Nos derradeiros días do curso, aproveitando a calor que fixo e como premio para os pequechos por traballar tanto, saímos a facer pompas de xabón. Que ben o pasamos!!
lunes, 22 de junio de 2015
POMPAS DE XABÓN!
COÑECÉNDONOS MELLOR
Neste trimestre participamos nunha actividade xunto con todo o alumnado do colexio baixo o título: "COÑECÉNDONOS MELLOR". Baixo as directrices do Equipo de Normalización Lingüística, cada neno/a tivo que poñer o seu nome nunha folla e a profe escribiu nela a parroquia onde vive cada un/unha. Así, entre todos formamos o mapa de Tomiño semellando ser unha árbore, na que había nenos/as de Taborda, Amorín, Piñeiro, Carregal...
Despois utilizámola de decorado no festival do cole en Goián. Que chulo!
jueves, 18 de junio de 2015
LINGUAXE DE SIGNOS EN INFANTIL
No TALLER AUDIOVISUAL, o profe Pablo e a profe Cris (do departamento de Orientación) ensináronlles aos pequechos de Infantil a expresarse a través de signos.
Que ben o fixeron! Que expresivos son estes nenos!
lunes, 15 de junio de 2015
TEATRO INFANTIL NO FESTIVAL DO COLE!
O pasado 15 de maio celebramos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS no Auditorio de Goián. O alumnado de Infantil preparou para tal ocasión unha obra de teatro baseada no conto "A VACA QUE PUXO UN OVO". Os pequechos da nosa aula participaron facendo de TURISTAS E XORNALISTAS e cantando unha canción xunto cos nenos/as de 4 e 5 anos. Para quen non puido asistir, aquí tedes o video da obra. Así de ben o fixeron!
miércoles, 10 de junio de 2015
XOANIÑA VOA VOA...
Para celebrar o DÍA DA FAMILIA, que foi o 15 de maio, fixemos unha XOANIÑA ca técnica do modelado. Utilizamos pasta blanda de modelar, témperas, pinceis e plastilina. Quedounos así de chula!!
PARABÉNS FAMILIAS!
Música do video: "I wanna dance" de DOLL PATROL
domingo, 7 de junio de 2015
UN BATIDO RICO, RICO!
Como sabedes, este ano participamos no proxecto "FROITA NA ESCOLA" e algunhas semanas durante este curso contamos cunha peza de froita para cada neno/a. O obxectivo é que os rapaces valoren a importancia de tomar froita na súa dieta e se vaian acostumando a novos sabores. Pois ben, un deses días en que tiñamos amorodos e plátano decidimos mercar leite e yogures e probar a facer BATIDO. Gustouno moito!!! Que rico!!!
Etiquetas:
froita na escola,
Xornadas Culturais
EXCURSIÓN AO TEATRO!
O pasado 7 de maio fomos de excursión a Vigo para ver unha obra de teatro titulada: "A NENA E O GRILO NO PAIS DAS APERTAS". Gustounos moitísimo e rematamos a saída merendando no parque de Castrelos. Pasámolo xenial!!
Música do video: "Waterloo" de ABBA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)