jueves, 31 de diciembre de 2015
DECORANDO E FACENDO MANUALIDADES...
Aquí vos deixo unhas fotos dos peques pintando a árbore de nadal que decora a fiestra da nosa aula e facendo unha manualidade para levar para casa: unha árbore de nadal moi orixinal para decorar no voso salón ou na habitación. Pasámolo pipa decorando no Nadal!
VISITANDO A EXPOSICIÓN DE INVERNO
Aquí tedes as fotos dos marabillosos traballos que fixeron as familias do noso alumnado para a EXPOSICIÓN DE INVERNO. Esta é unha exposición que se leva facendo hai moitos anos grazas á colaboración das familias e que está chea de traballos incribles, este ano relacionados co Nadal e co coidado medioambiental. Antes de rematar as clases, fixemos unha visita para ver os traballos e quedamos abraiados. Unha presiosidade!!
MIL GRAZAS, SEMPRE, POR COLABORAR, FAMILIAS!
lunes, 28 de diciembre de 2015
PAPÁ NOEL CHEGOU A SOBRADA!
O derradeiro día de cole antes das vacacións de Nadal, PAPÁ NOEL viu a visitarnos! Estabamos emocionados esperando a súa chegada e escribímoslle unha carta para entregarlle persoalmente ese día. Gustounos moito saudalo, darlle un bico e falar un rato con él. Ademais recolleu as nosas cartas e agasallounos cunha bolsa de caramelos. Que sorte tivemos!! Grazas Papá Noel!
(Lembrade que para poder ollar o video en pantalla completa tedes que premer no cadradiño ca frecha que está arriba á dereita).
FELIZ NADAL, FAMILIAS!
lunes, 21 de diciembre de 2015
CELEBRAMOS O CUMPLE DE YAGO!
E tivemos a gran sorte de contar con outro cumple máis na derradeira semana antes das vacacións de nadal! YAGO tamén cumpliu 4 anos onte, día 20 de decembro! Por iso, quixemos celebralo na aula antes do remate das clases e o evento foi o xoves 17. De novo pasámolo de rechupete!! trouxo unha tarta riquísima que degustamos encantados, soprou as velas, cantamos, bailamos...Unha grande festa!!
PARABÉNS, YAGO!
CELEBRAMOS O CUMPLE DE MARIO!
O pasado mércores día 16 de decembro celebramos o cumple de MARIO, xa que o 20 cumpliu 4 anos! Trouxo unha tarta deliciosa que nos encantou a todos e fixemos unha festa como merecía! Baile, cancións, tirón de orellas...A lo grande! Pasámolo moi ben! Aquí tedes as fotos do seu cumple!
PARABÉNS, MARIO!!
martes, 15 de diciembre de 2015
CELEBRAMOS O CUMPLE DE CARLA!

PARABÉNS, CARLA!
EN NADA XA TES 4 ANOS!!
FAMILIAS NA AULA: VISITA DO PAPÁ DE IVÁN
MIL GRAZAS, ALBERTO, POR FACER ESTA ACTIVIDADE CON NÓS! PASÁMOLO MOI BEN!
lunes, 14 de diciembre de 2015
RECURSOS PARA O NADAL
miércoles, 9 de diciembre de 2015
TRABALLOS FAMILIAS EXPOSICIÓN NADAL
Un ano máis, pedimos a colaboración das familias do noso centro para que, de cara as datas de Nadal que xa se achegan, participaran na EXPOSICIÓN DE INVERNO, que se monta na entrada do cole con maquetas e traballos variados realizados en familia e que, neste ano que traballamos a educación medioambiental, debían estar relacionados co coidado do medio ambiente e coa reciclaxe. Na nosa aula aportáronse traballos marabillosos, feitos con moito mimo e os nenos/as contaron emocionados aos demais como foi o proceso de elaboración de cada un deles.
O APARATO CIRCULATORIO
Aquí vos deixo uns videos que estivemos vendo na clase sobre o aparato circulatorio e a importante función do corazón bombeando sangue cara todas as partes do corpo. Para repasar e non esquecer nadiña!
martes, 1 de diciembre de 2015
EXCURSIÓN A CAMELOT PARK!
O pasado 25 de novembro fomos de excursión a CAMELOT PARK, unha ludoteca na rúa Coruña en Vigo. Os peques esperaban ansiosos esta data, xa que é unha das excursións onde o pasan mellor e só tedes que ollar o video seguinte. Que caras de satisfacción!! Que ben o pasaron e como disfrutaron!! Dicir tamén que, montando o video dinme conta de que algúns nenos/as saen pouco. Tedes que desculpar pero cos nenos/as movéndose continuamente, teño moitas fotos movidas e estas foron as mellores que puiden rescatar. Ainda así saen todos no autobús, nas fotos de grupo, merendando...
Sen dúbida repetiremos para o ano!! (Lembrade que para visualizar o video en pantalla grande tedes que premer no cadradiño ca frecha da esquina de arriba á dereita).
Ata as profes pasámolo coma nen@s! Un gusto!!
MÚSICA DO VIDEO: "Baby Love" de The Supremes; "Oye mi canto" de Gloria Estefan e "Jambalaya" de Fats Domino
Suscribirse a:
Entradas (Atom)