
Comezamos o 2º trimestre cun proxecto de investigación moi interesante e sobre todo importante na educación dos nenos/as:
A ALIMENTACIÓN. Coñeceremos os diferentes tipos de alimentos que existen , a súa orixe: animal ou vexetal, a pirámide dos alimentos, comidas ó longo do día, alimentos que precisan frigo, como podemos conservar en bo estado os alimentos, etc.
Para poder dar resposta a estas cuestións e a moitas outras, reflexionaremos, navegaremos pola rede e, por suposto, utilizaremos todas as achegas que, dende as vosas casas, poidades ofrecernos sobre o tema: contos, libros de consulta, videos, fotografías, recetarios... (e as aportacións dos blogs colaboradores tamén serán moi ben recibidas).
Unha vez que traballemos un pouquiño a alimentación de xeito xeral, centrarémonos no etudio dun cereal moi importante: O MILLO. Xa vos seguiremos contando!