martes, 28 de febrero de 2012

MENSAXES PARA ÁLEX COSTAS

Na clase fáltanos dende hai algún tempo o noso compañeiro Álex, que se está recuperando dunha doenza. En pouquiños días volverá a estar con nós pero botámolo tanto de menos que queremos enviarlle unhas mensaxes de ánimo dende aquí e dicirlle canto o queremos! 

VOLVE PRONTO, ÁLEX!  ESPERÁMOSTE!

jueves, 23 de febrero de 2012

COÑECENDO A ANTÁRTIDA



Despois de viaxar ao continente asiático e visitar China, o seguinte continente que chamou á nosa atención foi a ANTÁRTIDA. Si! Ese continente decoñecido por nós que atopamos no polo sur do planeta. Investigando pola rede, atopamos cousiñas moi interesantes que xa aprendimos, como que é o único continente no que non viven persoas; que na Antártida está todo cuberto de xeo e vai moito frío pero que ainda así, nela habita un rico mundo animal, como baleas, focas e pingüíns.
Aquí vos deixo uns videos relacionados co tema:



Se fas clic na seguinte imaxe poderás ver o video de debuxos animados: "7 TURISTAS NA ANTÁRTIDA":

martes, 21 de febrero de 2012

SORPRESAS NO ENTROIDO!

A semana pasada, mentres festexabamos o entroido na aula, recibimos diferentes visitas inesperadas que nos deron agradables sorpresas. En varias ocasións quedamos coa boca aberta! O martes 14, día dos namorados, viñeron a lernos un bonito poema os nen@s de 5º de Primaria e agasallaron cunha piruleta con forma de corazón a cada nen@. Por outro lado, o venres, día da festa de entroido, un par de simpáticos paiasos entraron na aula a repartirlles globos aos peques (Menudas mamis máis enrolladas temos na nosa aula! Grazas por esta marabillosa sorpresa!!). Recibimos tamén a visita dun velliño que pasaba por alí e ademais viu a profe Antía a celebrar o día con nós. Que máis se pode pedir?

lunes, 20 de febrero de 2012

MERENDOLA DE ENTROIDO

O pasado venres, os nen@s viñeron disfrazados para festexar o entroido no colexio. Cadaquén elixiu o disfraz máis variopinto: pantera rosa, sevillana, fada madriña, bolboreta, zorro, paiaso, peter pan, policía, cíngara, rá, indio, ninja, de todo!! Estaban guapísimos todos e todas e sacámonos varias fotos todos xuntos. Dende aquí agradecer ás familias dos nen@s a súa implicación e dedicación nesta semana de entroido para que os nen@s viñeran acordes coa orde do Meco de cada día e marabillosamente disfrazados para a festa do venres.
Como era un día especial fixemos unha gran merendola para festexar o entroido e... Sabedes que pasou mentres merendabamos? Pois....sorpresa, sorpresa...  ENTROU A PROFE ANTÍA NA AULA!!!
Que cariña se nos quedou! Menuda alegría levamos de ver á nosa profe Antía outra vez!
Aquí tedes algunhas fotos da nosa festa!
 GRAZAS POR ESTA VISITA, PROFE!!!

ANIVERSARIO DE FABIÁN

  Hoxe, 20 de febreiro, é o aniversario de FABIÁN!
Como coincidiu coas festas de entroido e hoxe non temos clase, celebrámolo o xoves pasado coa coroa, os cánticos e o tirón de orellas tradicional! Pasámolo moi ben e aquí vos deixo as fotos do cumple na aula.
MOITOS PARABÉNS, FABIÁN!!

viernes, 17 de febrero de 2012

POLO ENTROIDO: ORELLAS!

Onte, como estamos no entroido, decidimos facer un postre típico destas datas: as ORELLAS. Colocamos unha pequena cociña na aula, levamos os ingredientes necesarios, mesturámolos nun bol e dedicámonos a amasar e estirar as orellas de entroido para despois fritilas e degustalas. Que saborosas nos saíron!!. Ademais, comprobamos que podemos facelas de diferentes maneiras: Con ovo ou sen ovo, con leite ou sen ela, con anís... O mellor é que vexades o video para comprobar que marabillosos cociñeiros temos na nosa aula!

jueves, 16 de febrero de 2012

4º DÍA DE ENTROIDO: VERÁN ANTICIPADO EN SOBRADA!

Tal e como ordeou o noso Meco, os peques chegaron hoxe á clase coma quen vai á praia! Bermudas, camisetas de asas, gorras, bañadores, flotadores, balóns, gafas de sol, de todo! E ademais, o antifaz! Que pena que hoxe despedíramos ao Meco!

miércoles, 15 de febrero de 2012

ORDE DO MECO PARA O XOVES

 Como o noso Meco non descansa e non para de pensar, cada día vaise superando a sí mesmo e poñéndonolo máis dificil ainda! Resulta que para mañá mándanos vir nada menos que con ROUPA DE VERÁN!!! E para complicalo máis, tamén cun ANTIFAZ!
Esa foi a mensaxe que atopamos na nosa visita de hoxe, así que espero que xa teñades preparado o bañador e as chanclas, chicos, porque mañá olvidámonos do inverno por un día! Seguro que o pasamos moi ben e lle damos unha boa despedida ao Meco por este ano!

3º DÍA DE ENTROIDO: OS HIPPIES CHEGAN A SOBRADA!

Porque non hai nada mellor que repartir paz e amor polo mundo, hoxe disfrazámonos (por orde do noso Meco) de hippies e, como naquela época dos anos 60, os peques apareceron cheos de flores, simbolos de paz, colares, pulseiras, pendentes, cintas no pelo...  estaban IMPRESIONANTES! Pero, non o digo eu, só tedes que mirar o seguinte video:
PEACE AND LOVE!!

martes, 14 de febrero de 2012

2º DÍA DE ENTROIDO: PIXAMAS E MOITO AMOR!

Aquí tedes as fotos da xornada de hoxe. Os peques chegaron encantadísimos con cadansúa parte do pixama e, ademáis, como era o día dos namorados, pintámonos un corazón e repartimos apertas para todos! Ao final do video veredes como, o pixama fixo que viñera o sono e non puidemos evitar quedar a durmir! Jejej

ENTROIDO DE PIXAMAS E AMOR! por cadernodepequechos

ORDE DO MECO PARA O MÉRCORES

Hoxe, coma todos os días desta semana de entroido, fomos de visita ó cole grande para ver de novo ó Meco. Estabamos moi intrigados por saber que orde nos mandaría para mañá e esta foi a mensaxe que atopamos:

"EU SON O MECO, O XEFE DE AQUÍ,
E DIGO QUE...
SE A UN HIPPIE QUERES IMITAR,
CON FLORES, COLARES, PENDENTES, PULSEIRAS
 TERÁSTE QUE ADORNAR"


Fixémonos a foto con él e quedamos en vir tod@s vestidos de "hippie" para mañá.
Que guapos imos a estar!!

lunes, 13 de febrero de 2012

ORDE DO MECO PARA MAÑÁ, MARTES:

Hoxe tamén fomos visitar ó Meco para ver que ordeaba traer para mañá. Como estabamos tan guapos coas nosas caras pintadas, fixémonos unha foto con él e limos a mensaxe que tiña no corpo:

"EU SON O MECO, O XEFE DE AQUÍ
E DIGO QUE...
CUNHA PRENDA DO PIXAMA TES QUE VIR!



Vémonos mañá cunha parte do pixama, nen@s!!!
Que divertido!

1º DÍA DE ENTROIDO: CARAS DO MUNDO

Así de guapos chegaron hoxe os peques de 3 anos á clase. Claro! O Meco dixéranos que hoxe tiñamos que traer a cara pintada da raza que máis nos gustara. Como disfrutamos!!

domingo, 12 de febrero de 2012

COMEZA A SEMANA DE ENTROIDO!

O venres pasado, chegou o MECO ó noso cole coma todos os anos por estas datas de ENTROIDO. O Meco ordéanos vir cada día á clase cunha cousa diferente que teña que ver co entroido e tamén co eixo transversal que ocupa o centro dos nosos traballos e proxectos durante este curso 2011-12: EDUCACIÓN PARA A PAZ E A TOLERANCIA.
Os nenos de 3 anos fomos facerlle unha visita para ver con que nos ordeaba vir este Luns día 13 de febreiro e atopámonos con esta mensaxe:

Así que xa sabedes, pequechos! Mañá temos que vir ao cole coa CARA PINTADA da raza e a cultura que elixades: chino/a, indio/a, hawaiano/a, exipcio/a, africano/a, mexicano/a, musulmán,... O que vós queirades!