sábado, 31 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE ANXO E ÁLEX I.

Onte cumpliu 4 anos ANXO e hoxe os cumple ALEJANDRO, así que, o venres, fixemos unha gran festa para celebralo. Cantamos moitas cancións de cumpleanos e, por suposto, houbo o tirón de orellas tradicional. Trouxeron caramelos e agasallos para todos e, ademais, a mamá de Anxo fixo unhas "nubes" riquísimas que nos encantaron a tod@s. Mirade que ben o pasamos!

domingo, 25 de marzo de 2012

CONFERENCIA DE SUSI SOBRE AUSTRALIA

Como xa vos comentara, o venres recibimos a visita de SUSI, a mamá de Gael, da nosa clase, e de Jorge, de 5 anos. Veu a falarnos do último continente que nos quedaba por estudar: OCEANÍA, e máis concretamente de AUSTRALIA, un país que ten fermosas lembranzas para ela xa que, hai anos, viaxou ata alí e percorreu, en tándem nada menos, a zona menos poblada do país. Imaxinádevos cantas cousas tiña que contarnos e como disfrutamos escoitándoa!
Susi preparou, ademais, un fantástico power point con fotos da súa estancia en Australia e falounos de moitas curiosidades do país, da súa fauna e flora, do deserto, dos primeiros poboadores: os aborígenes...e moitísimas cousas máis tan interesantes coma estas.
Aquí tedes o traballo que fixo Susi, así como dous videos de como resultou a súa conferencia. Agradecerlle por suposto, unha vez máis a súa visita. Gustounos moitísimo!!!
É unha marabilla poder contar con papás e mamás que se implican tanto na escola e nos axudan a aprender!!
GRACIÑAS, SUSI, DE CORAZÓN!

MOFLI: UN KOALA MOI ESPECIAL

Agora que estamos coñecendo un pouquiño AUSTRALIA, e sabendo que un dos animais característicos de Oceanía é o KOALA, non puiden evitar lembrarme de MOFLI, uns debuxos animados sobre as peripecias dun koala que botaban na televisión cando eu era pequena. Están ambientados precisamente en Australia, ainda que nos capítulos fálase tamén doutras partes do mundo, como Venecia (Italia), París (Francia) e ata China!
Se vos gustan, podedes atopalos na rede. De momento, déixovos co primeiro capítulo.

miércoles, 21 de marzo de 2012

ALEXIA ENSÍNANOS O COLISEO ROMANO

A semana pasada, Alexia trouxo moito material relacionado con Roma. Os seus pais visitaron esta fermosa cidade europea hai algúns anos e mandaron pola nena unha reprodución en miniatura do coliseo romano que, como xa aprendimos, era o lugar onde se facían os espectáculos na antigua Roma: pelexas de gladiadores, recreaciones de batallas e obras de teatro da mitoloxía clásica.
Tamén nos ensinou moitas postais de Roma; aprendimos a localizala no mapa. Falamos de Italia, da forma de "bota" que ten o relieve do país e dun prato típico de Italia: a PIZZA, que tanto nos gusta comer!
 

GRACIÑAS, FAMILIAS, POR COLABORAR E ENVIARNOS MATERIAIS!

domingo, 18 de marzo de 2012

E CHEGAMOS A... OCEANÍA

A piques de rematar o 2º trimestre, achegámonos ao continente que nos queda por visitar: OCEANÍA.
Oceanía é o continente máis pequeno do planeta e consta dun conxunto de terras situadas no océano Pacífico. Nós imos centrar as nosas investigacións en AUSTRALIA, ainda que ten outros fermosos lugares que visitar coma Nueva Zelanda ou Nueva Guinea.
Para achegarnos a este marabilloso país esperamos o vindeiro venres a visita de SUSI, a mamá de Gael, que percorreu Australia hai anos e virá a contarnos a súa experiencia. Estamos ansiosos de escoitala pero de momento podemos empezar a coñecer un pouquiño este país a través destes videos:

viernes, 16 de marzo de 2012

VISITA DA MAMÁ DE ANTONIO

Onte veu DELY, a mamá de Antonio, para falarnos de PARÍS. Ela e a súa familia son de Francia e como durante esta semana estivemos falando do continente europeo, que mellor ocasión que aproveitar que contamos na aula cunha familia francesa. Dely contounos moitas cousas de París: falounos da Torre Eiffel, do río Sena, das pontes que cruzan o río, dos barcos turísticos ("BATEAUX") como medio para percorrer a cidade, da catedral de Notre Damme e de...EURODISNEY! Síí! En París podemos atopar a Mickey, Pluto, Goofy e todos os nosos amigos dos debuxos animados de Disney! Ensinounos moitas fotos e ata trouxo un prato típico de Francia: a QUICHE LORRAINE! Mmmmmm! 
Quero agradecer dende aquí a súa visita, porque cando máis motivados están os peques e cando máis disfrutan é con estas actividades nas que participa a familia. 
MIL GRAZAS, DELY!

lunes, 12 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE ALEXIA

Hoxe, 12 de Marzo, celebramos o aniversario de ALEXIA, que cumpliu 4 anos! Disfrutamos moito deste día de festa con ela, que nos trouxo caramelos e gusanitos para tod@s. Coma sempre, cantamos, bailamos, tirámoslle das orellas...e aquí tedes a proba do ben que o pasamos!

domingo, 11 de marzo de 2012

VINDEIRO DESTINO: EUROPA

Despois de ter visitados catro continentes (Asia, Antártida, América e África) achegámonos ao continente onde vivimos nós: EUROPA. Aquí visitaremos cidades tan importantes como Londres (Inglaterra), París (Francia) ou Roma (Italia) sin esquecer a nosa comunidade autónoma: GALICIA (España).
Aquí vos deixo un video con imaxes dalgunhas destas cidades europeas tan importantes e varios videos do noso amigo CANTINFLAS visitando os monumentos máis famosos destas cidades: O BIG BEN de Londres, a TORRE EIFFEL de París e O COLISEO de Roma:



CANTINFLAS VISITA LA TORRE DE LONDRES
CANTINFLAS VISITA LA TORRE EIFFEL

CANTINFLAS VISITA EL COLISEO ROMANO

CANCIÓN DOS PAÍSES DO MUNDO

Para lembrar os países que temos aprendido e ubicar outros países do mundo, non deixedes de escoitar esta canción de Yakko Warner!

Agora a mesma canción, pero coas bandeiras de cada país!

jueves, 8 de marzo de 2012

TRIBU AFRICANA: OS KIKUYU

Xa sabedes que esta semana estivemos de safari por África. Pois ben, viaxamos ata KENIA e alí coñecimos o segundo monte máis alto de África despois do Kilimanhjaro: o MONTE KENIA. Na cima deste monte vive a tribu máis numerosa de Kenia: OS KIKUYU, veciños do poboado MAASÁI.
Os kikuyu son de raza negra; gústalles pórse guapos con plumas de cores, colares, pendentes e levar a cara pintada. Teñen rabaños de ovellas, cultivan té e café e viven nunhas casas moi curiosas feitas de palla e barro.
Aquí vos deixo un video desta tribu para que vos fagades unha idea de como son:

Despois de estudalos un pouquiño, os peques quixeron pórse na súa pel e disfrazarse de kikuyu. Que guapos estaban!

miércoles, 7 de marzo de 2012

lunes, 5 de marzo de 2012

A NOSA VIAXE CONTINÚA: ÁFRICA

"Yo tenía una granja en África, al pie de las colinas Ngong..."
Con esta frase comeza unha das miñas películas favoritas: "Memorias de África" e, agora que imos coñecer un pouquiño este marabilloso continente, non podía deixar pasar a ocasión de nombrala, xa que a min, que ainda non tiven a sorte de viaxar ata alí, transpórtame á súa maxia, ás cores ocres das súas paisaxes, aos traxes multicolores das súas xentes, ás súas tribus, ás súas razas...
África é un continente moi grande, que abarca diversidad de culturas e ten desertos e sabanas con montañas moi altas coma o KILIMANHJARO, que sempre está cuberto de neve. Ademais, en África atopamos moitísimos animais salvaxes. Imos ver un video con algúns deles:

Ten moitos países pero nós ímonos centrar en KENIA e coñecer algunha tribu característica deste país.
Queredes ir de Safari con nós? Apuntádevos!! 

domingo, 4 de marzo de 2012

DISFRUTAMOS NOS COLUMPIOS!

O pasado venres, aproveitando que facía bo día e que temos un parque con columpios pretiño da nosa aula, decidimos ir un rato a pasalo ben. Velaquí tedes as fotos dos peques xogando nos columpios. Que ben o pasamos!! Cando repetimos?

ALGO MÁIS SOBRE ARXENTINA

Aquí vos deixo algúns videos interesantes sobre este marabilloso país de sudamérica e os seus costumes:




Tal e como nos contou Paula na súa charla sobre Arxentina, MAFALDA é un debuxo animado dun debuxante e humorista arxentino chamado Quino. Aquí tedes un dos chistes de Mafalda:

jueves, 1 de marzo de 2012

VEU CARLA A VISITARNOS!

Sííí! Que ilusión coñecer en persoa a CARLA, por fin! Despois de tanto tempo falando dela, de como sería cando saíse da barriguiña da súa mamá e con dous mesiños de vida, tivémola na clase e estabamos encantados con ela! Collímola no colo e démoslle moitos bicos. É guapísima!! Moitísimas GRAZAS á súa mami: ANA, por traela e deixar que disfrutáramos dela.


CULTURA AMERICANA: VIAXAMOS A ARXENTINA!

O luns pasado tivemos dúas visitas na nosa aula. Viñeron PAULA, unha amiga da profe, e ANA Mª, a mamá de Iria. Ambas son de Arxentina e, coñecendo tan ben como coñecen a cultura do seu país e como nós estamos estudando o continente americano, ofrecéronse a vir a explicarnos cousiñas de Arxentina.
Paula falounos do tempo atmosférico que teñen alí nestes intres, xa que mentres nos estamos en inverno, alí é verán e vai moito calor. Tamén ensinounos un mapa da Arxentina e falounos da figura do GAUCHO, un campesiño que se encarga das vacas e dos cabalos; da indumentaria que levan.. Explicounos cal é a comida e os doces típicos; o baile: tango e chamamé; a cidade de Buenos Aires e moitas cousas máis!
Para apoiar as súas explicacións utilizou as seguintes imaxes.



Despois viu a mamá de Iria, ANA, e preparounos MATE!, unha infusión feita con herba mate, típica da Arxentina e máis países de sudamérica. Prepárase nun recipiente feito de calacús, cou auga quente ou leite e azucre. Despois bébese cun sorbete chamado "bombilla". Gustounos moitísimo!!
MOITÍSIMAS GRAZAS, PAULA E ANA, POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS DE ARXENTINA E DA CULTURA DO MATE E COLABORAR NESTE PROXECTO!