jueves, 28 de febrero de 2013

PLANTANDO NO COLE!

Despois da visita ao viveiro, viñeron polo cole a traernos unhas plantas aromáticas para que as cultivemos, as reguemos e as coidemos coa finalidade de participar, por cortesía do concello de Tomiño e dos viveiros da zona, na 10ª MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO que terá lugar no PAVILLÓN MUNICIPAL DE GOIÁN os días 20 e 21 de abril. Para iso, os peques de Infantil de Sobrada comprometímonos, por suposto, a plantar e coidar unha PLANTA AROMÁTICA cada un para despois, cando estean grandiñas, levalas a Goián. Pensamos que o mellor era cultivar plantas aromáticas polo uso culinario ou mediciñal que teñen. Así, temos plantas como: Tomillo, Lavanda, Perixel, Cilantro, Ourego, Salvia, Menta...
 Disfrutamos moito manipulando a terra e plantando. Espero que disfrutedes coas fotos e coa canción: "LA FLOR DE LA CANELA" interpretada por Lucha Reyes, unha xoia!

PLANTANDO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

4 comentarios:

  1. Q BIEN SE LO PASAN ESTOS PEQUECHOS.

    ResponderEliminar
  2. que ben e que en serio so tomaron, Anxo que estubo maliño esta semana, preguntoume unha morea de veces si os nenos se acordarian de regarlle a sua plantiña, e que habia q tocarlle as follas con cuidadiño e despois cheiralas, encantoulle isto de plantar no cole.

    ResponderEliminar
  3. Ola mamis! Graciñas por comentar o blog!
    Belén, espero que Anxo estea mellor e poida vir o luns ao cole por fin... Pola súa plantiña que non se preocupe que a estamos coidando entre todos. A del e a dos outros peques enfermiños, que esta semana foron moitos...
    A actividade gustounos moito e os peques disfrutárona un montón. O próximo será facer unha hortiña, jeje. Un biquiño!

    ResponderEliminar
  4. Que detallazo e unha actividade moi bonita e que ben o pasaron todos plantando e regando as plantiñas.Sobre todo a partir de agora coidandoas e mirandoas medrar.Un saudo Ana.

    ResponderEliminar