viernes, 17 de mayo de 2013

VISITAMOS AOS NEN@S DO CRA DE TOMIÑO!

O pasado día 8 de maio fomos á AULA DE AMORÍN para ter unha divertida xornada de xogos e convivencia cos nenos e nenas de catro aulas do CRA (Colexio Rural Agrupado) de Tomiño: Amorín, Taborda, Carregal e Piñeiro. Alí pasámolo xenial! Como a climatoloxía non acompañou, ao principio estivemos facendo xogos grupais e ata bailando! Despois houbo tempo para xogar na fabulosa finca que teñen en Amorín e para merendar! Foi unha merenda especial, xa que os peques de Sobrada fixemos ROSQUIÑAS DE MILLO para levar alí (apreoveitando o noso proxecto) e encantáronlles! Ademais todas as profes, tanto do CRA como de Sobrada, levamos biscoitos, tortilla e froita por se quedabamos con fame, pero que va!!! Sobrou moita comida, coma sempre...pero pasámolo moi ben. A ver cando repetimos!!!
GRACIÑAS DESDE AQUÍ ÁS MESTRAS E ALUMN @S DO CRA POLA BOÍSIMA ACOLLIDA!
ASÍ FIXEMOS AS ROSQUIÑAS PARA LEVAR AO CRA:

3 comentarios:

  1. mira que bien, de excursión y con regalito, a eso me apunto yo. Genial. besitos.

    ResponderEliminar
  2. Que día más divertido. Seguro que las rosquillas estaban riquísimas. Un beso.

    ResponderEliminar
  3. Unha vez mais o exito estaba asegurado, ademais de pasalo pipa merenda caseira,xenial.Un saudo+

    ResponderEliminar