miércoles, 30 de enero de 2013

CUMPLE DE TANIA!

Hoxe, 30 de xaneiro, tivemos un día completo de festaaa! Ademais de celebrar o día da Paz, TANIA cumpliu nada menos que 5 anos! Así que celebrámolo como é debido: cancións, tiróns de orellas e unha chea de caramelos para todos. Pasámolo moi ben como se pode apreciar nas fotos!
PARABÉNS PARA A NOSA TANIA!

LIM DA PAZ PARA XOGAR!

Aquí vos deixo o LIM DA PAZ para xogar a facer puzzles, atopar parellas, relacionar...moi axeitado para esta data do DÍA DA PAZ. 

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!

Ainda que todos os días deben ser DÍAS DE PAZ, hoxe celebrámolo dun xeito especial. Conmemórase o 30 de xaneiro porque se cumplen anos da morte do lider pacifista: MAHATMA GANDHI. Os pequechos das nosa aula fixeron unha pombiña da paz coas súas mans. Mirade que bonitas quedaron!




Tiñamos pensado, para este día, participar na carreira solidaria VACACIÓNS EN PAZ en Goián, xunto cos demais coles do concello pero, por mor da climatoloxía, houbo que aplazalo...
De todos xeitos, imos lembrar como celebramos o ano pasado este día tan especial coa canción "ME GUSTARÍA ENSEÑAR AL MUNDO A CANTAR", que tanto lles gusta aos nen@s. Foi unha data para lembrar, sen dúbida! Seguro que cando participemos na carreira solidaria, a xornada dará moito de sí.

domingo, 27 de enero de 2013

MÁIS RECURSOS DOS ALIMENTOS

Aquí vos deixo máis xogos on line para afianzar todo o que imos aprendendo sobre os alimentos. Son da páxina de FANTASTIC INFANTIL. Moi divertidos! Picade nas imaxes!

CANTO SABEMOS DO QUE COMEMOS?

XOGO DOS ALIMENTOS
  COMPLETA A RECEITA
  
 PERFECT PIZZA




CONTA COMIGO: VISITA DO PAPÁ DE GAEL

Xa sabedes que cada semana temos a sorte de contar cun familiar dos peques que vén á nosa aula a contarnos un conto. Pois ben, o pasado xoves tivemos a sorte de contar coa visita de JOSÉ, o papá de GAEL, que preparou un conto marabilloso con fantásticas ilustracións debuxadas por él que nos deixou coa boca aberta! Contaba a historia dun tiburón que se quedou sen dentes pero que coa axuda dos bos amigos vólveos a recuperar.
Impresionante traballo, José! Encantounos!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO E POR AGASALLARNOS CON ESTE CONTO TAN BONITO!!

CONTO PAPI GAEL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

A PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

Ó longo desta semana fixemos unha actividade de traballo cooperativo. A clase está dividida en catro equipos: OS LUNEROS, OS CORAZÓNS, AS BOLBORETAS e AS XOANIÑAS. Como estivemos estudando a pirámide dos alimentos sans, cada equipo tiña que completar unha pirámide alimenticia en branco recortando alimentos de folletos do súper e colocándoos no seu lugar correspondiente. Cada neno/a de cada equipo encargábase de buscar alimentos dun grupo determinado e colocalos no seu lugar: Ex: o tomate no lugar dos vexetais, o queixo no lugar dos lácteos, as fresas no lugar das froitas, etc.
 Despois puxéronlle o nome a cada grupo de alimentos e así de bonitas quedaron!! 

       PIRÁMIDE DOS LUNEROS















      PIRÁMIDE DAS BOLBORETAS











      PIRÁMIDE DAS XOANIÑAS
     PIRÁMIDE DOS CORAZÓNS


PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS POR EQUIPOS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

sábado, 26 de enero de 2013

FALANDO DOS ALIMENTOS...

Ainda que nestas datas estamos moi atarefados coa confección do noso disfrace, xa comezamos a traballar no PROXECTO DOS ALIMENTOS. Queredes saber como? O primeiro foi recabar información sobre os coñecementos previos dos nenos sobre o tema: Cada un contou cal era a súa comida favorita, que alimentos pensan eles que son bos para a saúde e cales pensan que son perxudiciais, onde se poden atopar alimentos, onde os podemos mercar... 
Saíron todas estas aportacións:





A continuación, entre todos, pensamos en cousas interesantes que nos gustaría aprender dos alimentos, e fixemos unha lista a ter en conta para comezar a investigar:












jueves, 24 de enero de 2013

CUMPLE DE ANTONIO!

Onte celebramos o aniversario de ANTONIO, xa que o día 22 deste mes cumpliu 5 anos! Cantámoslle moitas cancións, tirámoslle das orellas e él agasallounos cuns apetitosos caramelos! Pasámolo pipa, claro...coma sempre que estamos de festa!
 MOITOS PARABÉNS, ANTONIO! 

domingo, 20 de enero de 2013

ÉRIKA: A NOSA NOVA AMIGUIÑA

Temos unha marabillosa nova na nosa aula! Neste 2º trimestre incorporouse unha nova alumna: ÉRIKA. Estase adaptando moi ben e xa forma parte da nosa familia de pequechos! Todos os nen@s quérena moito e estamos encantados  con ela. Dende aquí quero darlle unha calorosa benvida porque a partir de agora xa somos 19 nen@s dispostos a vivir moitas experiencias máxicas no que queda de curso. Cantas cousas nos esperan ainda!!! O Entroido, o meco, saídas, as xornadas culturais, o festival... Seguro que o pasamos moi pero que moi ben todos xuntos!
BENVIDA ÉRIKA!

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE TANIA

Retomando a actividade do "CONTA COMIGO" despois das vacacións de nadal, recibimos a visita de VANESA, a mamá de TANIA. Ademais de vir a contarnos un conto chulísimo dun CROCODILO moi divertido, tróuxonos a IKER!, o irmanciño de Tania e Andrea, que acaba de nacer e está precioso!! Os peques estaban encantados con Iker na clase e gustoulles moito o conto!
MOITÍSIMAS GRAZAS, VANESA, POR PARTICIPAR, NOVAMENTE, NO CONTA COMIGO!

domingo, 13 de enero de 2013

CUMPLE DE DESIRÉE

O pasado 7 de xaneiro, DESIRÉE estivo de aniversario!! Cumpliu nada menos que 5 anos! Como pasa o tempo... Estes pequechos están medrando moito e moi rápido... Estas son algunhas das fotos da celebración do seu cumple na nosa clase. Cantámoslle e tirámoslle das orellas, claro! Así de ben o pasamos:

CANCIÓNS DOS ALIMENTOS

XOGOS DOS ALIMENTOS

Para xogar so tedes que facer clic nas imaxes!


miércoles, 9 de enero de 2013

NOVO PROXECTO: OS ALIMENTOS

Comezamos o 2º trimestre cun proxecto de investigación moi interesante e sobre todo importante na educación dos nenos/as: A ALIMENTACIÓN. Coñeceremos os diferentes tipos de alimentos que existen , a súa orixe: animal ou vexetal, a pirámide dos alimentos, comidas ó longo do día, alimentos que precisan frigo, como podemos conservar en bo estado os alimentos, etc.
Para poder dar resposta a estas cuestións e a moitas outras, reflexionaremos, navegaremos pola rede e, por suposto, utilizaremos todas as achegas que, dende as vosas casas, poidades ofrecernos sobre o tema: contos, libros de consulta, videos, fotografías, recetarios... (e as aportacións dos blogs colaboradores tamén serán moi ben recibidas).
Unha vez que traballemos un pouquiño a alimentación de xeito xeral, centrarémonos no etudio dun cereal moi importante: O MILLO. Xa vos seguiremos contando!

martes, 1 de enero de 2013

DE CORAZÓN PARA TOD@S...


PAPÁ NOEL EN SOBRADA!

O último día antes das vacacións de nadal, Papá Noel anunciou a súa visita ao noso cole! Estabamos emocionados pensando que ía vir e, cando se presentou, fomos ao cole grande a darlle un bico e entregarlle a carta que lle escribimos. Él agasallounos cunha bolsa de chuches! Que viva PAPÁ NOEL!
PAPÁ NOEL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
PAPÁ NOEL EN SOBRADA from ceip sobrada on Vimeo.