jueves, 21 de abril de 2016

VISITA DOS PAPÁS DE MARIO!

O pasado luns tivemos outra visita especial na nosa aula! Estamos encantados de recibir a todas as familias que queirades participar na clase e... nesta ocasión viñeron BEA e SUSO; a mamá e o papá de MARIO a tocar a PANDEIRETA e o ACORDEÓN respectivamente. Como podedes ollar nos videos, son uns artistazos e os nenos pasárono pipa coa súa actuación. Cada neno/a puido tocar a pandeireta e o acordeón, bailar e cantar. Foi moi divertido!!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO!
PASÁMOLO EN GRANDE!

martes, 19 de abril de 2016

ESCOITAMOS O SON DO BOMBO!

Aquí vos deixo un video filmado da visita de MIGUEL, o pai de CARLA, á nosa aula, onde podedes escoitar o son do bombo e algunhas das explicacións que nos deu sobre él. 
MIL GRAZAS, DE CORAZÓN!!  É UN PLACER E UNHA SORTE CONTAR COA PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS NA CLASE!

domingo, 17 de abril de 2016

VISITA DO PAPÁ DE CARLA!

O pasado mércores, tivemos a gran sorte de contar coa visita do papá de CARLA, que viu á nosa aula a ensinarnos como se toca un instrumento moi especial: o BOMBO. Contounos moitas cousas sobre este instrumento, como que está feito de madeira e pel de vaca e falounos da súa historia. MIGUEL, o pai de Carla toca o bombo nun grupo de música tradicional da nosa zona, de Sobrada, chamado "TREBOEIROS DA MUIMENTA", que xa todos coñeceredes e tivo a amabilidade non só de vir, senon que ademais deixoulle tocar o bombo a cada neno/a e agasallouno cun dobre CD de música tradicional no que o seu grupo participa cunha fermosa canción. 
NON TEÑO PALABRAS! MOITÍSIMAS GRAZAS, MIGUEL! 
PASÁMOLO MOI BEN!!!!

martes, 12 de abril de 2016

CHEGOU A PRIMAVERA!

Aquí deixo algúns videos sobre a chegada desta estación tan fermosa: A PRIMAVERA.

PEQUENO PLANETA

Unha canción moi apropiada para todo o que estamos a traballar neste curso: O COIDADO DO MEDIOAMBIENTE e, como non, do PLANETA! Os nenos/as están entusiasmados con ela porque é moi pegadiza e encántalles bailala e cantala!