Mostrando entradas con la etiqueta Pequechefs. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pequechefs. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de marzo de 2014

PEQUECHEFS: CREMA DE CABAZA

Aquí tedes o video cas fotos do 2º taller de cociña "pequechefs", no que cada grupo preparou unha saborosísima CREMA DE CABAZA! No 1º taller fixeron os manteliños individuais ou CARTEL DAS MERENDAS para este curso, así como os gorros de cociñeiros e no 2º xa nos decidimos a cociñar este prato tan outonal. Ollade como disfrutamos!

PEQUECHEFS CREMA CABAZA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

martes, 18 de junio de 2013

PEQUECHEFS: MAGDALENAS CON PEPITAS DE CHOCOLATE

Aquí tedes o video do último taller de cociña, no que fixemos MAGDALENAS CON PEPITAS DE CHOCOLATE, como non! Para rematar o curso con bo sabor de boca! A verdade é que os peques disfrutaron moito con esta receita en concreto porque todo o que leve chocolate...
Haberá que esperar ao vindeiro ano a ver que talleres nos esperan... Este taller de pequechefs resultou moi divertido e teño que felicitar dende aquí aos nenos porque, tal e como se demostrou semana a semana, son uns auténticos PEQUECHEFS!
 
MAGDALENAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 9 de junio de 2013

PEQUECHEFS: ENSALADILLA RUSA

O penúltimo prato que fixemos no taller de cociña neste curso foi a ENSALADILLA RUSA, que tanto se agradece nos días de calor! Os nenos e nenas de infantil cortaron en anaquiños cenouras, patacas, pementos, ovos... Botáronlle tamén atún, guisantes e aceitunas e... ata fixeron maionesa!! A verdade é que nos tres grupos as ensaladillas estaban DELICIOSAS!! Non vos esquezades de facer as receitas tamén na vosa casa!
 
ENSALADILLA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

martes, 14 de mayo de 2013

PEQUECHEFS: MACEDONIA DE FROITAS

Outra das receitas elaboradas no TALLER DE COCIÑA INFANTIL foi a MACEDONIA. Xa sabedes o importante que é a froita na nosa dieta. Resulta fundamental para a saúde e, de feito, todas as semanas comemos unha peza de froita á hora da merenda. Pois ben, no taller cortamos en anaquiños varios tipos de froitas (mazá, kiwi, pera, ananás, plátano, uvas, amorodos, melocotón...) e mesturámolos con zume de laranxa e azucre. Así de rica saíunos a nosa macedonia! Seguro que moitos de vos a tedes feito na casa. Está riquísima neste tempo primaveral! 
MACEDONIA from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

domingo, 12 de mayo de 2013

PEQUECHEFS: GALLETAS DE CHOCOLATE

Había moito tempo que non publicaba un video dos pequechefs, así que aquí van as fotos de cando fixeron as galletiñas de chocolate. Aos pequechos de infantil encantoulles amasar e darlles formas variadas cos moldes: de estrela, de anxiño, de corazón... Fixemos galletas de dúas clases, unhas con ovo e cacao e outras con zume de laranxa. Vaia reposteiros! Riquísimas!! 
GALLETAS DE FORMAS from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

martes, 27 de noviembre de 2012

PEQUECHEFS: CHULAS DE CABAZA

Xa sabedes que na 1ª sesión do taller de cociña de educación infantil estivemos facendo o carteliño das merendas que levamos cada día ao colexio e os gorros de cociñeiros. Pois ben, chegou o momento de estrear os gorros na 2ª sesión deste taller cociñando unhas riquísimas CHULAS ou BUÑUELOS DE CABAZA, aproveitando este tempo de outono. Temos que agradecer MOITÍSIMO á mamá de Anxo que nos agasallara con dúas fermosísimas cabazas da súa horta para facelas. Seguro que por iso saíron unhas chulas tan boas! Por iso e pola boa man destes pequechefs!!