miércoles, 15 de abril de 2015

XORNADAS CULTURAIS: OBRADOIRO DE GAITA

Dentro das XORNADAS CULTURAIS, tivemos a sorte de contar, o día 7 de abril, coa visita de SUSO, PATRI e ROSA: o papá, a tía e a avoa de MARIO (da nosa clase) e ADRIANA (de 5 anos), que viñeron a facer un OBRADOIRO DE GAITA cos nenos e nenas. Patri explicounos como é o proceso de elaboración dunha gaita, Rosa contounos como se chama a bolsa da gaita (FOL) e como se fai para vestilas con teas de moitos tipos e cores e Suso tocou marabillosamente unhas pezas e invitounos a bailar ao son da gaita e ao ritmo do tambor que tocaba Patri. Non vos perdades estes videos. Non teñen desperdicio! Aprendemos moitas cousas e pasámolo xenial! 
MIL GRAZAS, FAMILIA DE MARIO E ADRIANA, POR PRESTARVOS A FACER ESTA ACTIVIDADE! 
GUSTOUNOS MOITÍSIMO!!! MENUDOS ARTISTAS!!

OBRADOIRO GAITA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

OBRADOIRO GAITA 2 from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

lunes, 13 de abril de 2015

XORNADAS CULTURAIS: TINO BAZ

O pasado 25 de marzo, con motivo das XORNADAS CULTURAIS do Ceip de Sobrada, recibimos a visita do cantautor guardés TINO BAZ. Pasámolo xenial escoitando as súas cancións e os instrumentos que trouxo: pandeireta, guitarra, gaita, cunchas, tambor, frauta, zanfona... A canción que máis nos gustou foi a do "gato metido nun saco". GRAZAS, TINO BAZ! 
TINO BAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Canción do video: "CINSA NAMORADA" de TINO BAZ

lunes, 6 de abril de 2015

COMO MEDRARON OS TULIPÁNS!

Lembrades os bulbos que plantamos hai aproximadamente dous meses? Pois grazas aos nosos coidados e ós mimos dos pequechos de 3 anos chegaron a ser así de bonitos. Aquí tedes unha selección de fotos coa progresión do seu crecemento xunto con outras fotos doutra visita de Noemí, que veu a falarnos da planta da vide. Gustounos moito esta actividade!

jueves, 12 de marzo de 2015

XOGOS SOBRE O CIRCO!

Se facedes clic nas seguintes imaxes teredes acceso a dous xogos on line sobre o CIRCO: As partes do circo e os personaxes do circo. A disfrutar xogando desde casa!
http://www.tinytap.it/games/g6lz/play/
http://www.tinytap.it/games/g67z/play/

domingo, 22 de febrero de 2015

FESTIVAL DE ENTROIDO!

O venres 13 de febreiro celebramos o FESTIVAL DE ENTROIDO no colexio. Este ano con moi mala sorte co tempo, xa que choveu moito e non puidemos desfilar polo patio, tivemos que facelo no pavillón de Sobrada. Ainda así pasámolo súper ben. Os nenos e nenas de Educación Infantil fomos disfrazados baixo a temática do CIRCO e había MALABARISTAS, MAGOS, DOMADORES, LEÓNS e PAIASOS. Desfile de guapos e guapas!! 
 
FESTIVAL ENTROIDO 2015 from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

Música do video: "Carnaval" de GEORGIE DANN/ "Ya llegó el Carnaval" de FÓRMULA ABIERTA

PINTANDO NA PIZARRA DIXITAL

Xa levamos uns días acudindo á aula de audiovisuais para coñecer a PDI (Pizarra Dixital Interactiva) ou tamén coñecida polos nenos/as como "pizarra máxica". Con ela pasámolo en grande, porque podemos pintar cousas fantásticas usando os nosos dedos e ofrécenos moitas posibilidades de aprender!

ORDES DO MECO

Durante a pasada semana de ENTROIDO visitounos o MECO, un personaxe característico destas datas que, cada día desa semana, mandounos vir dun xeito determinado. O primeiro día cunha prenda dunha talla diferente á nosa, o segundo con algo na cabeza, o terceiro co pelo pintado e o último coa cara pintada. Como viñemos a clase moi guapos, sacamos moitas fotos. Aquí as tedes! 

martes, 10 de febrero de 2015

PLANTAMOS TULIPÁNS!!

A semana pasada tivemos unha visita moi esperada. Veu NOEMÍ, membro de ACUBAM (Asociación Cultivos Baixo Miño) de parte do concello de Tomiño, para plantar tulipáns nas clases de infantil. A finalidade é facer que os nenos e nenas se interesen polas plantas, os coidados que requiren, como medran grazas á auga, ó calor e a luz do sol,... e participar así na MOSTRA DE CULTIVOS que se celebrará en Goián os días 28 e 29 de marzo. Esta foi a primeira de varias charlas que nos dará ó longo deste trimestre. Que ben o pasamos!!! 
GRAZAS POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS, NOEMÍ!
 
PLANTANDO TULIPÁNS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 8 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro festexamos o DÍA DA PAZ facendo unha pombiña na aula e conversamos sobre o que significa ter PAZ. Estas foron as conclusións do alumnado.
REFLEXIÓN DÍA DA PAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

CARREIRA SOLIDARIA NO DÍA DA PAZ!

Este ano participamos nunha carreira solidaria polo DIA DA PAZ, para recaudar fondos para os nenos e nenas que máis o precisan. Tivemos que facela o xoves 5 de febreiro xa que o día da Paz (30 de xaneiro) chovía moitísimo. Cada neno/a do colexio tivo que buscar un patrocinador/a ou varios/as patrocinadores/as dispostos a pagar uns cartos simbólicos por cada volta que deran. O recinto era moi grande, co cal os nenos e nenas de Infantil deron unha volta pero fixérono MOI BEN!! Que campeóns! Aquí tedes algunhas das imaxes do evento:

sábado, 31 de enero de 2015

DESCUBRINDO O MUNDO DO CIRCO!

Neste 2º trimestre comezamos ademais cun proxecto de investigación moi bonito e atractivo para os nenos e nenas: o mundo do CIRCO. Como sabedes, cada ano no ceip de Sobrada planificamos os proxectos e actividades tendo en conta un tema transversal determinado. Este curso trátase do TEMPO DE LECER e... que mellor que xestionar o noso tempo de lecer acudindo a unha función circense?
Pois ben, como cada vez que se comeza un proxecto, pedimos a colaboración das familias aportando materiais que tiveran na casa sobre o tema: fotos, contos, libros, películas, disfraces, perrucas... Todo vale!! E a verdade é que aportaron moitísimas cousas, desde fotografías dunha función de circo ata disfraces e animais de xoguete! Co cal, temos un recuncho na nosa aula adicado ao circo co que estamos entusiasmados! Disfrazámonos, contamos contos, e cada día iremos aprendendo algo máis sobre o mundo do circo. Así de ben o pasamos!

MIL GRAZAS, FAMILIAS, POR TODOS OS MATERIAIS APORTADOS!!


COMO TRABALLAN ESTES NEN@S!

Estas son algunhas das fotos que lles tomei aos nenos/as mentres estaban "enfrascados" no seu traballo. Prepararon a caixiña para gardar as súas pinturas e materiais e fixeron algunhas fichas. Portáronse moi ben! Dádelle ao play!

UNHA NOVA ANDAINA! COMEZAMOS!!

Ola a tod@s de novo! Por fin escribo no blog despois de tanto tempo! Intentarei mantelo actualizado como se merece a partir de agora, que xa me incorporei ao colexio. Comezo cun marabilloso grupo de 12 nenos e nenas de 3 anos, co que espero pasar moitas e fantásticas experiencias e contárvolas a vos, como veño facendo desde hai 3 anos nada menos. Desde aquí un agarimoso recordo para os pequechos que agora están en 1º (É inevitable botarvos tanto de menos... pero alégrame moito que vos vaia moi ben) e unha calorosa benvida aos novos 12 membros da nosa aula de 3 anos!! 
 

lunes, 16 de junio de 2014

TRES CURSOS INOLVIDABLES!!

Bueno, parece que o curso chega ao seu fin. Este venres, os pequechos despídense da súa etapa infantil para comezar outra moi importante: a chegada á EDUCACIÓN PRIMARIA
Despois de tres anos xuntos e, botando a vista atrás, son moitísimas e marabillosas as experiencias vividas e compartidas todos xuntos. Dame moita morriña e moita pena que se acabe pero é lei de vida e agora tócavos CRECER e voar ata o cole grande!! A modo de homenaxe para os meus pequechos, fixen unha selección de fotos ó longo destes 3 anos. Faltan moitísimas no video, porque teño tantísimas fotos e tan bonitas que non tería fin, pero espero que vos gusten as escollidas. 
Para min, sodes todos/as e cada un/unha moi especiais e sempre vos levarei no meu corazón. De todos xeitos, xa sabedes onde estará a profe Eva sempre que a precisedes! Por sorte, verémonos moito e seguirei a vosa andaina na Primaria desde a miña aula.
Por suposto, aproveitar este momento para AGRADECER a todas e cada unha das familias destes nenos/as a súa colaboración ó longo destes tres anos! A educación dos nenos/as está nas nosas mans e só é posible cunha boa relación FAMILIA - ESCOLA. Por iso: MIL GRAZAS!!!
A POR TODAS, NENOS!! QUÉROVOS MOITO!!
VIDEO INFANTIL PROMOCIÓN 2011-2014 from ceip sobrada on Vimeo.

jueves, 12 de junio de 2014

POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA

O pasado día 30 de maio, os nenos e nenas de Infantil participamos, xunto co resto do colexio no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que celebramos todos os anos por estas datas. Quixemos facelo dun xeito especial, cunha obra de teatro alusiva ao tema transversal que estivemos a traballar durante todo o curso: A IGUALDADE, A INCLUSIÓN, O RESPETO POLAS DIFERENZAS E A COEDUCACIÓN. Está baseada no conto "POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA" do autor JÉRÔME RUILLIER e todos os rapaces, tanto os de 5 anos, que levaron o peso da obra por rematar ciclo, como os de 3 e 4, que interpretaron as cancións da obra, fixeron un traballo memorístico e de dramatización sensacional!
Se non puidéchedes asistir á Casa da Cultura de Tomiño ese día, anímovos a que vexades este estupendo traballo dos pequechos! Uns craks!!
OBRA DE TEATRO: "POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA"
POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
PREPARACIÓN DOS TRAXES E O DECORADO: