domingo, 9 de junio de 2013

OBRADOIRO DE BARRO CON CONCHI, A MAMÁ DE HUGO

O xoves da semana pasada disfrutamos dunha actividade sensacional e divertidísima! A mamá de HUGO, CONCHI, visitounos para facer un OBRADOIRO DE BARRO cos peques da nosa aula. A verdade é que temos a gran sorte de contar con  papis e mamis con grandes dotes artísticas e, no seu caso, ten unha man para a cerámica impresionante e fai uns traballos preciosos! Como na clase traballamos moito en equipo e cada un ten un nome (OS LUNEROS, AS BOLBORETAS, AS XOANIÑAS, OS CORAZÓNS) a Conchi ocurríuselle a xenial idea de facer un lapiceiro entre todos os membros de cada equipo con motivos alusivos ao nome que ten cada un. De este modo, ensinoulles a facer paso a paso o seu lapiceiro e moitas cousas máis!! Pasámolo xenial con esta actividade, Conchi!! Agora, agardaremos a que seque o barro para poder pintalo de cores. Que bonitos lles quedaron! 
MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR E POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!!
TALLER CONCHI BARRO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

OBRADOIRO BARRO 2 from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

2 comentarios:

  1. como disfrutaron os nosos pequechos, non fai falta mais que ver as suas cariñas de felicidade, co que lles gusta estar cas mans na masa.

    ResponderEliminar
  2. Que traballo máis fermoso! Son uns artistas. Un bico.

    ResponderEliminar