lunes, 22 de abril de 2013

ANXO FÁLANOS DO MILLO

As enquisas que solicitamos ás familias no 1º trimestre sobre o millo, estannos axudando moito nas nosas investigacións sobre este cereal. Dende aquí quero AGRADECER DE CORAZÓN A TODAS AS FAMILIAS a realización da mesma, xa que en función da realidade de cada un, poido ser complicado cubrila. A de Anxo viu acompañada dunhas fotos de apeiros de labranza e outros aparellos que se utilizan (e que utilizan na súa casa) para cultivar o millo. Puxémolas na pizarra para que nos contara a súa función e, cunha explicación detallada, demostrou unha vez máis ser todo un experto no tema! Aquí tedes o que nos contou! GRAZAS ANXO!
 
ANXO FALA DO MILLO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

1 comentario: