miércoles, 20 de marzo de 2013

RECEITAS CON MILLO: AREPAS

O pasado venres, tivemos a gran sorte de contar, unha vez mais, coa colaboración dun papá para que nos fixera unha receita con millo. Esta vez foi ROBERTO, o papá de ALEXIA, que viu á nosa clase a facer AREPAS, un prato típico de Venezuela que consiste en mesturar fariña de millo blanco con auga tibia e amasar. Despois pásanse pola sarten e por último, métense no forno. Quedáronlle riquísimas e tiñan unha boa pinta... Os peques de infantil estaban entusiasmados e lles encantaron as arepas, que estaban recheas con xamón e queixo! Inmellorables!!
GRACIÑAS, ROBERTO, POR ENSINARNOS ESTA RECEITA E PARTICIPAR NA VIDA DA AULA!

AREPAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

4 comentarios:

  1. Hola, grazas a vos e noraboa polo voso traballo educativo cos nosos fillos e de verdade paseimo moi ben cos nenos/as,un saudiño pra todos ..Roberto.

    ResponderEliminar
  2. Que boa pinta tiñan esas arepas, hai que ver como nos sorprendeu o papa de Alexia, como ves profe con estas actividades pasamolo mellor os papas que os nenos. Unha aperta e noraboa unha vez mais polo voso traballo.Felices pascuas para todos.

    ResponderEliminar
  3. Gracias papis pero a noraboa teño que dárvola eu a vos por estar sempre dispostos a entrar na aula e axudarnos a aprender! Non hai mellor motivación para os peques! GRACIÑAS DE CORAZÓN! Bicos e apertas!

    ResponderEliminar
  4. Que boísima pinta teñen esas arepas! Seguro que estaban riquísimas. Un biquiño.

    ResponderEliminar