
Pois ben, como cada vez que se comeza un proxecto, pedimos a colaboración das familias aportando materiais que tiveran na casa sobre o tema: fotos, contos, libros, películas, disfraces, perrucas... Todo vale!! E
a verdade é que aportaron moitísimas cousas, desde fotografías dunha
función de circo ata disfraces e animais de xoguete! Co cal, temos un
recuncho na nosa aula adicado ao circo co que estamos entusiasmados!
Disfrazámonos, contamos contos, e cada día iremos aprendendo algo máis
sobre o mundo do circo. Así de ben o pasamos!
MIL GRAZAS, FAMILIAS, POR TODOS OS MATERIAIS APORTADOS!!