martes, 10 de febrero de 2015

PLANTAMOS TULIPÁNS!!

A semana pasada tivemos unha visita moi esperada. Veu NOEMÍ, membro de ACUBAM (Asociación Cultivos Baixo Miño) de parte do concello de Tomiño, para plantar tulipáns nas clases de infantil. A finalidade é facer que os nenos e nenas se interesen polas plantas, os coidados que requiren, como medran grazas á auga, ó calor e a luz do sol,... e participar así na MOSTRA DE CULTIVOS que se celebrará en Goián os días 28 e 29 de marzo. Esta foi a primeira de varias charlas que nos dará ó longo deste trimestre. Que ben o pasamos!!! 
GRAZAS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS, NOEMÍ!
 
PLANTANDO TULIPÁNS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

1 comentario:

  1. Vense todos moi atentos. Seguro que eses tulipáns medran moi ben convosco. Unha aperta.

    ResponderEliminar