lunes, 30 de enero de 2012

FACENDO A NOSA POMBIÑA DA PAZ

Co gallo do Día da PAZ, ó longo da semana pasada os peques estiveron facendo unha pombiña. Traballaron moito: picárona co punzón, recortárona, pegáronlle papeis e pintárona.Velaquí tedes un video que reflexa o seu traballo e o bonitas que quedaron estas pombas da paz!

sábado, 28 de enero de 2012

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

O DÍA ESCOLAR PARA A NON VIOLENCIA E A PAZ, foi declarado por primeira vez no ano 1964. Celébrase sempre o 30 de xaneiro conmemorando así a morte do lider pacifista da India: MAHATMA GANDHI. O obxectivo deste día é a educación na tolerancia, a paz, o respecto aos dereitos humanos, á non violencia e á PAZ.

Ainda que teñamos un día para conmemorar a PAZ, non debemos esquecer que todos os días temos que portarnos ben, ser amigos, axudar aos demais, compartir, colaborar...TODOS OS DÍAS SON DÍAS DE PAZ!!!
 Non deixedes de escoitar a canción deste video. É preciosa!!!


QUE É A PAZ? QUEN CONSTRÚE A PAZ? POR QUÉ É IMPORTANTE VIVIR EN PAZ?
Grazas, Belén, por este recurso!

XOGO UNICEF SOBRE A PAZ
Pica na imaxe para xogar!

 XOGO JUNTA DE CASTILLA Y LEÓN
 Pica na imaxe para xogar!

martes, 24 de enero de 2012

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

O vindeiro luns, día 30 de Xaneiro,  celebraremos o DÍA DA PAZ no colexio. Durante estes días andamos moi atarefados cos preparativos, xa que temos que facer unha pombiña para levala ao patio e cantar unha canción. A canción titúlase: "ME GUSTARÍA ENSEÑAR AL MUNDO A CANTAR" e a deixo aquí para que, ademáis de ensaiar no cole, cantedes un pouquiño na casa, que a temos que saber moi ben!
Así que, dálle ó PLAY!

lunes, 23 de enero de 2012

ANIVERSARIO DE ANTONIO

Hoxe estivemos de festa! Celebramos o aniversario de ANTONIO, que a pasada fin de semana cumpliu nada máis e nada menos que 4 ANOS! Cantámoslle, démoslle catro tiróns de orellas e disfrutamos moito cos caramelos que nos trouxo. Velaquí tedes a proba do ben que o pasamos!
PARABÉNS, ANTONIO!

domingo, 22 de enero de 2012

ARREDOR DO MUNDO: ASIA

A pasada semana, Fabián chegou á clase con información sobre ASIA, o continente máis grande do planeta. Por iso, decidimos comezar a nosa andaina arredor do mundo aprendendo cousiñas da cultura asiática, que semella moi interesante e exótica para nós.
 Nos seguintes videos podedes ver paixases fermosísimas dalgúns países asiáticos. As casas en Asia, os costumes e tradicións, os rasgos físicos...

Como non podemos adicarlle todo o tempo que quixeramos a todos os continentes, centrarémonos en coñecer un pouquiño algúns países de cada un deles. No caso de Asia viaxaremos á China, Xapón e á India.
Estade moi atentos ás nosas investigacións!

POR FÍN COÑECEMOS A CARLA!

Esta semana, Silvia ensinou á súa irmanciña CARLA aos seus compañeiros. Estabamos impacientes por coñecela e os papás de Silvia enviaron unhas fotos da pequena. Naceu o día 22 de decembro e Silvia e Tania (que é a súa prima) contáronnos que é moi boa e chora pouquiño. É preciosísima e xa estamos desexando que a traian á clase para darlle mimiños.


NORABOA PARA TODA A FAMILIA!

martes, 17 de enero de 2012

NON IMPORTA A COR, O IDIOMA, A RAZA, OU A RELIXIÓN...

HISTORIA DOS CONTINENTES...


Ainda é un pouco cedo, pero deixo aquí este xogo para cando os peques sexan capaces de diferenciar os continentes. Podedes ir probando para aprender os seus nomes. É moi divertido! Premede na seguinte imaxe para acceder ao xogo.

viernes, 13 de enero de 2012

COMEZANDO A NOSA VIAXE ARREDOR DO MUNDO

Ola de novo!
Gif Planeta tierra
Onte, lembrando os estupendos traballos que fixeron os peques coas súas familias para a exposición de inverno baixo o lema: "UN MUNDO MELLOR" e, aproveitando que na clase temos un globo terráqueo, estivemos falando do noso PLANETA. A intención era coñecer un pouquiño cales eran as ideas previas dos nen@s sobre o MUNDO e acerca dos distintos tipos de persoas con formas de vida e costumes diferentes que habitan nel.
Non todos os nen@s se pronunciaron, pero os que o fixeron aportaron cousas moi interesantes, que axudarán a saber de onde partir nas súas aprendizaxes sobre as distintas culturas que hai no mundo. Estas foron algunhas das cousas que dixeron :
- O PLANETA É REDONDO (Iria)
- NEL VIVE MOITA XENTE (Gael)
- NÓS VIVIMOS NUN SITIO QUE SE CHAMA GALICIA (Anxo)
- GALICIA É MOI GRANDE (Desirée)
- GALICIA É MOI PEQUENA (Álex C.)
- SABEMOS ONDE ESTÁ GALICIA PORQUE TEN UNHA PEGATINA (Fabián)
- O PLANETA TEN LAGOS (Iria)
- O PLANETA TEN PEIXES (Tania)
- NO PLANETA VIVEN MÁIS PERSOAS (Antonio)
- NO PLANETA HAI CHINITOS (Anxo)
- OS CHINITOS TEÑEN OS OLLOS ESTIRADOS (Óscar)
- OS CHINITOS SON NEGROS (Fabián)
- OS CHINITOS SON ROSAS (Anxo, Álex C.)
- OS PEIXES ESTÁN NA AUGA DO MUNDO (Álex I.)
- O MUNDO TEN CEO (Iria)
- O MUNDO ESTÁ CONTENTO (Anxo)
- HAI POBRES QUE TEÑEN GANAS DE COMER E VIVEN EN GALICIA E ESPAÑA (Fabián)
- HAI OUTROS NENOS POBRES QUE NON TEÑEN REGALOS (Álex I.)

Partindo de todas as frases que aportaron, pregunteilles que cousas lles gustaría aprender sobre as distintas culturas que hai no mundo e estas son as cuestións que se plantean os nen@s para comezar a investigar:

Como se vive noutros países?
 Que comen os nenos que viven noutros países?
 Como se visten?
 Onde e como durmen?
Como son os seus zapatos?
 Todos van en coche?
 Como fan as letras?
 Como falan? Entendemos o seu xeito de falar?

jueves, 12 de enero de 2012

FALAMOS POR EMAIL COA PROFE ANTÍA!

O luns pasado, como botamos tanto de menos á profe Antía, decidimos enviarlle unha carta por correo electrónico para ver si nos contestaba pronto e, de paso, aprendimos o que é un "EMAIL" e para que serve. Na aula de 3 anos non temos a sorte de ter internet, pero desplazámonos á biblioteca do cole grande e dende alí os peques lle escribiron. Ó día seguinte xa tiñamos noticias súas! Que ilusión! Contounos que lle trouxera o papá Noel e como pasou as datas de nadal. Puxémonos moi contentos!

miércoles, 11 de enero de 2012

CONCURSO DE CLIPMETRAXES

Manos Unidas convoca a 3ª edición do CONCURSO DE CLIPMETRAXES "Tu punto de vista puede cambiar el mundo", baixo o lema: "ÁFRICA: DERECHO A TENER DERECHOS"
Pode participar toda aquela persoa á que lle guste o cine, lle preocupen as desigualdades, a pobreza e se interese polo continente africano.
Trátase dunha actividade de Educación para o Desenrolo de Manos Unidas que consiste en realizar clipmetraxes (vídeos de un minuto de duración) sobre desenrolo, pobreza e as desiguais relacións Norte-Sur.
Este ano céntrase en ÁFRICA, un continente que pese á súa enorme riqueza e o seu potencial, copa os derradeiros postos do índice de desenrolo humano e a esperanza de vida dos seus habitantes diminúe cada día. Podedes consultar as bases do concurso premendo na seguinte imaxe e tamén na que está na parte esquerda do blog.

A nós, na aula de 3 anos, gustaríanos probar a facer unha clipmetraxe, xa que neste segundo trimestre, tendo en conta que este ano traballamos como eixo transversal a educación para a paz, imos comezar coa MULTICULTURALIDADE, o achegamento ás moitas e diferentes culturas que hai no mundo, centrándonos máis adiante no continente africano e máis concretamente nun determinado país, do que agardamos aprender moitas cousas.
Xa vos seguiremos contando!

martes, 10 de enero de 2012

ANIVERSARIO DE DESIRÉE

Agora que xa voltamos ó cole despois das vacacións de nadal, seguimos con festexos, xa que hoxe celebramos o aniversario de DESIRÉE, que o pasado 7 de xaneiro cumpliu 4 aniños!
Pasámolo moi ben cantándolle o "Cumpleaños Felíz". Decorou a súa coroa e así de guapa saiu nas fotos que podedes ver a continuación.
Ela agasallounos a todos e todas cunha chea de caramelos!
Mirade que ben o pasamos!
CUMPLEAÑOS FELÍZ (PARCHÍS):

miércoles, 4 de enero de 2012

FOTO COS REIS MAGOS!

Unha vez máis, a compañeira Belén Junquera (casadetol@s) apórtanos este recurso tan chulo que nos permite sacarnos unha foto cos auténticos Reis Magos! Só tes que dicir como és, que cousas che gustan e onde queres facer esta foto tan especial. Anímate a facela porque, ademais, podes imprimila.

Fai clic na foto que fixen eu e encarga a túa!

CARTA PARA OS REIS MAGOS!

Como sabedes, están a piques de chegar de Oriente os REIS MAGOS! Neste divertido xogo, deberedes axudarlles a recoller regalos e poderedes escribirlles unha carta coa vosa foto e imprimila. 
A que agardades para xogar?

Picade na imaxe!
LIBRO LIM SOBRE O NADAL:
Aquí vos deixo esta fantástica actividade Lim de Ana Martínez Rey. Picando na imaxe poderedes facer múltiples actividades relacionadas co Nadal!

 

martes, 3 de enero de 2012

O CORPO E AS NORMAS DO COLE

Este é un dos traballos que fixemos ó longo do primeiro trimestre. Consistiu en coñecer un pouquiño como é o noso corpo e as súas partes, como vai mudando co paso do tempo e, xa que acabamos de empezar a nosa andaina na escola, cales son as normas que temos que ter presentes nela.

FELÍZ 2012, PEQUECHOS!


Visita MyCoolEspacio.com