sábado, 31 de enero de 2015

DESCUBRINDO O MUNDO DO CIRCO!

Neste 2º trimestre comezamos ademais cun proxecto de investigación moi bonito e atractivo para os nenos e nenas: o mundo do CIRCO. Como sabedes, cada ano no ceip de Sobrada planificamos os proxectos e actividades tendo en conta un tema transversal determinado. Este curso trátase do TEMPO DE LECER e... que mellor que xestionar o noso tempo de lecer acudindo a unha función circense?
Pois ben, como cada vez que se comeza un proxecto, pedimos a colaboración das familias aportando materiais que tiveran na casa sobre o tema: fotos, contos, libros, películas, disfraces, perrucas... Todo vale!! E a verdade é que aportaron moitísimas cousas, desde fotografías dunha función de circo ata disfraces e animais de xoguete! Co cal, temos un recuncho na nosa aula adicado ao circo co que estamos entusiasmados! Disfrazámonos, contamos contos, e cada día iremos aprendendo algo máis sobre o mundo do circo. Así de ben o pasamos!

MIL GRAZAS, FAMILIAS, POR TODOS OS MATERIAIS APORTADOS!!


3 comentarios:

  1. Seguro que disfrutades moitísimo co proxecto. Seguiremos as vosas andanzas. Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Saudos

    Dixoche este enlace por si algun pai interesalle.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2015/01/29/cirkus-kaos-lleva-mos-numeros-clasicos-circo/0003_201501V29C8991.htm

    ResponderEliminar
  3. Moitísimas grazas pola información, Antonio! Que sorte ter o circo tan cerca!
    Saudiños!

    ResponderEliminar