miércoles, 30 de enero de 2013

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ!

Ainda que todos os días deben ser DÍAS DE PAZ, hoxe celebrámolo dun xeito especial. Conmemórase o 30 de xaneiro porque se cumplen anos da morte do lider pacifista: MAHATMA GANDHI. Os pequechos das nosa aula fixeron unha pombiña da paz coas súas mans. Mirade que bonitas quedaron!




Tiñamos pensado, para este día, participar na carreira solidaria VACACIÓNS EN PAZ en Goián, xunto cos demais coles do concello pero, por mor da climatoloxía, houbo que aplazalo...
De todos xeitos, imos lembrar como celebramos o ano pasado este día tan especial coa canción "ME GUSTARÍA ENSEÑAR AL MUNDO A CANTAR", que tanto lles gusta aos nen@s. Foi unha data para lembrar, sen dúbida! Seguro que cando participemos na carreira solidaria, a xornada dará moito de sí.

1 comentario:

  1. Éche ben certo que o tempo non acompañou nadiña. Gústanme as vosas pombiñas. Unha aperta e BO DÍA DA PAZ!

    ResponderEliminar