domingo, 27 de abril de 2014

IRENE VEU DE VISITA!

Este venres pasado recibimos unha sorpresa impresionante! IRENE, a que fora a nosa compañeira nos dous cursos anteriores veu a visitarnos!! Canto a botamos de menos!! Trouxo caramelos para agasallar aos pequechos e, como non, recibímola cunha gran festa!!! Está moi maior, como todos eles... Pasámolo xenial e esperamos que ela tamén estivera a gusto!! 
VOLVE CANDO QUEIRAS, IRENE! 
ENCÁNTANOS TERTE EN SOBRADA!

miércoles, 23 de abril de 2014

FELIZ DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Hoxe conmemoramos o DÍA DO LIBRO e, como non podía ser de outra maneira, no cole quixemos celebralo dun xeito especial. Na HORA DE LER, algunhas nenas de 5º de primaria contáronnos un conto dun xeito moi orixinal; no kamishibai: unha forma de contar historias ao estilo xaponés, cunha especie de teatrillo no que mostraron ilustracións do conto: "CASOS Y COSAS DE GUSANO Y MARIPOSA" feitas polos alumnos/as. Ata nos ensinaron uns casulos de gusanos de seda!! Gustounos moito e, para rematar, fixemos dous marcapáxinas máxicos para levar a casa! Foi un día sensacional!

lunes, 21 de abril de 2014

CELEBRAMOS O CUMPLE DE ARÓN!

O pasado día 12 de abril foi o ANIVERSARIO DE ARÓN, que xa cumpliu 6 anos! Nós celebrámolo na aula o día 11, previo ás vacacións de Semana Santa, e pasámolo moi requeteben! Cantámoslle o cumpleaños felíz, tirámoslle das orellas e él repartiu caramelos para todos! Aquí tedes as fotos da súa celebración.

jueves, 3 de abril de 2014

DÍA DA PAZ EN SOBRADA!

Nas Xornadas Culturais, aproveitamos para celebrar, por fin, o DÍA DA PAZ, que quedara aprazado desde o mes de xaneiro por mor da climatoloxía. En todas as aulas do cole preparáronse varias cousas para o festexo: cuns cartóns de leite baleiros fixemos uns ladrillos para construir un muro cheiño de palabras feas, contrarias á paz, para despois derrubar. Por outra banda, coas siluetas dos nosos pes fixemos unhas pegadas con palabras bonitas alusivas á paz para formar o "CAMIÑO DA PAZ", que nos levaría á ÁRBORE DA PAZ, onde colocamos unhas fermosas guirnaldas cheas de pombiñas brancas. Os nenos de primaria, ademais, leron  biografías de personalidades que loitaron por ter un mundo en paz e para rematar, todos cantamos unha canción.
 
DÍA DA PAZ from CADERNO DE PEQUECHOS on Vimeo.

miércoles, 2 de abril de 2014

CELEBRAMOS OS CUMPLES DE ANXO E DE ÁLEX I.!

Esta semana tivemos unha gran festa de aniversario! Cumpliron 6 añazos ANXO (día 30 de marzo) e ÁLEX I (día 31 de marzo). Por suposto celebrámolo como é debido: tiróns de orellas, cancións, baile, caramelos e todo por partida doble! Pasámolo pero que moi ben! 
MOITOS PARABÉNS PARA OS CUMPLEAÑEROS!!!

NAS XORNADAS CULTURAIS... SUSA HERRERA!

Na semana das XORNADAS CULTURAIS do Ceip de Sobrada, recibimos á "cantacontos" SUSA HERRERA, que viu a presentar o seu último traballo: "CANTOS ANIMAIS". Pasámolo pipa cantando e facendo xestos con ela! So tedes que ollar as fotos!

GRAZAS POLA TÚA VISITA, SUSA!