Mostrando entradas con la etiqueta cabaret infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cabaret infantil. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de junio de 2012

ESTILO COUNTRY NO TALLER DE CABARET!

Ainda que xa rematamos os obradoiros por este curso, a verdade é que deron moito de sí. En anteriores videos do taller de cabaret infantil vimos como os pequechos de 3, 4 e 5 anos bailaban ao son da música dos anos 70 e 80. Pois ben, outro estilo que tocamos este ano foi a MÚSICA COUNTRY ou "música dos vaqueiros", como lles gusta dicir aos nen@s. Centrámonos no estudo dun instrumento característico deste estilo: o BANJO.
Aquí tedes unha pequena mostra do que sudamos neste taller! 


COUNTRY por cadernodepequechos

miércoles, 8 de febrero de 2012

MÚSICA DOS 70 NO TALLER DE CABARET!

Aquí tedes a segunda entrega dos videos do taller de CABARET INFANTIL, nesta ocasión adicado á inesquecible música dos anos 70. Artistas como Boney M, o grupo ABBA ou os BEE GEES non podían faltar. Unha mostra máis do efecto que ten a música sobre os pequenos. Bendita música!!!

viernes, 18 de noviembre de 2011

OS MARABILLOSOS ANOS 70!

O segundo taller de cabaret infantil adicámolo á MÚSICA DOS ANOS 70! Aquela música disco de "Fiebre del sábado noche", as cancións de ABBA e Boney M e as bandas sonoras de películas tan coñecidas por nós (os que xa temos unha idade...) como "Grease" ou "Flashdance". Nesta ocasión, achegamos aos nen@s a este marabilloso legado que nos quedou daquela época xa que, por sorte, a boa música nunca pasará de moda!!! 

Estade atentos o segundo video destes bailaríns que temos en infantil. Proximamente en cadernodepequechos. De momento déixovos cunha canción do grupo ABBA que lles encanta:
A bailarrrr!

sábado, 5 de noviembre de 2011

MÚSICA DOS ANOS 80 NO TALLER DE CABARET INFANTIL

Como o prometido é débeda, aquí vos deixo a mostra do ben que baila o alumnado de infantil do noso cole. Este video corresponde ás primeiras sesións do taller de Cabaret Infantil (no que participan todos os alumnos de 3, 4 e 5 anos), esta vez adicado á música POP dos anos 80


Que opinades? Teñen marcha ou non estes rapaces?

sábado, 15 de octubre de 2011

COMEZAMOS COS TALLERES!

Onte comezamos a xornada de talleres en Infantil. Levaranse a cabo todos os venres nas dúas primeiras horas da mañá. É unha actividade moi valorada polos nen@s, onde interactúan cos outros nen@s de infantil (neste caso cos de 4 e 5 anos) para facer simultaneamente actividades diferentes. 
Este ano contamos con catro talleres moi interesantes:

TALLER DE COCIÑA
TALLER DE CABARET INFANTIL
TALLER DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
        TALLER DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE    

Eu imparto o taller de  CABARET INFANTIL, no que estudaremos diferentes estilos de música, tipos de instrumentos musicais e sobre todo no que bailaremos moito, moito, moitísimoooo!!
Ata que todo o alumando de infantil pasa por todos os talleres pasan 4 semanas, despois das cales colgarei videos e fotos de cada sesión.
Este mes adicámolo ao POP e máis concretamente á MÚSICA DOS ANOS 80, a chamada "MOVIDA DOS 80" e non poden faltar artistas como Alaska coa súa "Bola de cristal", Michael Jackson, Tina Turner ou Mecano, entre outros:



Aquí vos deixo a canción que máis lles gustou ao grupo de onte: BLACK OR WHITE de Michael Jackson. Esta claro que aos pequechos vaille o ritmo! Como bailan!

viernes, 5 de agosto de 2011

ESTILOS MUSICAIS DE HOXE E SEMPRE...


TALLER DE CABARET INFANTIL - presentacion imagenes
Este é o traballo realizado polos pequechos durante o curso no taller de cabaret infantil. Estudaron algúns estilos de música diferentes coma o ROCK, o FOLK, o BLUES, os RITMOS LATINOS e a FANFARRIA, chegando a recoñecer os instrumentos característicos e algúns artistas representativos de cada estilo.  A ver que nos depara no vindeiro curso este taller. Seguro que aprendemos moitas cousas máis sobre a música!

jueves, 4 de agosto de 2011

INFANTIL BAILA A FANFARRIA

Unha fanfarria é unha peza musical corta de grande forza, interpretada por varias trompetas e outros instrumentos de vento e metal, moitas veces acompañados por instrumentos de percusión.



Trátase dun estilo musical típico da zona este de Europa: Serbia, Rumanía, Turquía... e no taller de cabaret infantil intentamos achegarnos a este tipo de música. Pasámolo en grande e moitos nen@s coincidiron en que é unha música "para volverse tolos", xa que invita ao movemento e á exaltación. Coñeceron a un grande representante da Fanfarria como é: EMIR KUSTURICA e disfrutaron moito coas súas composicións.

RITMOS LATINOS!

Aquí tedes unha mostra máis do ben que bailan os peques de infantil. Esta vez tocou taller de RITMOS LATINOS. Dende a salsa, a bachata e o merengue, pasando polo son cubano, ata as rancheras mexicanas.
Como se moven estes nen@s!

lunes, 25 de julio de 2011

UN POUCO DE ROCK AND ROLL!

Neste curso que acabamos de rematar contamos cun taller adicado á música en Infantil. No primeiro trimestre aprendimos diferentes estilos musicais coma o rock, o folk e o blues.


O primeiro que traballamos foi o ROCK AND ROLL e todo o que engloba: Instrumentos utilizados no rock, coma a guitarra eléctrica, a batería ou o baixo; algúns artistas representativos coma Elvis Presley, Creedence, Queen, Tequila, Siniestro Total e tamén coñecimos os discos de vinilo e puidemos escoitalos nun tocadiscos. Ficamos abraiados xa que nada teñen que ver cos habituais CDs que escoitamos na casa ou no coche; pero o que máis nos gustou foi cantar e bailar ROCK`N ROLL!!

ROCK AND ROLL from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.