO TRANSPORTAR A AUGA?
FLOTA TODO O QUE SUMERXIMOS NELA?
POR QUÉ CHOVE?
POR QUE AS NUBES TEÑEN AUGA? (CICLO DA AUGA)
COMO SE FORMAS AS NUBES?
COMO SE FAI O XEO?
(ESTADOS DA AUGA: SÓLIDO, LÍQUIDO, GASEOSO)
USO RACIONAL DA AUGA 
A AUGA NOUTRAS PARTES DO MUNDO
A SÚA IMPORTANCIA PARA A VIDA

Cantas cousas saíron!!! Seremos capaces de responder a todas as cuestións? Seguro que coa axuda dos libros que temos na biblioteca, o que atopemos en internet, o libro que nos regalou Paula e todos os materiais que aporten as familias, o conseguiremos. 
Estade moi atentos ás nosas investigacións!!

sábado, 14 de abril de 2012

PAULA VISITOUNOS DE NOVO!

Que sorpresa levamos o xoves na clase! De súpeto chamaron á porta e... Quen era? Pois a nosa amiga PAULA, sííí! Estivo mirando o blog e como viu que imos estudar a AUGA, quixo facernos un agasallo para comezar a investigar: un fantástico e completísimo libro sobre o tema!
Ademáis, agasallóunos a todos e todas cunha botella de auga para cada un e ata trouxo barquillos para os peques! Estas son algunhas fotos da súa visita:

Durante a súa visita, contámoslle todo o que aprendimos sobre o mundo e para agradecerlle a súa amabilidade fixémoslle unha flor.


MIL GRAZAS POR ESTAS SORPRESAS, PAULA!!
ENCANTOUNOS A TÚA VISITA!

jueves, 12 de abril de 2012

ANIVERSARIO DE ARÓN

Hoxe, 12 de Abril, é o aniversario de ARÓN e festexámolo por todo o alto na nosa clase! Decorou a súa coroa, cantámoslle e démoslle moreas de parabéns! Xa ten 4 aniños!! Como pasa o tempo, verdade? Velaquí tedes as fotos da súa festa no cole: 
FELIZ DÍA, ARÓN!

domingo, 8 de abril de 2012

NOVO PROXECTO: COIDEMOS A AUGA!

 O vindeiro martes comezamos de novo as clases despois das vacacións de Semana Santa e farémolo cun novo proxecto de investigación: O COIDADO DA AUGA.
Tendo en conta o eixo transversal que nos ocupa este curso: EDUCACIÓN PARA A PAZ E A TOLERANCIA e, despois de ter estudados os continentes e as diferenzas que se dan entre cada un deles, esta vez achegarémonos ao estudo da AUGA: a súa importancia para a vida, a súa forma, cor, sabor, olor, son... Todo isto coma sempre, partindo do que os nen@s xa coñecen e do que lles gustaría investigar. Pensaremos en medidas para aforrar auga e comprobaremos se todos os países do mundo teñen acceso á auga tan facilmente coma temos nós ou se, pola contra, hai partes do mundo nas que a súa escasez supón un serio problema para a vida.
Por suposto, pido dende aquí a colaboración das familias para aportar materiais: libros, contos, videos, información de internet, novas do xornal relacionadas co tema, fotos,...En definitiva, todo aquilo que teñades na casa á vosa disposición relacionado coa auga que nos poida axudar nas nosas investigacións será moi ben acollido!
Tamén aos blogs colaboradores vos pido que se coñecedes recursos para traballar o tema, agradézovos moitísimo as vosas aportacións. 
De momento aquí deixo unha recompilación de información e xogos que fun atopando pola rede que me pareceu interesante: (pinchade nas imaxes para acceder)


POEMA DE CARMEN GIL: LA GOTA DE CUCHO

OS NOSOS TRABALLOS SOBRE O MUNDO

Aquí tedes os traballos que fixeron os peques despois de investigar e estudar cada continente do planeta. 
Agradecer de novo as aportacións de materiais e as visitas que tivemos na nosa aula para entender mellor como se vive noutras partes do planeta, como son as distintas razas, cales son os costumes noutras partes do mundo, etc.
 Moitísimas grazas por axudarnos a aprender!!