martes, 21 de febrero de 2012

SORPRESAS NO ENTROIDO!

A semana pasada, mentres festexabamos o entroido na aula, recibimos diferentes visitas inesperadas que nos deron agradables sorpresas. En varias ocasións quedamos coa boca aberta! O martes 14, día dos namorados, viñeron a lernos un bonito poema os nen@s de 5º de Primaria e agasallaron cunha piruleta con forma de corazón a cada nen@. Por outro lado, o venres, día da festa de entroido, un par de simpáticos paiasos entraron na aula a repartirlles globos aos peques (Menudas mamis máis enrolladas temos na nosa aula! Grazas por esta marabillosa sorpresa!!). Recibimos tamén a visita dun velliño que pasaba por alí e ademais viu a profe Antía a celebrar o día con nós. Que máis se pode pedir?

2 comentarios:

  1. Que sorte tuvéchedes coas visitas! Así dá gusto. Vese que o pasáchedes fenomenal. Un biquiño.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que si!! Foron unhas visitas estupendas que nos sorprenderon moito! Gracias por comentar, Ana. Un biquiño grande!

    ResponderEliminar