miércoles, 26 de marzo de 2014

PEQUECHEFS: CREMA DE CABAZA

Aquí tedes o video cas fotos do 2º taller de cociña "pequechefs", no que cada grupo preparou unha saborosísima CREMA DE CABAZA! No 1º taller fixeron os manteliños individuais ou CARTEL DAS MERENDAS para este curso, así como os gorros de cociñeiros e no 2º xa nos decidimos a cociñar este prato tan outonal. Ollade como disfrutamos!

PEQUECHEFS CREMA CABAZA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 23 de marzo de 2014

TALLER DE MANUALIDADES COS PAPÁS DE ANXO

O pasado mércores, dentro das XORNADAS CULTURAIS do Ceip de Sobrada, a mamá e o papá de ANXO: BELÉN e VICENTE, tiveron a amabilidade de vir a facer un TALLER DE MANUALIDADES con todos os nenos de Infantil! Ó longo de toda a mañá, primeiro cos de 5 anos e despois cos de 3 e 4, estiveron ensinando aos pequechos a facer dúas actividades sensacionais: A confección duns CABALIÑOS e dunhas MARACAS moi orixinais!
 Non me cansarei de AGRADECER a estes papás a súa entrega e dedicación nesta e noutras xornadas! Os nenos e nenas marcharon para casa encantadísimos cos seus impresionantes cabaliños e fermosas maracas! 
MIL GRAZAS POR ESTE FERMOSO AGASALLO, BELÉN E VICENTE!
SODES INCRIBLES! GRAZAS POR TODO!!!

CABALIÑO PAPIS ANXO from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

AUXILIAR DE ENFERMERÍA: MAMÁ DE IRIA

A semana pasada, ANA, a mamá de IRIA, ofreceuse para vir a contarlles aos nenos e nenas da nosa clase o oficio que ela desempeñou durante moito tempo: AUXILIAR DE ENFERMERÍA. Faloulles dos distintos oficios que podemos atopar nun hospital: Dende o administrativo ou recepcionista, pasando polos celadores, enfermeiros, auxiliares de enfermería, médicos...ata os cociñeiros. Moitísimas profesións nun so recinto! E incluso fixemos unha pequena representación de como se actúa cos enfermos desde a súa entrada no hospital ata que lle dan o alta. Pasámolo xenial!!

MOITÍSIMAS GRAZAS, ANA, POR FALARNOS DESTE OFICIO TAN INTERESANTE!

domingo, 16 de marzo de 2014

CELEBRAMOS O CUMPLE DE ALEXIA!

Esta semana festexamos o cumple de ALEXIA, xa que o día 12 de marzo cumpriu 6 anos!! Trouxo caramelos para todos e todas, cantamos, bailamos e o pasamos xenial, coma sempre que temos cumple! Aquí tedes as fotos do evento!
MOITOS PARABÉNS, ALEXIA!!

MENUDA ARTISTA!

Esta semana, GISELA, que asiste a clases de pintura polas tardes, trouxo un fermoso cadro pintado por ela para ensinárnolo. Quedamos abraiados do bonito que era! Como pinta esta nena! Toda unha artista!

jueves, 6 de marzo de 2014

UNHA GRAN SORPRESA DE ENTROIDO!

O mesmo día do festival, de súpeto, mentres estabamos coloreando un antifaz, apareceron 3 mascaritas na nosa aula! Quedamos abraiados coa visita porque non sabiamos de quen se trataba pero debían ser tres persoas moi especiais porque trouxéronos un globo e un paquete de gusanitos para cada un e déronnos una boa sorpresa de entroido! Que sorte tivemos!! Sería algunha mamá da nosa aula?
MIL GRAZAS POLA SORPRESA!!

FESTIVAL DE ENTROIDO EN SOBRADA!

O pasado venres 28 de febreiro celebramos o FESTIVAL DE ENTROIDO no noso cole. Os pequechos de Infantil disfrazámonos de FRIDA KAHLO e SALVADOR DALÍ.
Estivemos traballando na confección dos disfraces durante un mes e as familias aportaron as paletas e pinceis artesanais que levarían os pintores e pintoras no desfile. Foi unha xornada moi especial, que rematou coa degustación no patio cuberto de postres típicos destas datas: orellas e filloas. 
Mirade que desfile de guapos e guapas!

ENTROIDO 5 ANOS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

 FACENDO O NOSO DISFRAZ PARA O FESTIVAL: Estampación de flores con patata e cortiza
FACENDO O DISFRAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

sábado, 1 de marzo de 2014

FIXEMOS ORELLAS!!

O pasado xoves, coincidindo co día en que o Meco ordeara traer un MANDIL, decidimos facer unha receta tradicional de entroido, como levamos facendo ó longo destes 3 anos de convivencia en Infantil. As tradicionais ORELLAS non deixaron indiferentes aos pequechos. Como lles gustou facelas e, sobre todo, degustalas!!

CELEBRAMOS O CUMPLE DE FABIÁN!

O pasado día 20 de febreiro, FABIÁN cumpriu 6 añazos! Tivemos que celebralo esta semana na clase, coincidindo co día en que viñamos disfrazados. Co cal, foi doble festa e os pequech@s disfrutaron un montón! Aquí tedes as fotos do seu aniversario.
PARABÉNS FABIÁN!

NA AULA, CON CADANSEU DISFRAZ...

Así de impresionantes posaron os nen@s da nosa clase, o xoves, cos seus disfraces...

ORDE DO MECO DO XOVES 27:

O mércores fixemos o propio, sacámonos unha fotos ben guapos co noso mandil e fomos visitar o Meco para comprobar con que tiñamos que vir o xoves: Con CALQUERA DISFRAZ!!




ORDE DO MECO DO MÉRCORES 26:

O pasado martes, por suposto, todos os pequechos viñeron coa súa hélice na cabeza! Estaban guapísimos e de novo fomos visitar o Meco para ver que nos mandaba traer para o día seguinte: UN MANDIL DECORADO!