lunes, 22 de agosto de 2011

PALACIO DE PAPEL


PALACIO DE PAPEL from ceip sobrada on Vimeo.
Hai xa moito tempo, comezamos a construcción dun castelo na nosa aula. Tardamos en rematalo pero velaquí está o resultado. Fixémolo con materiais de refugallo, tales como xornais antigos e cartóns de leite e zume aportados polas familias. Dende aquí quero agradecer a súa colaboración, xa que foron traendo día tras día cartóns de leite baleiros e limpos, o cal foi de grande axuda para a confección do noso palacio de papel.

Aquí temos outro exemplo máis da cantidade de cousas que podemos facer co lixo que tanto contamina o noso contorno e convertilo en material de refugallo dándolle diferentes usos.

miércoles, 10 de agosto de 2011

VERMES DE SEDA NA NOSA AULA!

No derradeiro trimestre disfrutamos da chegada duns vermiños pequerrechiños á nosa aula. Chegaron nunha caixiña de madeira e todos os nen@s comprometéronse a coidalos e alimentalos coa finalidade de ver día a día como ían medrando e facendo o casulo de seda. Foi unha experiencia nova e marabillosa para eles. Aprendimos moitas cousas sobre os vermes, os coidados que requiren, como é o proceso de elaboración da seda e velaquí está o resultado con este pequeno proxecto:

martes, 9 de agosto de 2011

ATA SEMPRE, PEQUECHOS!


INFANTIL 2008-11 from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.
Despois de 3 anos xuntos, son moitas as experiencias vividas e as ilusións compartidas. Unha pequena homenaxe para uns grandes alumn@s!

UNHA SORPRESA INOLVIDABLE...

O penúltimo día do curso, os meus peques de 5 anos tíñanme preparada unha sorpresa, bueno, eu diría máis ben un SORPRESÓN. Emocioneime moitísimo cando ó abrir a porta da aula, coma todos os días, atopei aos nen@s a escuras detrás dunha preciosa mesa chea de pétalos de flores cun inmenso ramo de rosas vermellas e un fermosísimo cadro coa súa foto e cunha mensaxe que me chegou ao corazón. Que bonito comprobar como todos os pais e nais dos peques xuntáronse para darme unha alegría tan grande. Grazas, de corazón. O mellor agasallo foi ter uns alumnos tan estupendos.


É dificil expresar con palabras o que significou para min axudar a aprender a estes marabillosos nenos e nenas, dos cales eu aprendin tantas cousas ó longo destes 3 anos, así como contar coa colaboración das súas familias en todo momento e sobre todo coa súa CONFIANZA. Por iso dende aquí quero darvos as GRAZAS a todas e cada unha das familias e, por suposto aos meus peques:

ANDREA, SERGI, ÁLEX, MARTA, NOA, PABLO, IRIA, ALEJANDRO, MARCO, UXÍA, IVÁN, BORJA, MÓNICA, JOEL
aos que botarei moitísimo de menos e lles desexo todo o mellor na vindeira etapa escolar e na súa vida.


MOITÍSIMA SORTE NA EDUCACIÓN PRIMARIA!


viernes, 5 de agosto de 2011

ESTILOS MUSICAIS DE HOXE E SEMPRE...


TALLER DE CABARET INFANTIL - presentacion imagenes
Este é o traballo realizado polos pequechos durante o curso no taller de cabaret infantil. Estudaron algúns estilos de música diferentes coma o ROCK, o FOLK, o BLUES, os RITMOS LATINOS e a FANFARRIA, chegando a recoñecer os instrumentos característicos e algúns artistas representativos de cada estilo.  A ver que nos depara no vindeiro curso este taller. Seguro que aprendemos moitas cousas máis sobre a música!

jueves, 4 de agosto de 2011

TEATRO DE TÍTERES: A NOITE DAS MUDANZAS

Obra de teatro, adaptación dun conto, interpretada e cantada polo alumnado de educación infantil do ceip de Sobrada no FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS que se celebrou no auditorio de Goián o pasado día 27 de maio.

Nas semanas previas á representación da obra "A NOITE DAS MUDANZAS", na que participou todo o alumando de Infantil, os nenos e nenas da nosa clase de 5 anos traballaron moitísimo para que todo o decorado estivera preparado: pintaron, recortaron e fixeron colaxe, debuxaron...e velaquí está o resultado do seu traballo:

PREPARANDO O DECORADO DA OBRA DE TEATRO:

EDUCACIÓN VIAL EN EQUIPO


Os nenos e nenas de 5 anos aprenderon educación vial traballando en equipo e poñendo en práctica algunhas técnicas de traballo colaborativo. Axudáronse a aprender tendo en conta aos seus compañeiros e chegando a conclusións comúns para todos os membros de cada equipo. Velaquí tedes un pequeno exemplo do traballo que levaron a cabo os peques.

ESTUDO DOS TRANSPORTES


INFANTIL BAILA A FANFARRIA

Unha fanfarria é unha peza musical corta de grande forza, interpretada por varias trompetas e outros instrumentos de vento e metal, moitas veces acompañados por instrumentos de percusión.



Trátase dun estilo musical típico da zona este de Europa: Serbia, Rumanía, Turquía... e no taller de cabaret infantil intentamos achegarnos a este tipo de música. Pasámolo en grande e moitos nen@s coincidiron en que é unha música "para volverse tolos", xa que invita ao movemento e á exaltación. Coñeceron a un grande representante da Fanfarria como é: EMIR KUSTURICA e disfrutaron moito coas súas composicións.

RITMOS LATINOS!

Aquí tedes unha mostra máis do ben que bailan os peques de infantil. Esta vez tocou taller de RITMOS LATINOS. Dende a salsa, a bachata e o merengue, pasando polo son cubano, ata as rancheras mexicanas.
Como se moven estes nen@s!

PROXECTOS: O OURIZO CACHO E O RAPOSO