martes, 18 de junio de 2013

CONTA COMIGO: GRAZAS MAMIS E PAPIS!!

Non me cansarei de AGRADECER a gran implicación das familias dos peques da nosa aula en todo o que ten que ver coa escola! Este é un importante exemplo, xa que todas e cada unha das familias participaron na actividade do "CONTA COMIGO" que, como sabedes os que visitades o blog, consistiu en vir a contar un conto a nosa clase. Estou moi feliz co resultado!!! Os nenos disfrutaron moitísimo coa actividade e coido que temos que instaurala para todos os anos porque foi un éxito. Pero un éxito e un logro das mamás e papás que estivéchedes dispostos a formar parte, durante un rato, da realidade que viven os vosos fillos na escola e preparar esta actividade para eles. Por eso, MIL GRAZAS AOS SENSACIONAIS CONTACONTOS: ANA, NURIA, DELY, MABEL, CAROLIN, ANA, BELÉN, ADRIANA, VANESA, JOSÉ, CONCHI, DIANA, MARINA, RUBÉN, NATALIA, FÁTIMA, ANA, ISABEL E INÉS!
SEN VÓS ISTO NON SERÍA POSIBLE!

CONTA COMIGO FAMILIAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

7 comentarios:

  1. Seguro que foi unha gran experiencia para todos. Noraboa por tan fantásticos contacontos. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti eva polo ben q atendes e ensinas os nosos pequechos

    ResponderEliminar
  3. Jo, Ana, eu so intento facer o meu traballo o mellor que podo e teño a gran sorte de traballar con nen@s! Ademais con papás e mamás súper colaboradores coa escola! Así que as grazas volas dou eu a vos!
    Que mais se pode pedir?

    ResponderEliminar
  4. Unha imaxe vale mais que mil palabras, e a imaxe das cariñas de felicidade dos nosos pequechos e algo que non ten precio. Gracias polo cariño que pos en todo o que fas, miremolo como o miremos este curso foi xenial e todos o pasamos en grande compartindo contigo e cos pequechos momentos inesquecibles. Graciasssss Eva es xenial.

    ResponderEliminar
  5. Gracias a ti Eva por darnos a oportunidade de poder colaborar cos nosos nenos e xenial non podemos pedir mais un saudo.Por certo eu non podo ir a reunión do venres teño que traballar non sei se te dixeron algo,chamei o martes pero estabas ocupada con unha mamá non sei se podera ser outro día

    ResponderEliminar
  6. Gracias, mamis!! Vos si que sodes xeniais!! É un pracer coñecer familias tan boas e tan colaboradoras! MOITÍSIMAS GRAZAS, DE CORAZON!!!
    O vindeiro ano nos daparará seguro novas e variadas sorpresas nas que por suposto estaredes incluídos e espero que sigades participando co mesmo entusiasmo na procura dunha EDUCACIÓN DE CALIDADE!! UNHA APERTA GRANDÍSIMAAA!!

    ResponderEliminar
  7. Dende esta ventaniña que nos deixas a todos aberta, queremos agradecerche todo o que fas polos nosos cativos, e desexarte por suposto unas estupendas vacaciones rodeada de bos amigos. De todo corazón gracias por ser como eres, mil gracias.

    ResponderEliminar