miércoles, 27 de julio de 2011

RATO DE CAMPO E RATO DE CIDADE

No primeiro trimestre, os nen@s de 5 anos reescribiron este conto de Kiko da Silva da editorial kalandraka. Neste video podedes escoitar como eles mesmos vos contan a historia.

lunes, 25 de julio de 2011

UN POUCO DE ROCK AND ROLL!

Neste curso que acabamos de rematar contamos cun taller adicado á música en Infantil. No primeiro trimestre aprendimos diferentes estilos musicais coma o rock, o folk e o blues.


O primeiro que traballamos foi o ROCK AND ROLL e todo o que engloba: Instrumentos utilizados no rock, coma a guitarra eléctrica, a batería ou o baixo; algúns artistas representativos coma Elvis Presley, Creedence, Queen, Tequila, Siniestro Total e tamén coñecimos os discos de vinilo e puidemos escoitalos nun tocadiscos. Ficamos abraiados xa que nada teñen que ver cos habituais CDs que escoitamos na casa ou no coche; pero o que máis nos gustou foi cantar e bailar ROCK`N ROLL!!

ROCK AND ROLL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

CONTA COMIGO

 Durante o curso 2009-2010 fixemos a actividade de dinamización da lectura "CONTA COMIGO" , na que cada semana, nun día estipulado, algún membro da familia do alumnado de 3 e 4 anos acudía á aula a contar un conto.
Resultou unha experiencia moi proveitosa e emotiva para os nenos e nenas e dende aquí quero agradecer a colaboración que en todo momento recibimos por parte de pais, nais, irmáns, primos...

COÑECEMOS AS PLANTAS

No terceiro trimestre do curso pasado traballamos o proxecto: "Coidamos as plantas", que xurdiu como consecuencia da creación da nosa horta escolar e da plantación que se levou a cabo a raíz da  participación de todo o cole no programa VOZ NATURA. Os nenos/as mostraron moitísimo interese en coñecer diversos tipos de plantas así como en participar nos seus coidados. Na nosa aula plantamos diversos tipos de sementes que os nenos e nenas tiveron que coidar e regar diariamente. Este foi o traballiño dos peques:



Ademáis nas clases de Inglés tamén se estudaron as plantas facendo fincapé no vocabulario. Canto aprenderon estes nen@s!

ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN

Aquí vos deixo unha particular versión, feita por nen@s de 4 anos, dun conto de Uxío Novoneyra que estivemos a traballar na aula: "ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN", para conmemorar o Día das Letras Gaegas 2010.
O conto elaborouse cos debuxos dos nenos sobre imaxes do Courel, terra na que está ambientado e que inspirou a Novoneyra nas súas obras.

Se ollades o video poderedes escoitar aos propios nen@s contarvos o conto coas súas voces.
Fixérono moi ben!

ILDA, O LOBO, O CORZO E O XABARÍN from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

NANA DOS PEIXES

NANA DOS PEIXES from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

COIDANDO DO MAR


O ano pasado, na aula de 4 anos, estivemos investigando cousas sobre o MAR: canta auga hai no noso planeta, a qué sabe o mar, que especies podemos atopar nel, que é a baixamar e a preamar...Tamén falamos da contaminación da auga, os verquidos e catástrofes coma a do petroleiro "PRESTIGE" e a maneira de poder evitalas tomando conciencia da importancia de coidar o noso contorno.

martes, 19 de julio de 2011

COMEZAMOS!

Ola, amiguiños! Con esta primeira entrada comeza a historia deste blog que non pretende ser máis ca unha bitácora infantil ó alcance de pequenos e tamén de grandes. Un pequeno recuncho onde gardar recursos, enlaces de interese, imaxes, videos, xogos, contos...Que sexa o noso diario de clase e sobre todo unha ferramenta para comunicarnos.


ADIANTE PEQUECHOS!