miércoles, 18 de abril de 2012

DECORACIÓN PRIMAVERAL!

Dende que deu comezo a PRIMAVERA o día 20 de marzo, non deixamos de decorar a aula. O noso mural do inverno que tiñamos na entrada xa non nos servía, porque o frío e a neve pouco a pouco vai deixando paso ao calor, nas árbores peladas do inverno xa están brotando outra vez as follas e os froitos, e a roupa de abrigo e as botas pronto van deixar paso ás sandalias e á roupa máis fresquiña. Con todo, decidimos facer outro mural, pero esta vez cunha paisaxe primaveral. Ademais coloreamos moitas flores, abellas, xoaniñas e bolboretas para decorar as fiestras da nosa clase e cada un de nós fixo unha flor cos cartóns do papel hixiénico. Hai mellor forma de reciclar?

5 comentarios:

  1. Q bonitas vos quedaron as flores pequechos sodes uns artistas xa chegou a primaveira anque non o parezca

    ResponderEliminar
  2. O mural quedou impresionante e oas flores individuais tamén. Estes peques teñen un gran dominio do pinceil. Non é raro que con traballos así a primavera sexa a estación máis bonita do ano. Un bico.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas, Ana e profes de infantil! Alégrame que vos gustaran as flores. É que temos uns artistazos en 3 anos! É unha estación que se presta a facer moitas manualidades e non será a última que fagamos!!
    Un biquiño e grazas por comentar!

    ResponderEliminar
  4. ¡ ESTES PEQUECHOS SON UNS ARTISTAS!

    ResponderEliminar