miércoles, 30 de octubre de 2013

CONTA COMIGO: VISITA DO PAPÁ DE SILVIA!

Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa clase a MIGUEL, o papá de SILVIA que, moi amablemente, ofreceuse a contarlles uns contos aos pequechos. Viu acompañado da irmanciña de Silvia: CARLA e puidemos comprobar o grandiña e bonita que está! Dentro de nada estará correteando pola clase porque o tempo pasa...voaaaando!
Pasámolo moi ben con esta visita e SILVIA e TANIA (a súa prima) estaban ilusionadísimas! Miguel contounos dous contos de animais que lles encantaron!!
MOITÍSIMAS GRAZAS POR VIR, MIGUEL, E FACERNOS PASAR UN RATO TAN XENIAL!!

1 comentario:

  1. Sen dúbida unha gran experiencia coa que disfrutaron todos. Disfrutade da ponte. Unha aperta.

    ResponderEliminar