jueves, 20 de septiembre de 2012

COMEZAMOS PROXECTO!

Hoxe faltaron 4 nen@s da nosa aula, seguramente por atoparse indispostos e iso deunos pé para charlar un pouquiño na asamblea sobre o noso corpo e de como debemos coidalo para non enfermar. Así, pouco a pouco, fomos entrando en materia e os peques empezaron a facer conxeturas sobre que lles puido ter pasado a eses nen@s para non vir a clase. Foi moi interesante e partiremos desta conversa e de outras que teñamos nestes días para comezar o noso proxecto: "INVESTIGO SOBRE O MEU CORPO E APRENDO A COIDARME"

Así foi a nosa charla:
Eu _Por que non virían hoxe Anxo, Gael, Fabián e Tania?
Irene _Porque cogieron catarro
Antonio _Porque no pusieron la gorra cuando hacía mucho sol
Hugo _O les cogió el frío en la piscina
Eu _E cando estamos malitos a onde imos?
Antonio _Ao médico, que nos pincha.
Eu _E para que nos pincha? 
Antonio e Iria _Para que no estemos malitos.
Eu _E como é o noso corpo? Que ten?
Silvia _Tiene huesos
Eu _Ósos? Onde? Eu non os vexo? 
Iria e Irene _Esque están aquí dentro (sinalando os seus brazos e pernas)
Irene _Los huesos están dentro de la carne, de la piel
Álex  C._También tenemos un corazón y un alma dentro del cuerpo que se usan para vivir
Irene _Aquí (sinalando o seu peito)
Alejandro I. _Dentro del cuerpo tenemos pulmones
Hugo _Usamos los pulmones para soplar
Antonio _Dentro de la cabeza está el cerebro
Iria _Mi tía Laura tiene un esqueleto y le abrimos la cabeza y vimos el cerebro. Todos tenemos huesos para poder andar y mover el cuerpo.
Alexia _Por fuera tenemos carne
Bruno _La piel es carne
Hugo _Por dentro tenemos sangre
Noé_ como los pescados, que también tienen sangre
Eu _Si? Teñen sangue os pescados? E os animais son coma nós por dentro? Terán osos, corazón e pulmóns? que pensades?
Todos _ Noooooooo
Eu _E...Que podemos facer para que o noso corpo medre?
Todos _ comer mucho
Desirée _E beber
Álex C. _Si comemos muchas chuches se nos pone malita la barriga

Caramba! Cantas cousas saíron, pero sairán moitas máis e pouco a pouco formaremos o guión de todo o que nos interesa aprender que ainda non sabemos do corpo e dos coidados que precisa.
Xa vos seguiremos contando e, por suposto, pedir desde aquí a vosa colaboración unha vez máis para aportar materiais, videos, fotos, novas dos xornais sobre cuestións de saúde, de prevención de riscos, información de internet, libros de consulta, contos. Unha pequena aportación será de gran axuda para axudar aos peques a investigar! Graciñas de antemán ás familias e aos blogs colaboradores, que seguro aportarán un montón de ligazóns interesantes.
Grazas a tod@s!

7 comentarios:

  1. Hola Eva: durante el curso pasado ya hubo dos blogs que pidieron ayuda para este tema, concretamente para el nivel de 3 años y el de cinco. Todos los enlaces quedaron recogidos en el SITES de UN PROYECTO ENTRE TODOS. Te dejo los ods enlaces para que puedas ver todos los recursos. Un saludo

    El cuerpo (p3)
    https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/el-cuerpo-p3

    El cuerpo (p5)
    https://sites.google.com/site/unproyectoentretodos/el-cuerpo-p5

    ResponderEliminar
  2. hai que ver acabamos de empezar o curso e xa empezamos a pornos maliños. Con un pouco de sorte Anxo xa irà o cole o luns ou iso espero. Seguramente os pequechos teñen razòn, iso de non poñer gorra cando fai sol ponnos maliños. Son xeniais. Un bikiño para os demais peques que estan maliños.

    ResponderEliminar
  3. Moitísimas grazas, Miren! Seguro que eses recursos son de gran axuda para nós!

    Ola Belén! Sí, parece que a volta ó cole conleva estar máis susceptibles aos virus, pero espero que Anxo e os demais peques poidan voltar pronto ao cole. Un biquiño moi grande e a recuperarse!

    ResponderEliminar
  4. Eva, gústame un montón a nova cabeceira do blogue. Se atopo algún recurso máis dos que hai no sites, chos paso. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Aquí te dejo algunos enlaces a mi galeria de picasa que tienen relación. Espero te sirvan:
    Un librito que he hecho titulado Así soy por fuera y por dentro, para después de trabajar sus partes internas y externas.https://picasaweb.google.com/111298218524531005161/LibroAsiSoyPorFueraYPorDentro#
    Y otro librito muy completo https://picasaweb.google.com/111298218524531005161/LIBROCUERPO#
    Un abrazo

    ResponderEliminar
  6. Y otro de una poesía de los sentidos....
    https://picasaweb.google.com/111298218524531005161/POESIACUERPO#

    ResponderEliminar
  7. Moitísimas grazas Ana e Gemi! Os recursos aportados son estupendos!

    ResponderEliminar