sábado, 8 de junio de 2013

VISITA Á PANADARÍA "VAL DE TEBRA"

O pasado martes realizamos unha saída que levabamos esperando moito tempo. Por fin fomos a unha panadaría!! Tiñamos moitas ganas despois de estudar o millo e na panadaría "VAL DE TEBRA" acolléronos moi, moi ben! O panadeiro, ALFONSO, e seu irmán TOÑO, ensináronnos a maquinaria necesaria para facer pan: a amasadora, a pesa, o forno de leña onde fan as empanadas... Quedamos abraiados ao comprobar como medraban as barras ao sacalas do forno! Era a levadura, claro! Ademais deixáronnos un cachiño de masa a cada un para amasar e facer un boliño e puxémonos de fariña....ATA ARRIBA!!
Portáronse moi ben con nós e dende aquí quero darlles as GRAZAS por prestarse a realizar esta actividade cos peques. Por suposto, nós tamén lles fixemos un pequeno agasallo...
Despois de tan agradable experiencia, merendamos  no recinto que teñen fora  e achegámonos ata un muiño que está moi preto do noso cole, en Sobrada, onde os papás dun neno de 3 anos  maila súa avoa mostráronnos como funcionaba e moeron millo!! Moitísimas GRAZAS tamén a eles!
Foi unha mañá para recordar, sen dúbida!!

VISITA PANADARÍA E MUIÑO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

2 comentarios:

  1. Que bonito, gracias a todas as persoas que fixeron posible esta excursión na que os nosos pequechos disfrutaron tanto. Mil graciasssssssss

    ResponderEliminar
  2. Graciñas por comentar, Belén! A verdade é que o pasamos moi, pero que moi ben e os peques disfrutaron moitísimo tanto na panadaría como no muíño.
    Claro que sí, MOITAS GRAZAS a todos eles e a vos, as familias, por axudarnos sempre e prestarvos a facer actividades coma esta. É moi importante para nós!

    ResponderEliminar