lunes, 16 de junio de 2014

TRES CURSOS INOLVIDABLES!!

Bueno, parece que o curso chega ao seu fin. Este venres, os pequechos despídense da súa etapa infantil para comezar outra moi importante: a chegada á EDUCACIÓN PRIMARIA
Despois de tres anos xuntos e, botando a vista atrás, son moitísimas e marabillosas as experiencias vividas e compartidas todos xuntos. Dame moita morriña e moita pena que se acabe pero é lei de vida e agora tócavos CRECER e voar ata o cole grande!! A modo de homenaxe para os meus pequechos, fixen unha selección de fotos ó longo destes 3 anos. Faltan moitísimas no video, porque teño tantísimas fotos e tan bonitas que non tería fin, pero espero que vos gusten as escollidas. 
Para min, sodes todos/as e cada un/unha moi especiais e sempre vos levarei no meu corazón. De todos xeitos, xa sabedes onde estará a profe Eva sempre que a precisedes! Por sorte, verémonos moito e seguirei a vosa andaina na Primaria desde a miña aula.
Por suposto, aproveitar este momento para AGRADECER a todas e cada unha das familias destes nenos/as a súa colaboración ó longo destes tres anos! A educación dos nenos/as está nas nosas mans e só é posible cunha boa relación FAMILIA - ESCOLA. Por iso: MIL GRAZAS!!!
A POR TODAS, NENOS!! QUÉROVOS MOITO!!
VIDEO INFANTIL PROMOCIÓN 2011-2014 from ceip sobrada on Vimeo.

5 comentarios:

  1. Que bonito video homenaxe! Encantoume. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Gracias,son as que temos que darte a ti EVA, pola dedicación e cariño a cada un dos pequechos nestes tres anos, pola tua profesionalidade e vocaión na tua profesión. Estes pequechos estou segura que nunca te olvidaran. Un saludo muy grande e que a tua vida estea chea de felicidade ca chegada desa pequecha. BIKOS de ALEX C, e claro da sua mama

    ResponderEliminar
  3. Grazas a ti eva polo teu traballo feito con tanto cariño e dedicacion .moita sorte e felicidades por esa pequeniña q esta a punto de chegar .un bico e moitas grazas por esta homenaxe tan bonita

    ResponderEliminar
  4. Buffff! cantos recordos, e que bonitos, cantas horas xuntos..... Eva non hai palabras que sexan suficientes para agradecer o teu traballo e a tua dedicación, creo que os nenos nunca te van a olvidar e os papas tampouco, xa formas parte das nosas familias e da sua infancia que recordaran sempre con gran agarimo. Gracias por ter as portas da tua clase sempre abertas para todos os que quixemos entrar e participar desta etapa dos pequechos. Non sei gustariame decir tantas cousas......
    Bueno pois ata aquí a nosa etapa de infantil, agora a seguir crecendo cos nosos pequechos cara a diante e ti comezar una nova etapa coa tua pequechiña. MOITA SORTE E MIL GRACIAS POR TODO O QUE NOS DECHES NUNCA TE OLVIDAREMOS

    ResponderEliminar
  5. Joooo, GRACIAS, MAMIS!!! Que lindas... A verdade é que me deixades sen fala con esas palabras tan bonitas. Eu non teño mérito ningún, so fixen o meu traballo o mellor que puiden. Unhas veces con máis tempo e outras con menos pero estou contentísima co resultado e os obxectivos logrados, que foron moitos. Pero todo isto non sería posible sen a vosa axuda incondicional e vosa actitude sempre disposta a colaborar na clase. En Sobrada valoramos moito, MOITÍSIMO, a vosa participación e implicación cos nenos, porque non hai mellor maneira de que eles se sintan motivados se notan que os seus pais teñen interese pola escola, o que aprenden cada día, as experiencias que van enriquecendo a súa existencia. Por iso son eu a gran AGRADECIDA, porque contei cunha clase moi boa en todos os sentidos e unhas familias inmellorables!!!
    Sempre que remata unha etapa da moita pena, pero os nenos/as teñen que evolucionar, vivir novas e marabillosas experiencias e enseguida se adaptan ás novas situacións. Eu seguirei a súa pista nos recreos e nos corredores do cole cando me incorpore de novo á escola.
    Moitísimas GRAZAS polos vosos detalles e desexos con esta pequechiña que está a piques de chegar!!! Espero poder facelo como nai polo menos a metade de ben que o facedes vos!!
    Podedes estar seguras de que eu tampouco vos esquecerei!!
    GRACIÑAS POR TODO E MOREAS DE BICOS!!!

    ResponderEliminar