Así de impresionantes posaron os nen@s da nosa clase, o xoves, cos seus disfraces...
sábado, 1 de marzo de 2014
ORDE DO MECO DO XOVES 27:
O mércores fixemos o propio, sacámonos unha fotos ben guapos co noso mandil e fomos visitar o Meco para comprobar con que tiñamos que vir o xoves: Con CALQUERA DISFRAZ!!
ORDE DO MECO DO MÉRCORES 26:
O pasado martes, por suposto, todos os pequechos viñeron coa súa hélice na cabeza! Estaban guapísimos e de novo fomos visitar o Meco para ver que nos mandaba traer para o día seguinte: UN MANDIL DECORADO!
lunes, 24 de febrero de 2014
ORDE DO MECO PARA MAÑÁ, MARTES 25:
Hoxe fomos de novo a visitar ao Meco e parece que a orde para mañá é traer UNHA HÉLICE NA CABEZA! Que cousas se lle ocorren a este Meco... Cada día máis orixinal! Vémonos mañá cunha hélice entón!
CHEGOU O MECO A SOBRADA!
Un ano máis, chegou o/a noso/a MECO/A, que este ano é metade home e metade muller. Está guapísimo/a e encántanos ir a visitalo todos os días desta semana para ver que nos ordena traer ao cole para o día seguinte. O venres apareceu cun cartel pedíndo que hoxe, luns, trouxéramos UN PAR DE BIGOTES NOS MORROS! E, así o fixemos. Aquí tedes as fotos dos pequechos! Pero que guapos...
domingo, 16 de febrero de 2014
CUMPLEAÑOS DE IRIA!
O pasado día 7 de febreiro foi o ANIVERSARIO DE IRIA! Celebrámolo con moitas risas, cancións e baile e a verdade é que o pasamos en grande! Aquí tedes as fotos do día da celebración!
PARABÉNS IRIA!
miércoles, 5 de febrero de 2014
A CARA COAS LETRAS DO NOSO NOME!
Onte fixemos unha actividade moi divertida para os peques! Tiñan que debuxar nun folio a súa cara pero utilizando as letras do seu nome. Tiñan que facer o pelo cunha letra, a cara con outra letra, a boca, o naris, os ollos... Ata que lles quedou o seu autorretrato feito utilizando todas as letras do seu nome. Cando remataron, repartinlles os debuxos a nenos/as diferentes, aleatoriamente e tiñan que adiviñar a qué compañeiro correspondía cada cara. Pasámolo xenial! Mirade que debuxos máis chulos fixeron:
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
Grupo de Traballo,
lectoescritura
domingo, 2 de febrero de 2014
NOVO PROXECTO: OS OFICIOS
Neste segundo trimestre, adentrámonos no mundo das PROFESIÓNS. Os pequechos e as súas familias están aportando moita información, sobre todo con respecto aos oficios que estan a desempeñar os seus pais e nais, os que desempeñaron no seu día os seus avós/avoas... Falamos da igualdade nas profesións e atopamos moitos recursos na rede que nos poden axudar a investigar. Aquí deixo algúns deles:ADIVINA DE QUÉ OFICIO SE TRATA: A LOS OFICIOS VAMOS A JUGAR: CUANDO SEA GRANDE... IMAXES DE OFICIOS QUE NON SON TAN HABITUAIS HOXE EN DÍA:
AS PROFESIÓNS: XOGO ON LINE (fai clic na imaxe)
CELEBRAMOS O CUMPLE DE TANIA!
O pasado xoves, coincidindo co DÍA DA PAZ, 30 de xaneiro, foi o ANIVERSARIO DE TANIA! O xoves repartiu os caramelos e o venres celebrámolo todos xuntos na aula, cantando, bailando e co tirón de orellas tradicional!
MOITÍSIMOS PARABÉNS, TANIA! XA TES 6 AÑAZOS!
miércoles, 22 de enero de 2014
CELEBRAMOS O CUMPLE DE ANTONIO
Hoxe, 22 de xaneiro, foi o ANIVERSARIO DE ANTONIO que cumpliu 6 anos!! Trouxo caramelos para todos e celebrámolo cunha gran festa na nosa clase! Bailamos, tirámoslle das orellas, cantamos e rimos un montón!
PARABÉNS, ANTONIO, NO TEU DÍA!
CONTACONTOS: CAMILA, IRMÁ DE BRUNO
Onte tivemos a sorte de recibir na biblioteca do noso cole a un grupo de 6 nenas de 2º de Primaria, entre as cales estaba CAMILA, a irmá de BRUNO, que quixo vir a contarnos un conto moi chulo: A METADE DE XOAN.
As 6 nenas lérono estupendamente e fixéronos pasar un rato fantástico!
MOITÍSIMAS GRAZAS, CAMILA, POR DARLLE ESTA SORPRESA A BRUNO!
PASÁMOLO MOI BEN COAS NENAS DE 2º!
sábado, 18 de enero de 2014
TEÑO QUE DECIDIRME
Antes das vacacións de Nadal, houbo un martes que choveu moito e non puidemos ter talleres. Entón, a profe Susana e mais eu decidimos facer unha actividade cooperativa cos nenos. Foi unha especie de xogo que comezou coa narración dunha historia que lles contou a nosa profe de educación física sobre uns rapaces que ían de excursión ao Monte Aloia pero que, no camiño, atopáronse con serios problemas... Este conto foi o punto de partida para que fosen eles precisamente os que resolveran eses problemas: primeiro de xeito individual e despois en equipo. Así, chegaron a unha conclusión moi sabia e interesante: CANDO TRABALLAMOS EN EQUIPO AXUDÁMONOS E TOMAMOS AS DECISIÓNS AXEITADAS.
Pero para coñecer mellor todo o que sucedeu nesas dúas proveitosas sesións, só tedes que darlle ao "play" dos videos. Como pensan estes nen@s!
DINÁMICA TEÑO QUE DECIDIRME from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
CONCLUSIÓNS TEÑO QUE DECIDIRME from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Etiquetas:
aprendizaxe cooperativa,
Grupo de Traballo
CONTACONTOS: VISITA DA MAMÁ DE BRUNO
Onte visitounos CAROLIN, a mamá de Bruno, que ofreceuse a vir á nosa aula para contarlles un conto aos pequechos! Disfrutamos moito coa lectura do conto, xa que se trataba dun libro sobre os ANGRY BIRDS, uns debuxos de videoxogos que están causando furor entre os máis pequenos!
MIL GRAZAS POLA TÚA VISITA, CAROLIN!
Etiquetas:
Conta comigo,
Dinamización da lectura
CELEBRAMOS O CUMPLE DE DESI!
Esta semana tivemos a celebración do ANIVERSARIO DE DESIRÉE, xa que o día 7 de xaneiro cumpliu 6 ANOS!! É a primeira da clase en cumplir os 6 e, coma sempre, festexámolo por todo o alto! Ata bailamos o Cumpleaños Feliz de Parchís!! Pasámolo moi ben e agasallounos con caramelos para todos!
MOITÍSIMOS PARABÉNS, DESIRÉE!
lunes, 13 de enero de 2014
CHEGOU O INVERNO!
Voltamos ao cole despois das vacacións de Nadal con moitas ganas e...que mellor maneira de comezar este trimestre que falando da nova estación do ano que nos ocupa? Hoxe falamos do INVERNO e fixemos unha ficha chulísima dun boneco de neve. Aquí vos deixo algúns recursos sobre esta fría pero entrañable estación:
XOGA NO POLO NORTE (Fai clic na imaxe)
O BONECO DE NEVE DE CAILLOU:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




