O mércores tivemos unha visita moi especial, recibimos a SUSA HERRERA por cortesía da editorial EDELVIVES. Con Susa vivimos momentos máxicos: rimos, cantamos, soñamos, bailamos... de todo! Descubrimos que os contos TAMÉN SE CANTAN!! Síí! Impresionounos a todos coa súa peculiar maneira de presentar aos distintos animais que podemos atopar no seu último traballo: "ANIMAIS ENCANTADORES", que vos recomendo desde aquí e... para que sexades testemuñas do ben que o pasamos con esta actividade aquí van unhas fotos e un video de Susa Herrera en plena acción cos peques. Xenial! Grazas, Susa!
viernes, 25 de mayo de 2012
SUSA HERRERA, CANTACONTOS
domingo, 20 de mayo de 2012
CONTACONTOS DE KALANDRAKA

UN AGASALLO PARA A FAMILIA!
Como xa vos comentara, o pasado día 15 festexamos o DÍA DA FAMILIA. Todos os peques falaron das súas respectivas familias aos demais e lembramos, tamén, que o día 30 van a vir os seus avós para recibir unha merecida homenaxe!
Para celebrar como é debido este día tan especial, unha semana antes da data comezamos a facer unha rá para agasallar cadaquén, a súa queridísima FAMILIA.
E traballando tanto como traballaron... así de bonitos quedaron estes "pisapapeis rás":
E traballando tanto como traballaron... así de bonitos quedaron estes "pisapapeis rás":
CONFERENCIA SOBRE MASCOTAS
Comezaron as XORNADAS CULTURAIS no noso cole, o cal quere dicir que durante a última quincena de maio, no cole grande recibimos a persoas que veñen a ofrecernos algunha charla, conferencia u obradoiro interesante. O pasado martes, Valeria e Javi, viñeron a falarnos (a todos os ciclos) do COIDADO DAS MASCOTAS, centrándose sobre todo no coidado dos cans: cando lle debemos dar de comer e beber, como sacalo a pasear, como tratalo... Aquí vos deixo algunhas fotos da conferencia e se visitades o blog do cole poderedes ver un video da charla.
viernes, 18 de mayo de 2012
A AUGA EN ÁFRICA: VISITA DE MARCOS E MONTSE
O xoves, día 10 de maio, tivemos a gran sorte de recibir a MARCOS e a MONTSE, unha parella amiga que hai poucos meses estivo de safari por ÁFRICA. Alí puideron ver de cerca ós animais salvaxes
e exóticos do lugar e convivir con tribus coma a dos MASAIS.
Tamén foron testemuñas directas da escasez de auga que exite en África debido ao excesivo calor e ao pouquiño que chove. Contáronnos o uso que alí faise da auga, como fan para racionala, para bañarse, para ir a recoller auga, para lavar os platos, etc. Ademais, na súa estancia en Kenia, visitaron a escola da tribu Masai, as súas casas, faláronnos dos seus costumes e trouxeron moitas fotos, co cal a súa charla resultou interesantísima para os nen@s.
A continuación, déixovos coa selección de fotos da súa viaxe que eles fixeron para mostrarlle aos nen@s:
Non teño palabras para agradecer toda a súa boa disposición para vir á nosa aula a ofrecernos esta marabillosa conferencia! GRACIÑAS, de corazón!!
martes, 15 de mayo de 2012
15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA
A familia é un dos vínculos afectivos máis poderosos. É o elemento máis importante da sociedade humana, onde os nen@s crecen e son educados, onde deben recibir amor, coidados e protección, ademais dunha formación integral coma seres humanos.
Porque a FAMILIA, en todas as súas formas, é o máis importante que temos e debemos coidala e mimala SEMPRE, aquí vos deixo unha receita que atopei no blog DÍAS DE COLE, que me gustou moito:
FELÍZ DÍA, FAMILIAS!
viernes, 11 de mayo de 2012
FACENDO SONS COA AUGA
No seguinte video, unhas mulleres africanas utilizan marabillosamente as súas mans para facer música e sons coa auga do mar. Ademais, cantan bailan ao ritmo dos seus sons! IMPRESIONANTE!! Invítovos a que os vexades:
Nós quixemos imitalos na aula cos medios dos que dispomos, claro!, e fixemos soar a auga utilizando varios instrumentos: unha botella, as nosas mans, soplido con palliñas...
Que ben o imos pasar este verán cando nos bañemos no mar!!
Disfrutamos un montón xogando ca auga!
jueves, 10 de mayo de 2012
A QUE CHEIRA A AUGA?
Avanzando un chisquiño máis nas nosas investigacións sobre a auga, intentamos dar resposta a esta pregunta: "A QUE CHEIRA A AUGA?". Para non estar condicionados polo sentido da vista e usar só o noso naríz, nada mellor que tapar os ollos cun pano e intentar adiviñar a que cheiran certas cousas: os bós cheiros, os cheiros "raros" e aquilo que "non cheira". Que será? Será a AUGA a que "non cheira"?
domingo, 6 de mayo de 2012
FLOTACIÓN: NA AUGA TODO FLOTA?
A semana pasada, enchimos unha caixa grande de auga e fixemos experimentos de flotación. Preguntabámonos se todas as cousas podían flotar ao botalas na auga ou se, pola contra, afundirían...
Novamente, "probando" e "facendo" chegamos a máis conclusións sobre o tema da auga:
FACEMOS UN XILÓFONO COA AUGA
Cada día descubrimos máis cousas sobre a auga. Despois
de coñecer que non ten cor nin sabor, quixemos investigar sobre si a auga podía soar. Houbo distintas opinións, algúns dicían que sí pero só na praia porque as olas do mar fan un bonito e relaxante son e outros dicían que non porque a auga se estaba quieta non soaba e... pensando, pensando.... ocurríuxenos facer un pequeno XILÓFONO DA AUGA.
CONFERENCIA DOS NEN@S DE 6º
O venres pasado, en lugar de ter talleres, un grupo de nen@s e nenas de 6º de primaria déronnos unha conferencia que nos encantou. Como sabedes, este mes celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de Maio), este ano adicado a un autor pontevedrés: VALENTÍN PAZ ANDRADE. Pois ben, eles disfrazáronse e acompañados dun power point faláronlles aos nen@s de infantil deste día, do escritor homenaxeado e doutros importantes escritores galegos coma Rosalía de Castro.
Moitísimas grazas por preparar esta charla para nós!
miércoles, 2 de mayo de 2012
Y LLOVERÁ...
Unha canción chulísima do grupo "Siempre así" para os peques moi axeitada para estes días chuviosos...
martes, 1 de mayo de 2012
CHOVE NA NOSA AULA!
Parece mentira, verdade? Pois si, con isto de estudar a auga e aproveitando que estamos coñecendo en qué consiste o CICLO DA AUGA, ocurríusenos facer unhas nubes con choiva para decorar a nosa aula e ambientala acorde con noso proxecto. Ademais estamos creando un novo recuncho na clase adicado á AUGA e nel podemos atopar toda a información que temos para investigar: libros e contos da biblioteca e materiais aportados polas familias. Utilizarémolo tamén para facer un rexistro do que vamos aprendendo sobre o tema. Cando o teñamos rematado xa volo ensinaremos. Graciñas por colaborar con tantas cousas!
ASÍ FIXEMOS AS NOSAS NUBES:
A QUE SABE A AUGA?
Ademais fixemos xelatina de fresa coa auga e comprobamos como, dun día para outro, mudaba de líquida a sólida. Tivemos que esperar a que enfriara na neveira pero pagou a pena porque estaba riquísima.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)