jueves, 28 de febrero de 2013

PLANTANDO NO COLE!

Despois da visita ao viveiro, viñeron polo cole a traernos unhas plantas aromáticas para que as cultivemos, as reguemos e as coidemos coa finalidade de participar, por cortesía do concello de Tomiño e dos viveiros da zona, na 10ª MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO que terá lugar no PAVILLÓN MUNICIPAL DE GOIÁN os días 20 e 21 de abril. Para iso, os peques de Infantil de Sobrada comprometímonos, por suposto, a plantar e coidar unha PLANTA AROMÁTICA cada un para despois, cando estean grandiñas, levalas a Goián. Pensamos que o mellor era cultivar plantas aromáticas polo uso culinario ou mediciñal que teñen. Así, temos plantas como: Tomillo, Lavanda, Perixel, Cilantro, Ourego, Salvia, Menta...
 Disfrutamos moito manipulando a terra e plantando. Espero que disfrutedes coas fotos e coa canción: "LA FLOR DE LA CANELA" interpretada por Lucha Reyes, unha xoia!

PLANTANDO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN

O pasado venres 15 de febreiro, xusto despois de chegar das vacacións de entroido, visitamos un viveiro que está moi preto do noso cole: O VIVEIRO VIDAPLAN, adicado ao cultivo de plantas ornamentais. A actividade consistiu en visitar o viveiro, coñecer as plantas que se cultivan alí: xeranios, hortensias, ciclamen... e os coidados que requiren.  Pasámolo moi ben e resultou moi interesante pero o mellor da actividade estaba ainda por chegar...
VISITA AO VIVEIRO VIDAPLAN from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

miércoles, 27 de febrero de 2013

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE GISELA

O pasado xoves, novamente, recibimos a unha mamá para contarnos un conto. Nesta ocasión tivo a amabilidade de vir á nosa aula MARINA, a mamá de GISELA. Contounos un conto cunha mensaxe para reflexionar, unha fábula titulada "LA ZORRA Y LA CIGÜEÑA". Nós otorgámoslle un merecidísimo diploma por facelo tan ben. 
MOITÍSIMAS GRAZAS, MARINA, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!

CUMPLE DE FABIÁN!

O pasado día 20 de febreiro FABIÁN cumpliu 5 anos! Fixemos unha festa por todo lo alto no cole para celebralo e él agasallounos con caramelos para todos! Pasámolo en grande cantándolle o cumpleanos felíz! Basta con mirar a cariña dos pequechos nas fotos...  Foi xenial! 
MOITOS PARABÉNS, FABIÁN!

viernes, 22 de febrero de 2013

UN XOGO: "MUNDO DE CORES"

Despois da visita da mamá de Álex, o luns pasado fixemos un xogo. En realidade, trátase dunha dinámica de traballo cooperativo chamada: "MUNDO DE CORES" (como outras que temos levado a cabo, como "A PELOTA", "A TEA DE ARAÑA" ou "A SILUETA"). Consistiu no seguinte: Cada neno/a tiña que poñerse de cara á parede e pechar os ollos mentres eu lles puña unha pegatina dunha cor na espalda. Despois tiñan que abrir os ollos e agruparse eles solos en función da cor que tiñan. O quiz do xogo está en buscarlle solución a un problema que xurdiu no reparto de cores... 
Queredes comprobar o que pasou? Aquí vos deixo o video para non perder detalle das súas conclusións! Estes pequechos están madurando moito! 
DINAMICA MUNDO DE CORES from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

Un conto que xa publicara pero que ten moito que ver con esta dinámica que fixemos sobre a importancia da amizade, de non afastar a ninguén, de eliminar barreiras, de integrar e facer que os que temos ao lado se sintan ben: "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA"

CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE ÁLEX

O pasado luns, día 18 de febreiro, recibimos a visita de DIANA, a mamá de ÁLEX, que viu á nosa clase a contarnos un conto que nos encantou: "O REI LEÓN". Que sorte temos de que sigamos contando coa colaboración das familias que vos prestades a facer actividades coma esta!
 GRAZAS, DIANA, POR PARTICIPAR NO CONTA COMIGO! 
PASÁMOLO XENIAL!

lunes, 18 de febrero de 2013

FOODSCAPES: CURIOSIDADES ARTÍSTICAS...

Impresionante! Queremos compartir con vos o descubrimento que fixemos dunhas fotografías de paisaxes feitas con comida. O artista chámase CARL WARNER, que combinaba os alimentos para formar prados, praias, e un sinfín de escenarios e lles sacaba fotos tan curiosas como as que poderedes ver a continuación:

domingo, 17 de febrero de 2013

DESFILE E ACTUACIÓN NO FESTIVAL DE ENTROIDO

Por se non puidéchedes asistir ao festival de entroido do noso cole ou para os/as que queirades rememoralo, aquí van dous videos da xornada. O primeiro é o desfile de todo o cole para lucir os disfraces e o segundo a estupenda actuación que fixeron os pequechos de infantil! Os videos das demais actuacións podedes miralos no blog do cole. Non deixedes de visitalo!
 DESFILE COMPARSAS CEIP DE SOBRADA:
DESFILE ENTROIDO from ceip sobrada on Vimeo.

ACTUACIÓN EDUCACIÓN INFANTIL:
ACTUACION INFANTIL ENTROIDO 2013 from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

jueves, 14 de febrero de 2013

COÑECEMOS A ARCIMBOLDO

Hai uns días, antes de que chegara a semana de Entroido, coñecimos a un artista moi peculiar: GIUSEPPE ARCIMBOLDO. Chamounos a atención porque nos seus cadros pintaba retratos utilizando alimentos!! Verdade que é moi curioso? Aquí vos deixo algunha información sobre este estupendo pintor italiano e os cadros que fixeron os pequechos, ao "estilo Arcimboldo", utilizando debuxos de froitas e follas. Quedáronlles xeniais!! 

miércoles, 13 de febrero de 2013

FOTO INDIVIDUAL CO DISFRACE


ASÍ SE FAI, PEQUECHOS!

Aquí tedes un resumo en imaxes do moitísimo que traballaron estes pequechos para confeccionar o seu disfrace de SOBREMESA ó longo do mes de xaneiro... Son uns artistazos!!!
 
FACENDO O DISFRACE from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

SORPRESA DE ENTROIDO NA NOSA AULA!

O pasado venres, xusto antes de comezar a prepararnos para o desfile, petaron na nosa porta e apareceron dúas cociñeiras moi especiais... Ían moi guapas co seu antifaz e o delantal e trouxéronnos globos para todos! Menuda sorte! Vaia sorpresa nos deron!!! Mirade as cariñas dos pequechos!
GRACIÑAS MAMIS!!! Estes detalles non se esquecen!!!

lunes, 11 de febrero de 2013

MENÚ SAUDABLE NO FESTIVAL DE ENTROIDO!

Aquí vos deixo algunhas das fotos do desfile e festa de entroido que celebramos o pasado venres no patio do colexio. Todo o centro disfrazouse acorde co tema que estamos a traballar este curso: A SAÚDE, O CONSUMO E A ALIMENTACIÓN. Os pequechos de Infantil en concreto fixemos alusión a este último tema e entre todos formamos un MENÚ SAUDABLE: Os de 3 anos foron de 1º prato: ensalada; os de 5 anos foron de 2º prato: polbo á feira; e os da nosa aula de 4 anos fomos de Sobremesa: froita variada. Pasámolo xenial lucindo os disfraces. Dende aquí quero agradecer ás familias as súas marabillosas aportacións tanto para o disfrace (os fantásticos gorros de cociñeiros; o material de refugallo) como para a festa (riquísimos postres de entroido) e tamén MOITAS GRAZAS POR ASISTIR!
FESTIVAL DE ENTROIDO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

VISITA DE PACO O FILLOEIRO!

O pasado xoves, na semana de Entroido, recibimos unha visita moi doce! Viñeron PACO e MARISA, dous filloeiros profesionais que fan unhas FILLOAS Á PEDRA de vicio! Os pequechos estaban encantados saboreando as filloas con azucre e canela. Menuda semana de postres levamos! Como ten que ser que para iso estamos no ENTROIDO! Mmmmmm!
FILLOEIRO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 10 de febrero de 2013

FIXEMOS ORELLAS!

Como xa fixéramos o ano pasado por estas datas, nada mellor ca unhas boas ORELLAS DE ENTROIDO a media mañá...Por iso, o mércores puxémonos "coas mans na masa" (nunca mellor dito, jeje) Fixémolas de dúas clases: con ovo e con leite de soia e a verdade é que as dúas masas saíronos de rechupete. Mirade que ben o pasamos cociñando na nosa clase! 
ORELLAS DE ENTROIDO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

Aquí tedes a receita por se vos apetece facelas! Animádevos!

CALCETÍNS POR RIBA DO PANTALÓN

Lembremos que o pasado xoves, ademais de celebrar o cumple de Iria, o Meco ordeáranos o día anterior vir con calcetíns distintos e por fóra do pantalón. Pois ben, así aparecemos os peques máis a profe pola porta da clase! jeje, que orixinais!

CUMPLE DE IRIA!

O pasado xoves, día 7 de Febreiro, coincidindo coa semana de Entroido, foi o aniversario de IRIA. Xa cumpliu 5 anos e, por suposto, celebrámolo a lo grande! Pasámolo moi ben cantándolle o cumpleanos feliz. Ela pediu un desexo, soprou a vela do 5 e repartiu caramelos para todos. 
PARABÉNS, IRIA!

jueves, 7 de febrero de 2013

ESPERÁMOSVOS, FAMILIAS!

Por fin chegou o gran día! Mañá, venres, celebraremos o FESTIVAL DE ENTROIDO do noso cole! Despois de moitos preparativos a verdade é que estamos emocionados! Esperamos que tod@s os asistentes disfrutedes do desfile de comparsas tanto coma nós. Por suposto, AGRADECERVOS, familias, todos os postres e comida variada que aportaredes para mañá. Sen vos non sería posible! GRACIÑAS! VIVA O ENTROIDO!!

miércoles, 6 de febrero de 2013

PARA MAÑÁ, XOVES, O MECO SEGUE A MANDAR

Bueno, parece que esta semana tan divertida está a piques de rematar...OOOHHHHH!!! Hoxe o noso Meco deunos a súa derradeira orde por este ano. Estade moi atentos ao seu capricho:


 Preparade os calcetíns!!! E non vos esquezades de poñelos por fora do pantalón!!!

COMO DIXERA O MECO...

...hoxe trouxemos un bonito ANTIFAZ! Mirade que ben saímos na foto! jeje.
Pasámolo en grande coas ordes do Meco!

martes, 5 de febrero de 2013

PARA MAÑÁ, MÉRCORES...

Como cada día nesta semana especial de entroido, hoxe fomos visitar ó Meco para saber que temos que traer mañá ao cole e resulta que o que nos manda traer é un ANTIFAZ! Así que vémonos mañá na clase cun antifaz nos ollos, chicos! Que ben o imos pasar!! Ademais mañá imos facer ORELLAS!!! Mmmmmm!



HOXE TOCOU... DEPORTE!

Outra das cousas importantísimas para a saúde, ademais da alimentación e a hixiene é o DEPORTE. Por iso, facendo caso ao noso MECO, os peques hoxe viñeron dispostos a facer exercicio! Mirade que deportistas temos na aula de 4 anos!


PERO QUE GUAPOS E GUAPAS...

Ainda que non tiven a sorte de poder velos, a profe Isa sacoulles unhas fotos chulísimas aos pequechos. Aquí vos deixo unha mostra para que vexades o guapísim@s que estaban cos seus babeiros o pasado luns.

lunes, 4 de febrero de 2013

O MECO MANDA PARA MAÑÁ...

 Esta é a orde do Meco para mañá, MARTES. Non esquezades vir coa cinta e os pantalóns curtos! Que frrrrrío imos pasar!!

viernes, 1 de febrero de 2013

TOC, TOC! O MECO CHEGOU AO COLE!

 Como cada Entroido, o Meco asomou pola porta do noso cole para pasar unha semana chea de emocións... Que mandará o Meco traer para mañá? É a pregunta que se fan todos os peques nestas datas. 
Hoxe fomos visitalo e descubrimos que este ano ten un gorro de cociñeiro e unha cesta da compra con alimentos saudables. Seguro que se deu conta que como este ano traballamos a ALIMENTACIÓN E A SAÚDE, quería ir vestido acorde co tema, jej.
Tiña un carteliño co seu mandato para o Luns (xa sabedes o caprichoso que é...):
"COME DE TODO,
LAMBE O PUCHEIRO,
E PARA NON MANCHARTE,
PON UN BABEIRO"

Así que non vos esquezades de vir o luns co BABEIRO posto!


CONTA COMIGO: VISITA DA MAMÁ DE HUGO

O pasado xoves recibimos a CONCHI, a mamá de HUGO, que tivo a amabilidade de vir a contarnos un marabilloso conto: "O GALO TRAGANOCES", que conta a historia dun galo ó que lle gustan tanto as noces e, o larpeiro, comeu tantas, que se lle atascaron na gorxa! Menos mal que a súa amiga, a galiña, non parou ata dar coa solución para axudarlle... Moi bonito! Pasámolo pipa! 
MOITÍSIMAS GRAZAS, CONCHI, POR VIR E PARTICIPAR NO CONTA COMIGO!