lunes, 24 de febrero de 2014

ORDE DO MECO PARA MAÑÁ, MARTES 25:

Hoxe fomos de novo a visitar ao Meco e parece que a orde para mañá é traer UNHA HÉLICE NA CABEZA! Que cousas se lle ocorren a este Meco... Cada día máis orixinal! Vémonos mañá cunha hélice entón!


CHEGOU O MECO A SOBRADA!

Un ano máis, chegou o/a noso/a MECO/A, que este ano é metade home e metade muller. Está guapísimo/a e encántanos ir a visitalo todos os días desta semana para ver que nos ordena traer ao cole para o día seguinte. O venres apareceu cun cartel pedíndo que hoxe, luns, trouxéramos UN PAR DE BIGOTES NOS MORROS! E, así o fixemos. Aquí tedes as fotos dos pequechos! Pero que guapos...
 

domingo, 16 de febrero de 2014

CUMPLEAÑOS DE IRIA!

O pasado día 7 de febreiro foi o ANIVERSARIO DE IRIA! Celebrámolo con moitas risas, cancións  e baile e a verdade é que o pasamos en grande! Aquí tedes as fotos do día da celebración!
PARABÉNS IRIA!

miércoles, 5 de febrero de 2014

A CARA COAS LETRAS DO NOSO NOME!

Onte fixemos unha actividade moi divertida para os peques! Tiñan que debuxar nun folio a súa cara pero utilizando as letras do seu nome. Tiñan que facer o pelo cunha letra, a cara con outra letra, a boca, o naris, os ollos... Ata que lles quedou o seu autorretrato feito utilizando todas as letras do seu nome. Cando remataron, repartinlles os debuxos a nenos/as diferentes, aleatoriamente e tiñan que adiviñar a qué compañeiro correspondía cada cara. Pasámolo xenial! Mirade que debuxos máis chulos fixeron:

domingo, 2 de febrero de 2014

NOVO PROXECTO: OS OFICIOS

Neste segundo trimestre, adentrámonos no mundo das PROFESIÓNS. Os pequechos e as súas familias están aportando moita información, sobre todo con respecto aos oficios que estan a desempeñar os seus pais e nais, os que desempeñaron no seu día os seus avós/avoas... Falamos da igualdade nas profesións e atopamos moitos recursos na rede que nos poden axudar a investigar. Aquí deixo algúns deles:

ADIVINA DE QUÉ OFICIO SE TRATA: A LOS OFICIOS VAMOS A JUGAR: CUANDO SEA GRANDE... IMAXES DE OFICIOS QUE NON SON TAN HABITUAIS HOXE EN DÍA:

AS PROFESIÓNS: XOGO ON LINE (fai clic na imaxe)
http://www.gobiernodecanarias.org/educacion/4/Medusa/GCMWEB/Docsup/Recursos/42810459F/jugando_palabras.zip_desc/jugando_palabras/profesiones/jugandoconpalabras.html

CELEBRAMOS O CUMPLE DE TANIA!

O pasado xoves, coincidindo co DÍA DA PAZ, 30 de xaneiro, foi o ANIVERSARIO DE TANIA! O xoves repartiu os caramelos e o venres celebrámolo todos xuntos na aula, cantando, bailando e co tirón de orellas tradicional!
 MOITÍSIMOS PARABÉNS, TANIA!  XA TES 6 AÑAZOS!