miércoles, 18 de abril de 2012

QUE SABEMOS SOBRE A AUGA?

Sempre, antes de comezar un novo proxecto, procede ter unha conversa entre todos os nenos e nenas para comprobar que coñecen ata agora do tema a tratar, neste caso a AUGA, e así ter unha idea de onde partir e como comezar a investigar.
Esta charla tivémola o luns e para facela aplicamos unha técnica de traballo cooperativo. Por si non lembrades, o traballo cooperativo (axudándonos os uns aos outros) levámolo a cabo noutras ocasións (no 1º e 2º trimestre) con técnicas como "a pelota" ou "a tea de araña".
Cada neno/a tiña que aportar algunha idea que tivese sobre a auga ou algunha información e esto foi o que dixo cada un /unha:
 NA AUGA DO MAR VIVEN OS PEIXES E OS TIBURÓNS (Iria)
A AUGA ESTÁ NOS RÍOS (Óscar)
NA AUGA PODE HABER COCODRILOS (Gael)
HAI AUGA CANDO CHOVE (Hugo)
EN RIBEIRA HAI AUGA (Alejandro)
A AUGA É DE COR AZUL (Gael, Gisela, Alejandro, Iria, Álex)
A AUGA SABE RIQUÍSIMA (Hugo)
OS CANGREXOS VIVEN NA AUGA (Noé)
USÁMOLA PARA BEBER E PARA XOGAR NA PISCINA (Arón e Iria)
USÁMOLA TAMÉN PARA COCIÑAR (Gael)
HAI AUGA NA BAÑEIRA, NA DUCHA E NA PRAIA PARA BAÑARSE (Iria)
A AUGA DA PRAIA É DISTINTA DA AUGA DA DUCHA DA NOSA CASA (Álex C.)
A AUGA DA PRAIA TEN SAL PORQUE O DIXO O TEACHER (Hugo e Iria)
USÁMOLA PARA LAVAR AS MANS ANTES DE MERENDAR NO COLE (Irene)
AS FLORES NECESITAN AUGA (Hugo, Gael)
Como o luns faltaron algúns nen@s á clase, o martes repetimos a conversa para saber as opinións que sobre a auga tiñan os nenos que non puideran vir o día anterior e estas foron as súas impresións:
NA AUGA HAI TIBURÓNS (Anxo)
NA AUGA HAI MEDUSAS (Tania)
USAMOS A AUGA CON XABÓN PARA LAVAR AS MANS (Silvia)
A AUGA CAE DAS NUBES CANDO CHOVE (Antonio)
NA MIÑA CASA UTILÍZASE PARA BAÑARSE (Alexia)
EN ÁFRICA HAI MOI POUCA AUGA (aportou tamén Gael)

Reflexionando un pouquiño despois de escoitar tales aportacións entre todos pensamos en COUSAS QUE NOS GUSTARÍA SABER SOBRE A AUGA e chegamos ás seguintes cuestións:

ONDE ATOPAMOS AUGA?
QUE COR TEN A AUGA?
É REALMENTE DE COR AZUL?
COMO CHEIRA?
A QUE SABE?
A AUGA TEN SON? FAI MÚSICA?
COMO PODO TRANSPORTAR A AUGA?
FLOTA TODO O QUE SUMERXIMOS NELA?
POR QUÉ CHOVE?
POR QUE AS NUBES TEÑEN AUGA? (CICLO DA AUGA)
COMO SE FORMAS AS NUBES?
COMO SE FAI O XEO?
(ESTADOS DA AUGA: SÓLIDO, LÍQUIDO, GASEOSO)
USO RACIONAL DA AUGA 
A AUGA NOUTRAS PARTES DO MUNDO
A SÚA IMPORTANCIA PARA A VIDA

Cantas cousas saíron!!! Seremos capaces de responder a todas as cuestións? Seguro que coa axuda dos libros que temos na biblioteca, o que atopemos en internet, o libro que nos regalou Paula e todos os materiais que aporten as familias, o conseguiremos. 
Estade moi atentos ás nosas investigacións!!

2 comentarios:

  1. Eva estaremos máis que atentos ao voso novo proxecto sobre auga. Parece a "mar" de interesante. Por certo, encántanme a cabeceira do teu blog. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Ana! A ver cantas cousiñas investigamos..Quero agradecerte tamén poder formar parte do proyecto dos blogs colaboradores, porque a xente aporta moitísimos recursos e ideas que nos axudan moito no noso labor.
    A verdade é que a min tamén encántame como quedou a cabeceira. Os peques dánlle o toque que lle faltaba...Son uns soletes! Un biquiño!

    ResponderEliminar